Do 23 ao 27 de marzo
Cando falamos de poesía todos pensamos en versos, rimas, medida, ritmo..., pero é moito máis é musicalidade, estética e creatividade
As actividades para esta semana son as do OBRADOIRO DE POESÍA: CORENTENA A RITMO DE VERSOS
- Establecede un horario de rutinas coa participación de todos/as.
- As tarefas do cole deben facerse seguindo un horario preestablecido. Non estamos de vacacións, é necesario traballar de luns a venres
- É importante marcar o horario que poden dedicar a TV, play, videoxogos. Con hora de inicio e a que hora deben desconectar.
- Todas e todos debemos colaborar nas actividades da casa dentro das posibilidades de cada quen.
Velaquí unha ducia de webs en galego: Kalandraka, Xabarín, Dígocho eu, Vídeos musicais
https://praza.gal/ducias/webs-para-seguir-aprendendo-en-galego-durante-a-corentena
-Envía os traballos a salialvarezcarnero@gmail.com para a súa revisión e seguimento
-Enlace para unirse ás vídeo chamadas: https://eduxunta.webex.com/join/salial
A saúde do planeta estase a deteriorar debido ao aumento das temperaturas, a acidificación da auga, á aparición de especies invasoras, ao esgotamento dos recursos naturais e á contaminación dos ecosistemas terrestres e marítimos. A actividade desta semana ten unha mensaxe medioambiental.
TAREFA DE COMPRENSIÓN ORAL
Ficha comprensión oral: Medio ambiente, una ficha interactiva de salial
1.Le o seguinte texto
Historia do Camiño de Santiago Din as lendas que no ano 820, o eremita Paio descubriu restos do apóstolo Santiago no monte Libredón, no lugar onde hoxe se ergue a catedral de Santiago. O rei de Galicia e Asturias, Alfonso II, visitou o lugar no ano 899 e mandou construír alí unha capela. O Camiño de Santiago viviu momentos de esplendor nos séculos XII e XIII; sobre todo coa implantacion das ordes monásticas do Císter e Cluny. Nos seguintes séculos decaeu un pouco por mor das guerras europeas, da Reforma relixiosa e da Revolución Francesa. Pero, alá polo século XIX, volve a ter un importante pulo grazas aos viaxeiros románticos ingleses que se namoraron de Cospostela... e ata hoxe, que é unha das rutas máis seguidas por viaxeiros de todo o mundo. |
25 ao 29 de maio
2.PREGUNTAS DE COMPRENSIÓN:
-Busca no dicionario: verea, eremita, pulo, por mor de.
-Ordena alfabeticamente: erguer, esplendor, eremita, europea, espido.
-Desde onde ve o peregrino os montes galegos?
-Que santuario se atopa nun espido cume moi batido polo vento?
-Que nome leva o gran río dos galegos?............ Por onde o cruzan os peregrinos?................
Que canteiro famoso o construiu? ....................... Por que é famoso? ........................
-Antes de levantar a Catedral de Santiago que se construiu alí? ....................... Por que?.......................
-Fixate no mapa: Que camiño faríamos nós desde Ourense?............. Por que localidades pasaríamos?
-Revisa o concepto da escala , poderías dicir cantos cm hai no mapa ata Santiago e como calcularías a distancia real. (Documento adxunto)
Do 1 ao 5 de xuño
3. GRAMÁTICA
-Fai clik no enlace e repasa os tipos de palabras: Atina o camiño
-Busca no texto: un verbo en presente.............. un en pretérito.............. un verbo en infinitivo.................,
un determinante numeral................, unha palabra esdrúxula que sexa un substantivo......................,
un nome propio..................., unha palabra con hiato................ e unha palabra que teña un dígrafo..............
4.BUSCA INFORMACIÓN:
-No ano 1589, o bispo San Clemente agochou os restos do Apóstolo Santiago para que non os roubaran. Investiga de que pirata os protexía............
-O Saúdo dos peregrinos cambiou. Como se saudaban antigamente e cal é o saúdo que intercambian agora?.............
-Escribe un pequeno texto sobre o botafumeiro ( 4 liñas como máximo) Que é e para que se empregaba?....................
-Como se chama o diploma que acredita que fixeches o Camiño de Santiago?.............
Cantos quilómetros tes que percorrer para que cho dean?..........
- En España hai ata 14 camiños de Santiago (rutas). Enumera 5 .................................
Cal é o máis coñecido e transitado? ...........
LETRAS GALEGAS 2020. RICARDO CARVALHO CALERO
A profe Carmela evíanos esta presentación das Letras Galegas 2020. Fai clic na imaxe/manualidade e anímate a facer algunha actividade plástica: marcapáxinas, decoración de pedras, debuxos...
