Esquema de temas

  • Este tema

    Quiz Ecosostible

    escornabotsNo momento de comezar esta situación de emerxencia estabamos traballando neste taboleiro con escornabots:

      TEMOS UN COMPORTAMENTO ECOSOSTIBLE?

    Imos a rematar esta actividade escornabótica. Non podemos xogar cos robots, pero si que poderíamos xogar con dados e fichas como o Trivial por exemplo.

    O QUE XA FIXEMOS:

    1º Os debuxos de  situacións que respectan o medio ambiente e situacións negativas para o planeta

    2º Montamos o taboleiro que quedou así: QUIZ ECOSOSTIBLE

    taboleiro ecosostible

    O QUE FALTA POR FACER

    3º Estabamos coa última actividade que era escribir as instrucións do xogo. O robot percorrerá o taboleiro e  os xogadores deben responder diferentes preguntas relacionadas co medio ambiente. Se se responden ben, o escornabot avanza. Agora só temos que elixir as preguntas para cada cela.

    TAREFA:

    - Escribe un folleto de instrucións do Xogo Quiz Ecosostible:

    Nº de xogadores? ...     (individual ou en equipos)   

    Que se necesita: .....    un cubilete, dado, escornabot, taboleiro, instrucións...

    Cando comeza o xogo: ................... o que saque o nº + grande, + pequeno, un 6 cun dado, o que conteste unha pregunta máis rápido...

    Preguntas ou Quizs para cada cela. Este sería un exemplo, segue ti coas outras imaxes do xogo.

    Celas - inserir imaxes  Preguntas- tipo Posibles respostas   Accións
       2  

     Como actuarías se ves un incendio?

    Que medidas se deben tomar para evitar incendios? 

    Chamar ao 112.

    Chamar á emerxencias.   

    Non tirar lixo.

    Manter os montes limpos.

     Se contesta ben non se penaliza. 

    Non sabe contestar, o robot retrocede, programándose ata a cela de salida.

    Para descargar as imaxes fai click no seguinte enlace: Imaxes taboleiro quiz ecosostible

  • Deseña o teu Robot

    22 de abril CELÉBRASE O DÍA DA TERRA. 

    Os seres humanos, cos noso malos hábitos, provocamos grandes cambios no entorno. Alteramos ecosistemas, extínguense especies, provocamos o cambio climático.

    Cada un de nós debemos comprometernos co noso planeta, conservándoo e coidándoo. Propóñovos para tal fin un taller de reciclaxe.

    Inspírate en  Fred Quincalla, o nómade do mar" Teresa G. Costa. 

    Constrúe un robot empregando material de refugallo, documenta o proceso de elaboración.

    As vosas creacións compartirémolas en EU RECICLO XOGANDO

    Blog de Agueiro:   #EuQuedoNaCasa

    • Programación por bloques

      Crea os teus videoxogos con Scratch

      Scracht"Con Scratch as nenas/os aprenden a pensar creativamente, traballar en colaboración e a razoar sistemáticamente. 

      Scratch é unha linguaxe de programación creado por  MIT, está deseñado para que todo o mundo poida iniciarse no mundo da programación.

      1º PASOS
      -Podes descargar Scratch no teu equipo e programar offline, sen conexión de rede

      - Rango de idade de 8 - 16 anos - https://scratch.mit.edu/download
      - De 5 a 7 anos  Scratch junior   https://www.scratchjr.org/

      -Podes unirte á comunidade Scratch e programar online

      https://scratch.mit.edu/join

      Crea un usuario dentro da comunidade de Scratch (http://scratch.mit.edu/). 

      1- Introdución á programación e a comunidade Scratch

      A plataforma programamos.es nadiesenclase - Ofréceche  16 clases con diferentes retos que podes ir superando 

      Clase 1           Clase 2               Clase 3             Clase 4          Clase 5  

      2- Creación de videoxogos. 

       https://www.udemy.com/course/introduccion-a-la-programacion-con-scratch/