Aprende xogando: Actividade baseada no coñecido rosco de pasapalabra.
TAREFA:Crea o teu xogo de PASAPALABRA con vocabulario de Ciencias da Natureza de 5º
1º Copia a táboa no caderno ou nun editor de texto.
2º Busca unha palabra, no libro de ciencias, con cada letra do abecedario, pode "comezar con" ou "conter" esa letra
3º Escribe a definición. As definicións teñen que estar sacadas do libro, debes intentar escribir algunha de cada unidade da 1 á 5 (servirache para repasar)
4º Envía a táboa para revisión
ROSCO CIENTÍFICO
Estes son algúns exemplos que podes manter ou escribir outras palabras.
LETRA
OPCIÓN: Comeza por /contén
Definición
PALABRA
páx. do libro
A
B
C
D
E
F
Comeza por
Proceso polo que a planta fabrica os seus propios nutrientes
FOTOSÍNTESE
G
H
I
L
M
N
Ñ
O
P
Q
Comeza por
Tipo de enerxía que conteñen os combustibles, os alimentos, as pilas
QUÍMICA
R
S
T
U
Comeza por
Óso do brazo
ÚMERO
V
Comeza por
Partículas diminutas que poden entrar nas nosas célululas, destruílas e propagarse a outras células.
VIRUS
X
XERADOR
Z
Contén o
No interior deste órgano atópase a pituitaria
NARIZ
EXTRA: Proba a facer o teu propio ROSCO na aplicación educaplay > accede cunha coa conta de correo electrónico >crear actividad> Ruleta de palabras > Segue as instrucións>Envía o enlace da actividade
Mira o seguinte vídeo de SOGAMA (Sociedade Galega de Medio Ambiente)
Despois de ver o vídeo, responde ás preguntas:
- SOGAMA ten unha planta de reciclaxe para a elaboración de combustibles.
Como se chama ese combustible? ..................................... e, que utiliza para producilo?...............................................
Que tipo de enerxía producen? ................................ ...................... ........................
-Cres que é importante esta función de SOGAMA? ............ Por que? ..................
3.Continúa co miniproxecto de Música ECO mariña e fai distintas actividades medioambientais sobre A biodiversidade do mar
Do 1 ao 5 de xuño
1. Lectura do libro de ciencias: páxinas 98-101 e do seguinte resumo:
As Fontes de enerxía son os recursos existentes na natureza dos que o ser humano pode obter enerxía.
Poden ser Renovables e Non renovables
AS FONTES DE ENERXÍA RENOVABLES
AS FONTES DE ENERXÍA NON RENOVABLES
-Proveñen dos recursos naturais da natureza.
-Estanse xerando continuamente e non se esgotan
-A maioría proceden dunha fonte practicamente inesgotable, o Sol.
-No seu proceso de transformación en enerxía eléctrica producen poucos problemas ambientais (cambios na paisaxe, contaminación sonora.)
-O seu uso, axuda a diminuír o cambio climático
-Proveñen dos recursos naturais da natureza,
-Extráense máis rápido do que se rexeneran. Esgótanse
-No seu proceso de transformación en enerxía eléctrica poden provocar graves problemas ambientais para os seres vivos e para o medio ambiente.
-O seu uso , provoca o quentamento global (cambio do clima e aumento da temperatura)
Son fontes de enerxía renovable:
O sol- Paneis fotovoltaicos ou paneis solares que aproveitan a enerxía luminosa e térmica do sol
O vento - Parque eólicos ou aeroxeradores que aproveitan a velocidade do vento.
A auga - Centrais hidroeléctricas que aproveitan o movemento da auga.
Combustibles de orixe animal ou vexetal (madeira, graxas...) - Biomasa
Calor da terra - Enerxía Xeotérmica
Son fontes de enerxía non renovable:
Combustibles fósiles: Chámanse así porque se formaron hai millóns de anos no interior da codia terrestre a partir de restos de seres vivos. Utilízanse como combustibles para obter electricidade en centrais térmicas. Son o petróleo, o gas natural e o carbón.
Combustibles nucleares: Aproveita a enerxía dos materiais radioactivos como o uranio. Transforman a enerxía nuclear en enerxía eléctrica nas centrais nucleares
2.Presta atención ás seguintes presentacións e realiza os test que se che propoñen.
