a) Todas as mesturas son disolucións.
b) Cando mesturamos calquera líquido con auga obtemos unha mestura homoxénea.
c) Ningunha mestura presenta un aspecto homoxéneo.
d) O bronce é unha substancia pura
e) O aire é unha disolución gasosa
Resúltanos a todos/as uns días novidosos, e necesitaremos uns días para coller o ritmo. Estas son algúns consellos para poñernos en marcha.
- Establecede un horario de rutinas coa participación de todos/as.
- As tarefas do cole deben facerse seguindo un horario preestablecido. Non estamos de vacacións, é necesario traballar de luns a venres
- É importante marcar o horario que poden dedicar a TV, play, videoxogos. Con hora de inicio e hora de desconexión.
- Todas e todos debemos colaborar nas actividades da casa dentro das posibilidades de cada quen.
- Tempo aconsellado para dedicarlle á materia de ciencias: 40 minutos, 3 días á semana.
PARTICIPA NO PROXECTO XOVES DE CIENCIA que ten como fin difundir a ciencia de forma divertida
TODOS OS XOVES 17.00 h a través do canal Youtube
https://www.youtube.com/watch?v=zHX0ofdH87Q
-Envía os traballos a salialvarezcarnero@gmail.com para a súa revisión e seguimento
-Enlace para unirse ás vídeo chamadas: https://eduxunta.webex.com/join/salial
Aprende xogando: actividade baseada no coñecido rosco de pasapalabra
TAREFA: Crea o teu xogo de PASAPALABRA con vocabulario de Ciencias da Natureza de 6º
1º Copia a táboa no caderno ou nun editor de texto.
2º Busca unha palabra, no libro de ciencias, con cada letra do abecedario, pode "comezar con" ou "conter" esa letra
3º Escribe a definición. As definicións teñen que estar sacadas do libro, debes intentar escribir algunha de cada unidade da 1 á 5 (servirache para repasar)
4º Envía a táboa para revisión
ROSCO CIENTÍFICO
Estas son algúns exemplos, podes mantelas ou escribir outras. Copia a táboa no caderno ou nun editor de texto.
LETRA |
OPCIÓN: Comeza por contén |
DEFINICIÓN | PALABRA | páx. do libro |
A | Comeza por | Seres vivos que non son plantas, pero que realizan a fotosíntese e pertencen ao reino dos protoctistas | ALGAS | 14 |
B | ||||
C | ||||
D | ||||
E | ||||
F | ||||
G | ||||
H | ||||
I | ||||
L | ||||
M | ||||
N | ||||
Ñ | ||||
O | ||||
P | ||||
Q | Comeza por | Tipo de enerxía que conteñen os combustibles, os alimentos, as pilas | QUÍMICA | 88 |
R | ||||
S | ||||
T | ||||
U | Comeza por | Anfibios con cola e catro patas de tamaño similar como as píntegas | URODELOS | 29 |
V | Comeza por | Partículas diminutas que poden entrar nas nosas células, destruílas e propagarse a outras células. | VIRUS | 20 |
X | ||||
Z | Contén o | Órgano que bombea o sangue para que chegue a todas as partes do corpo | CORAZÓN | 52 |
EXTRA: Proba a facer o teu propio ROSCO na aplicación educaplay > accede cunha coa conta de correo electrónico >crear actividad> Ruleta de palabras > Segue as instrucións. Envía o enlace para revisión
Poderías vivir sen a enerxía? Necesitamos enerxía practicamente para todo: para iluminar a casa, as rúas, para o transporte, preparar alimentos...
Queremos saber que fontes de enerxía temos e como se transforman os recursos enerxéticos en electricidade? E... que pasa co medio ambiente como lle afecta o noso consumo de electricidade?
Pica no seguinte enlace e realiza as tarefas consultando os recursos que se che proporcionan:
Accede a WebQuest Enerxía si, pero con sentidiño.
REFORZAMOS:
-A materia é todo o que nos rodea, posee masa e ocupa un lugar no espazo.
-Cada tipo de materia posúe unhas propiedades específicas; por exemplo: a densidade, a cor, a dureza, o viscosidade, a condutividade, etc., que teremos en conta á hora de escollelas para determinados usos.
