Esquema semanal

  • Ola de novo!!!

    E por qué non unha gincana na casa??

    Aquí vos deixo a miña proposta...sempre adaptable ás vosas circunstancias.

    Coma sempre encantada de recibir imaxes vosas practicando esta actividade en vistah10@gmail.com

    Xa queda menos!!

  • SUPEROLIMPIADA CASEIRA

    O primeiro que imos necesitar é un plano da nosa casa, aos máis peques que no lo faga un adulto...os máis maiores xa sodes máis que capaces!!

    Unha vez debuxado o plano, unha persoa que non vaia a participar terá que marcar nel números do  1 ao 12 (serán as probas), onde estarán escondidos uns papeliños. As/os xogadoras/es non poden ver onde están escondidos. O ideal e que estean desordenados polas diferentes estancias ( ex. o 3 debaixo da almofada do cuarto, o 6 debaixo do caldeiro da fregona...), sinalaranse os 12 números no mapa e esconderanse os 12 papeliños cos números escritos.

    Deberanse esconder tantos papeliños por número como cantidade de participantes haxa, con cores diferenciados para cada xogador/a, cada un/ha debe coller o da súa cor e non tocar os demais.

    Cando se encontre un número deberase volver o lugar de saída (onde se terá o material necesario preparado) e realizarase a proba, en canto se consiga irase a buscar o seguinte número.

    12 SUPERPROBAS PARA SUPERAR COMO SUPERATLETAS

    1. Facer 10 flexións, 10 abdominais e 10 saltos cara arriba flexionando xeonllos ao peito.
    2. Saltar á pata coxa cantando unha canción durante 30 segundos. Pódese cambiar de pé aos 15 segundos. De se apoian os dous pés deberase comezar de novo.
    3. Encestar unha pelota ou bola de papel nunha papeleira ou caldeiro 4 veces desde unha distancia de 2 m.
    4. Sentado. Coller unha galleta e colocala na fronte. Intentar baixar a galleta polo roto reclinado ata a boca. Se a galleta cae inténtase cunha nova galleta.
    5. Facer a proba da botella (lanzala e que caia de pé). Conseguilo 4 veces.
    6. Conseguir 5 toques co pé cunha pelota de plástico, bola de papel...
    7. Cunha culler na boca e unha goma encima deberase facer un recorrido dende a entrada da casa ata o lugar máis lonxano sen que a goma caia. Se cae, vólvese comezar.
    8. Derribar 6 botellas baleiras bastante separadas lanzándolle unha pequena pelota, unha goma de borrar ou un rollo de papel hixiénico.
    9. Levar 10 bolas de papel atravesando un percorrido con varios obstáculos ( polo menos 4) e lanzalas a un  recipiente dende unha distancia determinada (ex. subir a un sofá, saltar ao outro sofá, pasar por debaixo dunha mesa, subir a unha cadeira e pasar dende ela a outra....). So se poden levar dúas bolas en cada ronda.
    10. Dar 10 golpeos cunha pala, espumadeira, raqueta a unha bola de papel ou pelota sen que caia o chan.
    11.  Manter dous globos no aire, só coas mans, sen que ningún toque o chan.
    12. Derribar 5 obxectos (que estarán colocados enriba dunha mesa) cunha pelota, bola de papel, goma de borrar ou rollo de papel hixiénico.