3. Explica as vantaxes e invonvenientes destes tipos de centrais de produción da corrente eléctrica.
Tipos de centrais
Fonte de enerxía que utilizan
Vantaxes
Incovenientes
Central eólica
Central hidroeléctrica
Paneis fotovoltaicos
Central térmica de carbón
Central nuclear
Combustibles nucleares como o uranio ou o plutonio
Producen moita enerxía
Non produce gases de efecto invernadeiro
Producen residuos tóxicos e radiactivos
Un accidente nunha central provoca graves consecuencias.
Mira o seguinte vídeo: A enerxía da biomasa.
4. Despois de ver o vídeo: Debuxa unha central de biomasa e expliqca cal é o proceso para producir enerxía eléctrica. Que residuos produce?
A enerxía é unha necesidade básica para as persoas. A diario usamos diferentes fontes de enerxía: botamos combustible ao coche ou a moto, conectamos á corrente eléctrica videoxogos, ordenadores, tablets, cociñamos alimentos... A maior parte da enerxía que consumimos é enerxía eléctrica que se produce en centrais térmicas, hidroeléctricas, eólicas, de biomasa, nucleares.... Todas elas, en diferente medida, provocan cambios na paisaxe, contaminación ambiental, sonora...
5. Escribe algún problema derivado do mal uso da enerxía:
-Sobre a atmosfera-
-Sobre a hidrosfera-
-Sobre os seres vivos-
- Sobre a xeosfera ou na paisaxe-
6. Se tiveras que escoller a fonte de enerxía que sexa máis respectuosa co medio, máis eficiente... cal escollerías? ........................... Escribe os teus argumentos para defender a túa elección:
5 De Xuño é o Día Internacional do Medio Ambiente, celébrao todos os días:
Autoría do cartaz: Estefanía Torres. Mestres de Galicia
18 ao 25 de maio
QUE É A ELECTRICIDADE
O término electricidade procede do grego ήλεκτρον (elektron), que significa ámbar. Tales de Mileto (600 A.C.) descubriu que, ao fretar unha vara de ámbar cun pano, a vara podía atraer obxectos lixeiros como cabelos, plumas... A variña electrizárase. Hoxe en día sabemos que este fenómeno débese á electricidade estática; é dicir, á acumulación dun exceso de carga eléctrica nunha zona con pouca conductividade eléctrica (un illante).
Un pouquiño de historia:Antes do ano 1800 iluminábanse os fogares con lume, lámpadas de aceite, candeas. Moito progresamos desde entón.
Mira o seguinte vídeo para coñecer os precursores da electricidade, aos que lle agradecemos todas as comodidades das que desfrutamos hoxe en día:
Na actualidade non se concibe a vida sen electricidade.
Pero que é a electricidade
Fai unha lectura comprensiva da páxina 97 do libro de ciencias.
A electricidade é unha forma de enerxía que pode producir luz, calor, movemento...
Antes de continuar, debes saber que toda a materia está formada por átomos e, estes a súa vez conteñen electróns, unha partícula que transporta a carga eléctrica.
A corrente eléctricaé o movemento dos electróns a través dun material. A corrente eléctrica asóciase coa enerxía eléctrica que utilizan os aparatos eléctricos como a play, unha lavadora, un secador, un ordenador... para funcionar.
Con este vídeo entenderás mellor a electricidade estática
TAREFA despois de ver os vídeos e ler a páxina :
1Copia o esquema no caderno.
2.Responde a este Quiz sobre a Electricidade e envíao para revisión. Fai clic no enlace-> QUIZ ELECTRICIDADE
EXPERIMENTOS COA ELECTRICIDADE ESTÁTÁTICA
3.Escolle algún esperimento que poidas facer na túa casa e manda unha foto coa explicación científica do que sucede.
Electricidade por fretamento. Uns materiais teñen facilidade para perder electróns e outros para gañalos, adquirindo carga eléctrica. A carga queda acumulada na materia ata que lla pasa a outro obxecto.
Pódese empregar unha botella de plástico baleira, un globo, un boli bic sen carga...
-Se inflas un globo e o fretas sobre un xersei de la ou sobre o pelo, os dous corpos cargaranse de enerxía estática.. Achega o globo a outros obxectos. Papeis pequenos, quedarán atraídos ao globo. Se o achegas ao pelo, este levantarase e quedará pegado ao globo. E incluso se o achegas a unha lata de refresco, esta empezará a rodar achegándose ao globo. Ao mellor tes que volver a fretalo varias veces!
-Achega o globo despois de fretalo coa lá ou co pelo a un chorriño de auga do grifo, que ocorre? A que é debido?
