Ciencias 4
Esquema de temas
-
Comezamos a primeira unidade de Ciencias Naturais na cual repasaremos as funcións vitais e os principais órganos que interveñen en cada unha.
Prestaremos especial atención aos órganos dos sentidos: como percibimos as sensacións e o seu cuidado. Podes ver os seguintes vídeos para afianzar as explicacións da clase
-
-
Realiza estes debuxos no teu caderno e complétaos coa información correspondente
-
-
A enerxía é esencial para a vida porque é a causa de que ocorran todos os cambios que se producen ao noso redor.
Enerxía é todo o que produce cambios na materia
Tras ver o vídeo, comentamos o contido, revisamos os aspectos principais e preparedes un mural por grupos que deberedes expoñer ao resto da clase. O mural deberá contestar ás seguintes preguntas:
- O concepto de enerxía. Que é a enerxía?
- Propiedades da enerxía.
- Cales son as diferentes formas nas que se manifesta a enerxía?
- De onde obtemos a enerxía? Fontes de enerxía renovables e non renovables
- Vantaxes e desvantaxes dos distintos tipos de enerxía.
- Propor estratexias para reducir o noso consumo doméstico de enerxía.
-