Esquema semanal

  • Ola a tod@s!!!

    Aquí preséntovos algún que outro xogo de mesa adaptado para que nos movamos á vez que contamos, pensamos, planeamos...

    Actividades sempre adaptables ás vosas circunstancias.

    Se me queredes facer chegar imaxes xogando a estes xogos facédeo a través de vistah10@gmail.com

    Ánimo!!!

  • O PARCHÍS DA EXPRESIÓN CORPORAL

    A Expresión Corporal busca o desenvolvemento da imaxinación, o pracer do xogo, a improvisación, a espontaneidade e a creatividade. Por todo elo, e dada a rutina que temos que levar estes días, este xogo pode ser unha boa forma de que toda a familia desconecte un pouco.

    Normas do xogo:

    O xogo segue a mesma dinámica ca do parchís tradicional. A única diferenza é que en cada unha das casiñas nas que aparece unha imaxe deberase pasar unha proba de Expresión Corporal.

    O resto de participantes deberán prestar moita atención á proba pois a persoa que primeiro descubra o que está interpretando (previamente anotado nun papel), poderá avanzar tres casiñas con calquera das pezas que teña no taboleiro.

    Adxunto taboleiro e lenda.

     

  • A OCA DA EF NA CASA

    Xogo da Oca tradicional pero con probas a superar nas diferentes casiñas

    Adxunto taboleiro e probas!!