Un circuíto eléctrico é un conxunto de elementos que permiten xerar, dsitribuír e aproveitar a enerxía da corrente eléctrica. O máis sinxelo consta de: cables condutores, pila, interruptor e unha lámpada conectados entre si.
Faino ti mesmo/a-Necesitas: Cables condutores, chinchetas, un clip, lámpada pequena , portalámpada, pila de petaca.
Tamén hai kits de electricidade nos "Todo a Cen" nos Bazares Chinos.
1º O primeiro paso é o deseño do circuíto
2º Pela os extremos dos cables cunha tesoira, alicates, Fai esta tarefa con supervisión dun adulto.
3º E logo fai as conexións, podes empregar cinta illante para mantelos unidos.
Foto do alumnado de 5º do curso pasado. Sinto perderme, en directo, as vosas caras de felicidade!
Do 26 ao 29 maio
LABORATORIO NA CASA
TAREFA: Nesta semana teredes que realizar e compartir unha experiencia sobre a electricidade.
Valorarase a explicación que fagades aplicando os coñecementos estudados, vocabulario, a vosa capacidade comunicativa, a orixinalidade.
1.Elixe o experimento e escribe un guión, explicando o fenómeno físico que ten lugar.
A palabra enerxía é relativamente nova, introduciuse na linguaxe científica no século XIX, antes chamábase "forza".
A enerxía supuxo unha peza clave para o desenvolvemento da humanidade. O ser humano sempre necesitou a enerxía para sobrevivir e avanzar.
Por outro lado o consumo excesivo de enerxía é o causante de graves problemas medioambientais.
Aprenderemos que a materia contén enerxía ecoñeceremos as formas nas que se transforma. en sa identificar formas de ener. Algunhas transformacións de enerxía causan graves problemas medioambientais, como a nosa dependencia dos combustibles fósiles: petróleo, gas natural e carbón.
Hoxe queremos saber que é a enerxía
Le con atención as páxinas 94 e 95 do libro de ciencias.
A enerxía é todo aquilo capaz de producir cambios e transformación na materia: no movemento, no estado, na forma, na composición...
A enerxía non ten masa nin volume pero pode medirse, pode almacenarse e conducir en certos dispositivos condutores. Transfírese duns corpos a outros e produce cambios nos obxectos (fai que os obxectos se movan, se paren, se deformen,...). A enerxía non se crea nin se destrúe e transfórmase.
A enerxía maniféstase na natureza de diversas formas:
- A que conteñen os corpos que se moven - Enerxía mecánica (potencial se o corpo cae a certa altura ou cinética referida aos corpos en movemento )
-A que teñen os combustibles e os alimentos - Enerxía química.
-A que teñen os corpos que emiten luz e/ou calor - Enerxía luminosa e térmica ou calorífica.
-A que conteñen os raios da tormenta - Enerxía eléctrica.
-A que teñen os imáns, que fai que os corpos se atraian ou se repelan - Enerxía magnética.
-As que transportan as ondas sonoras procedentes do sonido- Enerxía sonora
- A que se produce no interior das estrelas e despréndena substancias radiactivas como o uranio ou o plutonio - Enerxía nuclear
1 Vídeo para reforzar a información:
2. Observa: Berto está de campíng e quere facer lume para cociñar, quentarse e defenderse dos osos. Observa como transfire enerxía ao pau e esta se transforma noutro tipo de enerxía.
Que 5 formas de enerxía aparecen?
3.Nomea dúas características da enerxía:
Completa as seguintes afirmacións coa forma de enerxía que hai ou que se manifesta en cada caso.
a) Un obxecto en movemento ten enerxía............... .
b) Unha chama desprende enerxía ............................... e ..........................
c) Un raio dunha tormenta é unha manifestación da enerxía ............................
d) Un bocata de xamón contén enerxía ........................
e) O Sol desprende enerxía ................... e ............................... .
4. Observa a imaxe: Que formas de enerxía ves e/ou deduces? Razoa a túa resposta
5. Elixe situacións da vida cotiá nas que poidas percibir estas formas de enerxía: eléctrica, cinética, química.
-Cada tipo de materia posúe unhas propiedades específicas; por exemplo: a densidade, a cor, a dureza, o viscosidade, a condutividade, etc., que teremos en conta á hora de escollelas para determinados usos.
-A materia podémola atopar en 3 estados: sólido, líquido e gasoso. A auga é a única substancia que se pode atopar, de forma natural, nos tres estados.
Pero a principal clasificación que se fai da materia é en substancias puras e mesturas.
A CLASIFICACIÓN DA MATERIA
A lectura das páxinas 90 e 91 do libro, axudarache a comprender mellor os conceptos, repara tamén nos debuxos.