1.Escoita enteira a biografía de Carvalho Calero cantada con acompañamento de guitarra. Podes tomar nota dos datos máis relevantes, ordenados cronoloxicamente.
Nestoutro vídeo alumnas/os de 5º do CEIP S. Pío X cóntannos a vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero
2. Xogo de comprensión para repasar aspectos fundamentais do autor: LETRAS GALEGAS 2020
3. Para ler fragmentos da súa obra e responder a preguntas de comprensión. Enlace do Seminario Galán
A FALA: Ricardo Carballo Calero defendía que o galego forma parte do mesmo espazo lingüístico e cultural que o portugués, polo que ao seu ver, era necesaria unha aproximación ortográfica a este idioma. Pertencía ao grupo dos reintegracionistas ou lusistas.
ACTIVIDADES
4. Escribe unha biografía de Carvalho Calero cos datos máis relevantes da súa vida e obra: onde naceu, que estudou, de que traballou, algúns dos títulos dos seus libros de poemas, teatro, logros e nomeamentos, dificultades que tivo na súa vida.
5.Gramática: "Pretérito Imperfecto" e "Futuro condicional" son títulos de poemarios (obras líricas) do autor. Revisa estes tempos verbais e analiza estes verbos; persoa, nº, tempo (copretérito e postpretérito) e modo:
resistiría | soñabamos | estudaban | volveríades |
6. Estudo da lingua: Para Carballo Calero a lingua galega era unha variante da lingua portuguesa. Por iso cambiou o seu apelido. Relaciona os nomes das dúas columnas.
SONS DA LUSOFONÍA
fiestra | equipa | ||
galiña | chuva | ||
equipo | carvalho | ||
choiva | janela | ||
carballo | galinha |
Agora que xa sabes moito sobre Ricardo Carballo Calero imos xogar coas palabras, recorda que foi filólogo. No seu libro "A xente da Barreira", Ricardo Carballo Calero, empregou palabras enxebres coma: Adobiar, empardecer, encol, compango, latricar...
7. INVESTIGA Nomea 4 países nos que se fale portugués indicando o continente no que se atopan.
- Sabes onde está a rúa Carballo Calero en Ourense? Podes buscala no Google Maps empregar a túa hora de paseo e ir ata alí, sacarte unha foto ao lado do nome da rúa ou nunha ubicación da rúa que che guste e compartila.
Semana 17 de maio ao 22 de maio
Lectura: "As pitas baixo a choiva" de Ricardo Carballo Calero. Pica na imaxe para ler o conto en issuu
- Transforma a historia nun cómic de 6 a 8 viñetas.
- Se prefires podes facer un cómic ou unha historia ilustrada coa canción "Alborada das pitas"
Debido á situación excepcional que estamos a vivir, este primeiro domingo do mes de maio, non se van poder celebrar os MAIOS. No seguinte vídeo explícannos de xeito claro en que consiste esta festa tradicional de Ourense.
Esta actividade é interdisciplinar con Música.
1.- DESPOIS DE VER O VÍDEO CONTESTA:
-Cal é a orixe dos maios e que se celebra?
-Cando se celebran?
-En que lugar da cidade de Ourense se expoñen?
-Que dúas actividades se realizan?
Festa dos Maios en Vistahermosa 2018: Neste enlace podes atopar información a estas preguntas
2.- INVESTIGA. Que tipos de Maios hai?
-Escribe os pasos para a construción dun Maio: material e elaboración.
3.- OPCIONAL: Constrúe un Maio artístico con material que teñas pola casa e manda unha foto
Maios 2018. Grupo de alumnos/as de Vistahermosa
COPLAS
Xa chegou o maio
de flores fermosas,
o maio florido
Chegou a Vistahermosa.
Chegou a Vistahermosa
e alegres cantamos,
música das coplas
para acompañalo.
4.- LITERATURA. Tipo de texto literario: ...............................
-Nº de estrofas ..................... Nº de versos ...................... Mide os versos ..................... Lembra facer as sinalefas.
-Tipo de rima ................................ Que versos riman? ........................
-Di de que tipo de estrofa se trata .....................................(Consulta a páx 49 do libro) Está nos recursos desta actividade.
5 - ESCRIBE COPLAS. Indicacións que debes seguir.
- Estrofas de 4 versos. Rima - a - a
- Intenta ir fiando as copla: o 4º verso da 1ª estrofa, debe repetirse no 1º verso da 2ª estrofa.
- A temática: Deben de contar de forma crítica ou graciosa o que aconteceu este ano. Que non sexan monotemáticas do coronavirus, algo máis pasaría.
Iniciativas:
Data límite de entrega o 23 de abril.