-A materia podémola atopar en 3 estados: sólido, líquido e gasoso. A auga é a única substancia que se pode atopar, de forma natural, nos tres estados.
A CLASIFICACIÓN DA MATERIA
A lectura das páxinas 85, 86 e 87 do libro, axudarache a comprender mellor esta clasificación, repara tamén nos debuxos. A materia clasíficase en substancias puras e mesturas: AS SUBSTANCIAS PURAS Chamamos substancia pura a calquera material que estea formado por un só tipo de materia e non se pode descompoñer noutras substancias máis símples. Ten unhas propiedades propias que a identifican. MESTURAS Unha mestura é a combinación de dúas ou máis substancias puras, as súas propiedades dependen da súa composición. Así por exemplo a densidade dependerá da proporción na que se atopen os seus compoñentes. As mesturas poden ser homoxéneas ou disolucións e heteroxéneas. Mesturas heteroxéneas. Son mesturas nas que os compoñentes poden distinguirse. Mesturas homoxéneas: Son mesturas nas que non é posible distinguir os compoñentes. As mesturas homoxéneas ou DISOLUCIÓNS poden ser: -Disolución Gasosa - mestura de gases, como o aire -Disolución Líquida - mestura de líquidos ou dun sólido nun líquido, como a auga do mar, o leite con colacao. -Disolución sólida - mestura de sólidos, exemplos: o vidro, o papel; e Aliaxes que son mesturas nas que hai algún metal como o bronce (cobre+estaño), o aceiro (ferro+carbono), o latón (cobre + zinc) |
ACTIVIDADES:
1. Fai un esquema sobre a clasificación da materia
2. Di se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas e corrixe as que sexan falsas.
a) Todas as mesturas son disolucións.
b) Cando mesturamos calquera líquido con auga obtemos unha mestura homoxénea.
c) Ningunha mestura presenta un aspecto homoxéneo.
d) O bronce é unha substancia pura
e) O aire é unha disolución gasosa
3. Clasifica as seguintes mesturas en homoxéneas e heteroxéneas: auga salgada, o bronce, o zume de laranxa recién exprimido, unha ensalada mixta, o granito, colacao, o aire, o osíxeno, aquarius.
4. Extra: MATERIAIS QUE CAMBIARON O MUNDO: ACEIRO, O VIDRO E O PAPEL
Ter é unha youtuber española que publica vídeos sobre arquitectura, materiais... Este vídeo contén información moi interesante relacionada con materiais que provocaron moitos avances na humanidade. Ter fala un pouco a présa e emprega unha linguaxe coloquial con algunha expresión, que espero obviedes e vos quededes coa información relevante.
Despois de ver o vídeo:
-Que tipo de aliaxe é o aceiro................... Que se lle engade ao aceiro para que sexa inoxidable?................... Que avances supuxo para a medicina? .........................
-Como se chaman as persoas que traballan os metais? ...................... Anvances que supuxo o descubrimento do vidro: ................................
-Cal é o compoñente principal do vidro? .................... Avances que proveñen do vidro a nivel científico: .......................
- Por que supuxo unha revolución o uso do papel?
PROPIEDADES ESPECÍFICAS DA MATERIA.
Continuamos coa materia. É necesario que dediques uns minutos á lectura do libro, páxinas 84 e 95. Fíxate tamén nas imaxes.
As propiedades específicas da materia, permítennos diferenciar uns tipos de materia de outros. Por iso uns materiais son máis axeitados que outros para determinados usos.