AS SUBSTANCIAS PURAS
Chamamos substancia pura a calquera material que estea formado por un só tipo de materia e non se pode descompoñer noutras substancias máis símples. Ten unhas propiedades propias que a identifican.
MESTURAS
Unha mestura é a combinación de dúas ou máis substancias puras, as súas propiedades dependen da súa composición. Así por exemplo a densidade dependerá da proporción na que se atopen os seus compoñentes.
Poden ser homoxéneas ou disolucións e heteroxéneas. Observa o debuxo.
As mesturas homoxéneas ou DISOLUCIÓNS poden ser:
-Disolución Gasosa - mestura de gases, como o aire
-Disolución Líquida- mestura de líquidos ou dun sólido nun líquido, como a auga do mar, o leite con colacao.
-Disolución sólida - mestura de sólidos, exemplos: o vidro, o papel; e Aliaxes que son mesturas nas que hai algún metal como o bronce (cobre+estaño), o aceiro (ferro+carbono), o latón (cobre + zinc)
ACTIVIDADES:
1. Fai un esquema sobre a clasificación da materia
2. Escribe exemplos de: 3 substancias puras, 3 mesturas homoxéneas (unha de cada tipo de disolución) e 3 heteroxéneas que poida haber na casa.
3.INVESTIGA: HAI MESTURAS COMA o aceiro, o vidro e o papel que marcaron a evolución e a transformación da historia.
-Que tipo de mestura é o papel? ............................................. Porque Vídeo: De onde ven o papel?
-Que tipo de materia é o vidro? .............................. Porque .............................................Vídeo: De onde ven o vidro?
-Seguro que todos/as tendes materiais de aceiro na vosa casa. Nomea 2 obxectos de aceiro............
-Para que o aceiro sexa inoxidable, que materiais se deben engadir á aliaxe? .............
27 de abril á 4 de maio
Imos coñecer algunhas propiedades específicas da materia
Continuamos coa materia. É necesario que dediques uns minutos á lectura do libro, páxinas 88 e 89. Fíxate tamén nas imaxes.
Ata agora, estudiamos 2 propiedades xerais da materia: a masa e o volume, que son comúns a todos os corpos e substancias.
Nesta semana imos a recordar as PROPIEDADES ESPECÍFICAS DA MATERIA. O estudo destas propiedades é moi importante porque os materiais son útiles debido a esas propiedades, ademais tamén nos poden servir para distinguir un tipo de materia de outra.
Algunhas propiedades específicasson: A cor, o brillo, a dureza (resistencia á ser raiado), a elasticidade, a opacidade (como se comporta ante a luz, deixan pasar a luz e as imaxes ou non. páx 96 do libro), a viscosidade (resistencia a fluir), impermeabilidade (non deixan pasar a auga), a condutividade (condutores vs illantes deixan/non pasar a corrente), a densidade...
A densidade é unha propiedade específica que relaciona a masa dun obxecto co volume que ocupa. Podemos calcular a densidade mediante a fórmula d= m/V, onde a masa se mide en g e o volume en cm3 ou ml, As unidades son g/cm3 ou g/ml
A densidade é a cantidade de masa que hai nun determinado volume. Por exemplo:
-A densidade do ouro é 19,3 g/ ml. Que significa que 1 ml (ou 1 cm3 ) de ouro, ten unha masa de 19,3 g.
-A densidade da auga destilada é 1g/cm3 quere dicir que 1 cm3 de auga ou (1 ml) ten unha cantidade de materia de 1 g.
Visualiza este vídeo para reforzar as propiedades da materia.
CURIOSIDADE:Sabías que a nosa voz soa máis aguda cando inhalamos helio? A explicación científica é porque a Densidade do gas helio, é menor que a do aire, e ofrece menos resistencia ao movemento das cordas vocais. Estas vibran + rápido e por iso a nosa voz soa máis aguda.
ACTIVIDADES
1Fai unha selección de diversos materiais que destaquen por algunha das súas propiedades especiíficas e os seus usos:
Por exemplo:
Material
Propiedades específicas
Usos na vida cotiá
A madeira
Non é moi dura, pódese traballar
É illante
É combustible
É opaca
Facer mobles
Colócase no chan, para dar calidez
Quéimase para cociñar ou quentar o fogar.
Ponse como contraventá para impedir o paso da luz e imaxes.
2 INVESTIGA. A densidade en g/cm3 da plata, do petróleo, o aceite, da auga salgada, xeo, ferro. Ordénaas de maior a menor.
