As plantas son seres vivos

3. Función de Relación

As plantas tamén reaccionan ante os estímulos do ambiente, como a luz, a temperatura, a humidade... Aínda que non se poden desprazar adáptanse aos cambios. 

Reaccionan ante a luz

  • Os xirasoles, oriéntanse cara a luz.

  • Hai flores que se abren ou se pechan ao amencer ou ao anoitecer.

  • As plantas medran cara a luz.

Reaccionan ante o contacto

  • As plantas carnívoras, péchanse cando un insecto se pousa sobre elas.

Reaccionan ante a humidade

  • As raíces medran cara onde hai auga.

Reaccionan ante as estacións

  • Florecen na primavera, porque é cando  hai máis insectos que facilitan a polinización.
  • Cáenlle as follas no outono que é cando hai menos horas de luz, é como se hibernaran