A materia e os materiais

1. Que é a materia

Materia é todo o que forma o universo.

Todos os obxectos teñen dúas propiedades xerais:

  • masa. É a cantidade de materia que ten un corpo. Mídese en gramos, quilogramos... coa balanza. 

  • volume. É o espazo que ocupa a materia que ten un corpo. Mídese en litros cun vaso graduado ou probeta.