A materia e os materiais
Sitio: | Aula virtual do CEIP Vistahermosa de Ourense |
Curso: | Ciencias 4 |
Libro: | A materia e os materiais |
Impreso por: | Usuario convidado |
Data: | luns, 25 de novembro de 2024, 9:19 AM |
Descrición
O Universo está repleto de obxectos. Algúns enormes como os planetas, outros minúsculos como o po. Incluso hai substancias que non podemos ver como o aire.
Pero, sabes que teñen en común todas estas cousas? Están formadas por materia. Os seres vivos tamén somos materia.
Imos coñecer as súas características máis importantes e isto permitiranos construír obxectos útiles.
1. Que é a materia
Materia é todo o que forma o universo.
Todos os obxectos teñen dúas propiedades xerais:
- A masa. É a cantidade de materia que ten un corpo. Mídese en gramos, quilogramos... coa balanza.
- O volume. É o espazo que ocupa a materia que ten un corpo. Mídese en litros cun vaso graduado ou probeta.
2. Propiedades características da materia
Cada material ten unhas propiedades que fan que sexa axeitado para uns usos determinados.
Olor
O olor é unha propiedade dos materiais que se aprecia co sentido do olfacto. Algunhas substancias, como a auga, son inodoras (non teñen olor).
Estado
Os materiais poden presentarse en estado sólido, como a madeira; líquido, como o leite, e gasoso, coma o aire.
Na natureza, a auga pode estar en estado sólido (xeo), líquido (auga líquida) e gasoso (vapor de auga)
Cor
Cada material ten unha cor característica. A arxila é marrón, o carbón é negro, o algodón é branco, o ouro é amarelo, etc.
Textura
A textura dun material é unha propiedade que se aprecia co sentido do tacto. O vidro é liso, o granito é rugoso, a seda é suave, etc.
Fraxilidade
Un material é fráxil se rompe con facilidade ao golpealo. A cerámica é un material moi fráxil.
Elasticidade
Os materiais elásticos pódense deformar, pero logo recuperan a súa forma anterior. Estes materiais empréganse para fabricar, por exemplo, camas elásticas.
Dureza
Indica a resistencia que ofrece a materia a ser raiada, o talco ten pouca dureza porque se raia coa unlla e o diamentae é o mineral máis duro, só se pode raiar con outro diamante.
Resistencia
A resistencia dun material indica a capacidade que ten para soportar un peso sen romper. O aceiro e o formigón son materiais moi resistentes.
Magnetismo
Os materiais con propiedades magnéticas, chamados imáns, atraen obxectos de ferro ou aceiro, como cravo ou clips. A magnetita é unha rocha que presenta magnetismo natural.
Condutividade e illamento térmicos
Un material é bo condutor térmico se deixa pasar a calor, coma o ferro, o aceiro e o cobre. Un material é illante térmico se non deixa pasar a calor, como a madeira, a cortiza e o plástico.
3. Os materiais
Os materiais
As propiedades características fan que cada tipo de materia se poida usar con fins diferentes. Cando empregamos un tipo de materia para fabricar algún obxecto chamáselle material.
Poden ser:
-
Materiais naturais. Son os materiais que se atopan directamente na natureza.
Son materiais naturais a la, a madeira, as rochas, etc.
-
Materiais artificiais. Son aqueles materiais fabricados polo ser humano a partir dos materiais naturais.