3 PROBLEMAS DE DENSIDADE:
- Xano ten un tipo de material de 16 g de masa e 2 cm3 de volume nas súas mans. Cal é a súa densidade? ............g/cm3
- Carlota traballa nun laboratorio e quere calcular a densidade do aceite de 1 litro de aceite 930 g. Cal é a densidade do aceite? (Ollo neste problema tes que pasar litros a ml) ................... g/ml
- Cal é a densidade dunha árbore que ten 1800 kg e un volume de 900 m³. ....................... kg/m3
EXPERIMENTA. Escolle algún destes experimentos e xoga coas densidades.
20 ao 27 de abril
ATENCIÓN, PREGUNTA: De que están feitas todas as cousas que nos rodean?
Ao noso arredor hai moitos obxectos de distintas formas e cores, como as árbores, xoguetes, ordenadores, etc. Todos están formados por materia.
Nalgúns casos non se pode ver esta materia como pasa por exemplo co aire que nos rodea. Claro que a luz e o sonido non son materia, non se poden tocar nin forman parte dos obxectos, son tipos de enerxía.
CONTESTA ESTAS ACTIVIDADES NO CADERNO OU A TRAVÉS DUN PROCESADOR DE TEXTO (docx, drive doc, odt...) e envía para revisión. Son 10 preguntas, distribúe a tarefa en 3/4 sesións de 40 minutos aprox.
salialvarezcarnero@gmail.com ou vistah10@gmail.com
Para responder ás preguntas, deberás realizar unha lectura comprensiva das Páxinas 86 e 87 do libro de ciencias. Podes descargalas no arquivo adxunto
A materia e as súas propiedades xerais: masa e volume
1. Que é a materia? (páx. 86 e 87 do libro, vai adxunto a estas actividades)
2. Escolle 4 obxectos feitos con materiais distintos e de usos diversos. Todos os obxectos que escolliches teñen masa? ....... , porque.....
3. Se tes unha balanza pésaos e ordénaos de maior a menor peso? Non esquezas a unidade.
4. INVESTIGA:En que se diferencia unha báscula dunha balanza
5. Todos os obxectos teñen volume? ............ , porque...........
6. Se tes unha lata de refresco e a deformas, cambiará a masa?, cambiará o volume?
7. Seguro que non tes probetas na casa, pero si vasos medidores, xiringas, xerras,.. Con que medirías...
7.a- a dose dun xarope?
7.b- o volume da auga dunha piscina?
7.c- a cantidade de refresco dunha lata?
7.d- a cantidade de xabón que usas para lavar as mans?
Recorda as equivalencias entre as unidades de volumen
1 ml = 1 cm3
1 l = 1 dm3
1 kl = 1 m3
EXPERIMENTA
Só necesitas un vaso medidor e unha báscula
8. Que pasos seguirías para medir o volume dun corpo pequeno, por exemplo un colgante, unha canica, unha figuriña pequena... (Busca a información na páx. 87 do libro)
9. Se queres saber cal é a masa do leite, zume... que contén un cartón/brick/botella que temos na neveira, que farías para descubrilo? (Explica o método da dobre pesada)
Podes enviar as fotos dos teus experimentos, debuxos, un vídeo.
Recursos do ceiploreto.es. Autoría: Francisco J. Rodríguez San José
16-20 de marzo
CCNN- CIENCIA E SAÚDE
Dedica 40 min de traballo 3 días á semana
LECTURA diaria: 20 minutos aprox. En diferentes formatos: libro de texto, internet, xogos interactivos...
ACTIVIDADES ESCRITAS: 20 minutos aprox.
Continuamos coa unidade 4
Vai contestando a estas preguntas no caderno ou tamén podes facelo empregando un procesador de texto tipo Microsoft Word o Libre Office e entregalo impreso.
Se tes calquera dúbida de como facer algo, sempre podes comunicarte comigo:
salialvarezcarnero@gmail.com
ENFERMIDADES INFECCIOSAS E NON INFECCIOSAS (le as páx 66 á 69) Podes descargar a unidade 4 do libro no bloque superior desta páxina
Traballo escrito:
1. Que é a saúde?
2. Diferencia entre conceptos: enfermidade e síntomas
3. Copia a seguinte táboa e completa a información que falta
Axentes infecciosos
Exemplos de Enfermidades que produce
Síntomas
Virus .................
Bacterias ...........
Fungos ..............
Protozoos ..........
4. Completa a táboa sobre enfermidades NON infecciosas.