Algunhas propiedades específicas da materia son: Elasticidade – Despois de dobralo ou estiralo, recupera a forma que tiña ao principio Fraxilidade – Cando é fácil de romper. Dureza – Cando é difícil de raiar, cortar, perforar Impermeabilidade – Se non deixa pasar líquidos Condutor da electricidade – Permite o paso da corrente a través del Illante – Cando non permite o paso da corrente eléctrica, do calor, do frío Comportamento ante a luz: Transparente que deixa pasar a luz e as imaxes Translúcido- deixa pasar a luz pero non as imaxes Opaco- non deixa pasar a luz nin as imaxes. A densidade é unha propiedade específica que relaciona a masa dun obxecto co volume que ocupa. Podemos calcular a densidade mediante a fórmula d= m/V, onde "m" é a masa e mídese en kg, g e "V" é o volume e mídese en m3, en cm3 ou ml, As unidades son kg/ m3 , g/cm3 ou g/ml, |
A densidade é a cantidade de masa que hai nun determinado volume. Por exemplo: -A densidade do ouro é 19,3 g/ ml. Que significa que 1 ml (ou 1 cm3 ) de ouro, ten unha masa de 19,3 g. -A densidade da auga destilada é 1g/cm3 quere dicir que 1 cm3 de auga ou (1 ml) ten unha cantidade de materia de 1 g. CURIOSIDADE: Sabías que a nosa voz soa máis aguda cando inhalamos helio? A explicación científica é porque a Densidade do gas helio, é menor cá do aire, e ofrece menos resistencia ao movemento das cordas vocais. Estas vibran + rápido e por iso a nosa voz soa máis aguda. |
1 ACTIVIDADES
- Nomea distintos tipos de obxectos que destaquen por cada unha das propiedades específicas.
Por ex. - Elasticidade: A goma que se pon na cintura dun pantalón, braga, calzón... para que se axuste ao corpo.
2 INVESTIGA o valor da densidade en g/cm3 da plata, do petróleo, o aceite, da auga salgada, xeo, ferro. Ordénaas de maior a menor empregando o signo maior que >
3 DESPOIS DE VER O VÍDEO: Que problema se lle presenta a Arquímedes? ..................... Como o soluciona?
4 PROBLEMAS DE DENSIDADE: Aplica a fórmula. Hai que dividir a masa entre o volume.
NIVEL I
- Carlota traballa nun laboratorio e quere calcular a densidade do aceite de 1 litro de aceite 930 g. Cal é a densidade do aceite? (Ollo neste problema tes que pasar litros a ml) ................... g/ml
NIVEL II
- Que anaco de madeira de piñeiro será máis denso, un de 10 g ou outro de 150 g? (Razona, só hai que aplicar o concepto de densidade)
NIVEL III
- Nunha probeta de 45 g poñemos 10 cm3 de mercurio. Medimos a masa da probeta co mercurio e obtemos 181 g. Cal é a densidade do mercurio? (Como calculas a masa do mercurio)
- Os seguintes cubos, teñen o mesmo volume imaxina 1 cm3 (V= 1 cm x 1 cm x 1 cm) pero diferentes masas.
Cal será máis denso e cal será menos?
-A auga conxelada, ten menor densidade que a auga líquida, por iso flota. Cres que isto é importante para o mantemento da vida no planeta? ......... Por que?
5 EXTRA: EXPERIMENTA. Escolle algún destes experimentos e xoga coas densidades.
ATENCIÓN, PREGUNTA: De que están feitas todas as cousas que nos rodean?
Ao noso arredor hai moitos obxectos de distintas formas e cores, como as árbores, xoguetes, ordenadores, etc. Todos están formados por materia.
Nalgúns casos non se pode ver esta materia como pasa por exemplo co aire que nos rodea. Claro que a luz e o sonido non son materia, non se poden tocar nin forman parte dos obxectos, son tipos de enerxía.
CONTESTA ESTAS ACTIVIDADES NO CADERNO OU A TRAVÉS DUN PROCESADOR DE TEXTO (docx, drive doc, odt...)
Hai 9 actividades, dosifica, non se trata de facelas todas á présas nun día. Envía para revisión de forma fraccionada, 3/4 exerciciospara axilizar a corrección.
REALIZA UNHA LECTURA COMPRENSIVA DA PÁXINA 84 DO LIBRO DE CCNN. Podes descargala no arquivo adxunto.
Que é a materia? |
1. Que é a materia?
Colle na casa diferentes obxectos, feitos con diferentes materiais e de usos diversos.
2. Que usos teñen os obxectos que elixiches?
3. Di que usos teñen materiais como a pedra, a madeira, o vidro, a tela o petróleo.
4. Todos os obxectos que escolliches teñen masa? ....... , porque.....
5. Todos os obxectos teñen volume? ............ , porque...........
6. Seguro que non tes probetas na casa, pero si vasos medidores, xiringas, xerras,.. Con que medirías...
7.a- a dose dun xarope?
7.b- o volume da auga dunha piscina?
7.c- a cantidade de refresco dunha lata?