1. Le o libro online
2. Responde as preguntas. Podedes responder no caderno ou nun procesador de texto (Doc, open office, Drive- doc...)
3. Envia as tarefas por apartados, para facilitar a corrección e o seguimento.
VOCABULARIO E GRAMÁTICA |
- Escribe unha frase ou un parágrafo no que apareza un substantivo, un adxectivo, un verbo un adverbio e unha preposición que describa a un dos personaxes da historia. - Fai unha análise morfolóxica dunha das frases que escribiches na actividade anterior (subst. Artigo... xº, nº, verbo, persoa, nº, tempo e modo) - Na novela aparecen nomes de animais acuáticos. Nomea algún. - Barco, pesca, son palabras primitivas, Forma familias léxicas-comparten o lexema- (páx. 127 do libro) - Localiza na historia 5 verbos conxugados regulares e 5 verbos irregulares e analízaos. Persoa, sing/pl, tempo, modo, verbo, conxugación. ORTOGRAFÍA - As seguintes palabras que aparecen no libro escríbense con b/v Revisa as normas de ortografía e explica a regra que seguen. Engade 3 palabras máis a cada lista. (Revisa a páx. 130 e 131 do libro) Pensativa, fuxitivo, novo Deixaba, chamaban, baixaba Obxecto, observando Palabras, brazos, Buscan, burbullas, buguina. LITERATURA - Que clase de texto narrativo cres que é? Por que? Consulta a páx. 85 do libro de lingua - Onde ocorre a historia? - En que persoa está narrada? - Que personaxes interveñen? Principais, secundarios, reais, imaxinarios. Consulta a páx. 117 libro de lingua - Na páxina 62 aparece o poema que o capitán do barco pirata dedica a Fred Quincalla cando se ve na obriga de botalo do barco por medo a un motín da tripulación. Constrúe un poema similar, de oito versos, destacando o bo carácter de Fred Quicalla e como o recibirías ti na túa casa. - Por que os piratas non aceptan a Fred Quincalla? - Por que ao gato que habitaba no barco pirata só lle quedaban tres vidas? - Se tiveses que caracterizar con só dúas palabras tanto aos habitantes de Mecánica como de Astetik. Que palabras usarías? |
Dedica 40 min de traballo 3 días á semana
LECTURA diaria: 20 minutos aprox. En diferentes formatos
Remata a lectura do libro “A Señorita Bubble”
ACTIVIDADES ESCRITAS: 20 minutos aprox.
A BIOGRAFÍA (páx. 100 do libro de galego)
- Escribe unha autobiografía, é dicir unha biografía sobre ti mesmo/a
- Escribe a biografía de Ledicia Costas.
Prepara a presentación da escritora ( seguindo o esquema anterior)
Cando falamos de poesía todos pensamos en versos, rimas, medida, ritmo..., pero é moito máis é musicalidade, estética e creatividade
As actividades para esta semana son as do OBRADOIRO DE POESÍA: CORENTENA A RITMO DE VERSOS
Semana 3 abril ao 10 de abril
As actividades están a túa disposición na Aula virtual no curso de PRIMEIROS AUXILIOS. Pica na seguinte ligazón
*** https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/aulavirtual/course/view.php?id=11#section-5
Proxecto con protocolos de primeros auxilios
Os Bolechas mostrarannos como actuar ante estas situacións de emerxencia. Deberás ler varios libros desta colección.Prepara un traballo utilizando un procesador de textos (Google Drive-Documentos, Word, Libre Office...) seguindo estas instrucións
- Busca un título apropiado para o teu traballo.
- Copia o enunciado das actividades ( Son 5)
- Busca a información que vaias necesitando en internet e contesta en galego
- Dálle ao texto un formato atractivo que sexa doado de ler (o tamaño mínimo da fonte debe ser de 12 puntos).
- Inclúe algunhas imaxes
1 - Comentade as seguintes viñetas de verdadeiro humor galego. Debuxante: Luís Davila O Bichero
VIÑETA 1- | VIÑETA 2- |
2 - Revisade os contidos da unidade 7 e facede os seguintes exercicios.
Recoméndovos facer os exercicios no voso Drive>Nuevo>Documento de Google e compartilo comigo, creo que vos resultará máis doado.
Podedes consultar e/ou descargar a unidade 7 do libro no arquivo do bloque anterior, nesta mesma páxina.
- Páxina 111 As palabras primitivas derivadas e compostas -> Ex. 6
- Páxina 112 Os verbos -> ex. 3, 4
- Páxina 113 ex. 5 e xogo coa lingua 1
- Estuda os verbos do anexo. Repaso do ano pasado Exercicios para repasar, con correccións. Seleccionade os exercicios do voso nivel.
- Exercicios de colocación de pronome Accede a esta páxina (ogalego.eu) e aplica os coñecementos adquiridos.
Calquera dúbida consultádema e compartide comigo, se vos parece, as actividades que vaiades facendo.