As plantas son seres vivos
Sitio: | Aula virtual do CEIP Vistahermosa de Ourense |
Curso: | Ciencias 4 |
Libro: | As plantas son seres vivos |
Impreso por: | Usuario convidado |
Data: | luns, 25 de novembro de 2024, 9:23 AM |
1. As funcións vitais das plantas
As Plantas son seres vivos porque realizan as tres funcións vitais:
-Nutrición
-Relación
-Reprodución
2. Función de Nutrición
As plantas fabrican o seu propio alimento mediante un proceso chamado Fotosíntese
1. Na raíz
Absórbese a auga e os sales minerais que soben polo talo a modo de zume, denominado ZUME BRUTO
O zume bruto, ascende ata as follas polos vasos leñosos.
2. Nas follas:
-O zume bruto chega ata as follas.
-Absórbese dióxido de carbono do aire.
3. Realización da fotosíntese:
Co dióxido de carbono, o zume bruto e a luz do sol, forman o ZUME ELABORADO que é o alimento da planta. Durante este proceso, despréndese osíxeno.
4. Polo talo o alimento chega a toda a planta polos vasos liberianos.
A fotosíntese é o proceso mediante o cal a planta elabora o seu alimento utilizando substancias que toman da terra, do aire (CO2) e a enerxía que obteñen da luz do sol.
As plantas tamén respiran
Todos os seres vivos respiran, toman osíxeno do aire e expulsan dióxido de carbono.
3. Función de Relación
As plantas tamén reaccionan ante os estímulos do ambiente, como a luz, a temperatura, a humidade... Aínda que non se poden desprazar adáptanse aos cambios.
Reaccionan ante a luz
- Os xirasoles, oriéntanse cara a luz.
- Hai flores que se abren ou se pechan ao amencer ou ao anoitecer.
- As plantas medran cara a luz.
Reaccionan ante o contacto
- As plantas carnívoras, péchanse cando un insecto se pousa sobre elas.
Reaccionan ante a humidade
- As raíces medran cara onde hai auga.
Reaccionan ante as estacións
- Florecen na primavera, porque é cando hai máis insectos que facilitan a polinización.
- Cáenlle as follas no outono que é cando hai menos horas de luz, é como se hibernaran
4. Función de Reprodución
Nas plantas atopámonos con dous tipos de reprodución:
- Reprodución Asexual, na que intervén un só proxenitor e dá como resultados individuos iguais, como as fresas, as patacas, un xeranio...
- Reprodución Sexual, nas que interveñen dous órganos reprodutores. Os fillos non son idénticos pero teñen características similares aos proxenitores.
Reprodución das plantas con flores é sexual porque interveñen os dous órganos: o pistilo (feminino) e os estame (masculino)
- Cando chega a primavera, despréndese o pole dos estames.
- POLINIZACIÓN - O pole chega ao pistilo doutra flor, grazas ao vento ou aos insectos.
- FECUNDACIÓN - O pole únese co óvulo e transfórmase nunha semente.
- Se a semente atopa as condicións de humidade e temperatura axeitadas xerminará unha nova planta.