7.d- a cantidade de xabón que usas para lavar as mans?
Recorda as equivalencias entre as unidades de volumen
1 ml = 1 cm3
1 l = 1 dm3
1 kl = 1 m3
7. Se tes unha lata de refresco e a deformas, cambiará a masa?, cambiará o volume?
8. INVESTIGA. Un astronauta está na Terra e logo viaxa a Lúa. A súa masa cambiará? Que cambia? Explica a resposta (no vídeo dos recursos adxuntos tes a resposta)
22 de abril CELEBRAMOS O DÍA DA TERRA.
Os seres humanos, cos nosos malos hábitos, provocamos grandes cambios no contorno. Alteramos ecosistemas e extínguense especies, provocamos o cambio climático...
Cada un de nós debemos comprometernos co noso planeta, conservándoo e coidándoo. Propóñovos para tal fin un taller de reciclaxe.
Esta actividade está incluída na semana do Libro e da Celebración do Día da Terra.
Lectura online recomendada: Fred Quincalla, o nómade do mar" Teresa G. Costa.
9. RECICLA: Constrúe un robot empregando material de refugallo, documenta o proceso de elaboración e envíao para publicalo no blog #EuQuedoNaCasa
Do 13 - 17 de abril
Repaso da Función de nutrición
Estamos á espera de recibir novas instrucións para continuar co teletraballo durante este 3º trimestre.
Repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, adquisición das competencias clave.
- Non contestedes ao chou, se dubidades, buscade no libro, é o xeito de aprender.
Recursos do ceiploreto.es. Autoría: Francisco J. Rodríguez San José
Semana do 30 de marzo ao 3 de abril
OPCIÓN A- Prepara un traballo utilizando un procesador de textos, eu recomendo Google Drive>documentos ao rematar o traballo só tes que compartilo comigo para a revisión.
OPCIÓN B- Se non tes ordenador, podes facelo no caderno ou en folios, podes facer ti os debuxos e enviar fotos do traballo final. Obrigatorio escribir con boli.
INSTRUCIÓNS:
O embarazo humano desenvólvese nas seguintes etapas: • Primeiro trimestre. O desenvolvemento do embrión, o saco amniótico, placenta. • Ás oito semanas, o embrión pasa a chamarse feto, aspecto humano, como están os seus órganos, como obtén o osíxeno e os nutrientes, que outras funcións ten a placenta. • Segundo trimestre. O feto e o esqueleto, movementos, tamaño. • Terceiro trimestre. Desenvolvemento do feto, colocación no corpo da nai. • O parto. Cando ten lugar, en que consiste o parto. |
Valora os teus logros, sen estrés, nin agobios... Podédelo repetir se non quedas conforme co resultado obtido.
CCNN- UNIDADE 4 A reprodución humana.
Dedica 40 min de traballo 3 días á semana
LECTURA diaria: 20 minutos aprox. En diferentes formatos: libro de texto, internet, libros de animais, xogos, ver documentais…
ACTIVIDADES ESCRITAS: 20 minutos aprox.
Día 1-> Copia o esquema, á vez que aprendes os principais conceptos
Día 2-> Completa os debuxos, tamaño folio, dos aparatos reprodutor masculino e feminino rotula os órganos que o forman, as glándulas e os condutos e sinal a función de cada un de xeito esquemático.
Día 3> Pax 66, ex. 1, 3 e 4
Día 4->LECTURA: A PUBERDADE, páx. 69 e 74
E contesta:
Como te sentes ante os cambios que che están acontecendo? Cres que está cambiando a túa forma de pensar e a túa personalidade? Como te ves a ti mesma/o?Como ves ás túas compañeiras e compañeiros? Cres que a túa familia, mestres... te entenden? Que se podería mellorar? (Intenta ser realista coas túas respostas)
|
Día 5-> Coa información redacta no caderno un artigo periodístico que poderías titular “Adolescentes. Así nos sentimos” ou “Adolescente, esa/e son eu!” - Organiza a información: - Titulo (podes escribir ti outro) - Corpo do artigo - Estrutura a información en diferentes parágrafos. - Utiliza nexos, vocabulario da unidade, fíxate na ortogarafía, puntúa... - Podes escribir unha pequena guía que axude a afrontar os cambios desta etapa |