TEST AUTOAVALIACIÓN: OS ANIMAIS - 3º EP
Valora os teus logros sen estrés, nin agobios... Podes contestar todas as veces que queiras.
ACTIVIDADES DE CIENCIAS NATURAIS PARA O ALUMNADO DE 3º EP
Teletraballando dende a casa.
Compartide a través do correo vistah10@gmail.com
-As vosas actividades.
- Calquera dúbida.
- As aportacións que teñades para facer máis levadeira esta situación.
PARTICIPA NO PROXECTO XOVES DE CIENCIA que ten como fin difundir a ciencia de forma divertida
TODOS OS XOVES 17.00 h
https://www.youtube.com/watch?v=zHX0ofdH87Q
Enviade os traballos a vistah10@gmail.com para corrección e seguimento
Enlace para unirse ás vídeo chamadas: https://eduxunta.webex.com/join/salial
Pica no enlace: Xogo PASAPALABRA en pantalla completa |
Aproveitamos estes días para reforzar e afianzar o aprendido. Se non recordas algo, consulta o libro de texto:
Comezamos co tema 5 Os Animais. Realiza a seguinte ficha interactiva. Ao rematar podes ver a puntuación ou enviala para seguimento a salialvarezcarnero@gmail.comNIM
Reforzo e afianzamento
1. Completa o seguinte esquema da unidade A Materia e a Enerxía (podes descargalo no documento adxunto)
Autoavalíate:
2-A Materia Autoavaliación 1
3-A Enerxía : Autoavaliación 2
4. EXTRA:
Imaxina que vas a renovar o teu cuarto con materiais máis respectuosos co medioambiente: Que materiais elixirías para a alfombra, o escritorio, a cadeira, a cama, xogos...
Pero, atención, debes seguir as seguintes normas!
A alfombra debe ser de orixe animal.................
A cama, o escritorio e a cadeira, de orixe vexetal..............
O colchón ten que ser dun material artificial..............
Pensa nun xogo ou xoguete, adorno que che gustaría ter. De que material está feito? ................
Fai un debuxo de como quedaría a túa habitación
5 DE XUÑO, DÍA DO MEDIO AMBIENTE. Un Eco-reto para cada día:
Autoría do cartaz: Estefanía Torres. Mestres de Galicia
As fontes de enerxia son os recursos naturais dos que extraemos a enerxía. Poden ser de dous tipos: ENERXÍAS RENOVABLES: Enerxía Solar- Todos os seres vivos utilizamos a enerxía que provén do Sol. A enerxía solar converte o calor e a luz do sol en enerxía eléctrica. Enerxía eólica- O vento é o aire que está en movemento. A enerxía eólica converte o movemento do aire en enerxía mecánica para a produción de enerxía eléctrica. Enerxía hidráulica - Para producir enerxía utilízase a auga dos ríos e a auga dos encoros. A enerxía hidroeléctrica produce enerxía eléctrica a partir do movemento da auga. Enerxía xeotérmica - Aproveita a calor interna da terra. Enerxía da biomasa - aproveita a enerxía almacenada polos seres vivos: madeira, alimentos, excrementos... ENERXÍAS NON RENOVABLES Combustibles fósiles: -Petróleo - É un líquido escuro que se extrae do interior da Terra bombeándoo a través dos pozos petrolíferos. Do petróleo obtéñense combustibles como a gasolina e o gasóleo. -Gas natural - É un gas que se atopa baixo a terra, plo xeral xunto ao petróleo e, por iso, tamén se extrae dos depósitos petrolíferos. -Carbón - É unha rocha de cor negra, consiste en materia vexetal carbonizada que se atopa no subsolo terrestre. Para extraelo dos seus depósitos escávanse minas subterráneas. Enerxía nuclear: Aproveita a enerxía dos materiais radioactivos como o uranio. |
Conclusións
AS FONTES DE ENERXÍA RENOVABLES | AS FONTES DE ENERXÍA NON RENOVABLES | |
-Proveñen dos recursos naturais. -Estanse xerando continuamente. Non se esgotan -A maioría proceden dunha fonte practicamente inesgotable, o Sol. -No seu proceso de transformación en enerxía eléctrica producen poucos problemas ambientais. -O seu uso, axuda a diminuír o cambio climático EXEMPLOS: Enerxía solar, eólica, xeotérmica, biomasa, hidráulica |
-Proveñen dos recursos naturais, -Extráense máis rápido do que se rexeneran. Esgótanse -En xeral son contaminantes. -No seu proceso de transformación en enerxía eléctrica poden provocar graves problemas ambientais para os seres vivos e para o medio ambiente. -O seu uso , provoca o quentamento global (cambio do clima e aumento da temperatura) EXEMPLOS: Combustibles fósiles: carbón, petróleo, gas natural Minerias: Uranio (enerxía nuclear) |
ACTIVIDADES
- Clasifica estas fontes de enerxía en renovables e non renovables:
Auga
Carbón
Gas natural
Petróleo
Sol
Vento
- Completa o seguinte mapa conceptual:
-Relaciona cada tipo de central eléctrica coa orixe da súa enerxía:
Central eólica →
Central hidroeléctrica →
Central solar →
Central térmica →
INVESTIGA:
-De onde provén a enerxía eléctrica que chega á túa casa:............................
-Os parques eólicos ou aeroxeneradores, os encoros, tamén provocan efectos negativos na natureza. Como afectan ao chan, á flora e a fauna do lugar onde se colocan/constrúen?
EXTRA: Crea este COMECOCOS sobre as fontes de enerxía para reforzar os contidos traballados (tes modelos adxuntos para descargar, copiar)
A ENERXÍA MOVE O MUNDO
"Estou cheo/a de enerxia" "Dálle con máis enerxía" "Necesita enerxía para que funcione" "Estou cargado de enerxía positiva"
Realiza unha lectura comprensiva das páxinas 96 e 97 da unidade 6.
Queremos saber... que é a enerxía?
Grazas á enerxía os corpos móvense, cambien a súa forma ou as súa composición. Poderíamos definir A ENERXÍA como a capacidade de facer funcionar as cousas.
No noso día a día necesitamos enerxía practicamente para todo: para iluminar a casa, as rúas, para o transporte, preparar alimentos... Os seres vivos tamén necesitamos enerxía para manternos con vida e realizar as funcións vitais. A maior parte da enerxía que empregamos ven do Sol.
A enerxía pode manifestarse de diferente formas.
Formas nas que se presenta a enerxía:
-Enerxía luminosa. É a que teñen os corpos que dan luz, como o Sol, unha candea ou unha lámpada -Enerxía eléctrica. Circula polos cables e podemos observala nos raios da tormenta. Fai funcionar os electrodomésticos (lavadora, cociña, aspirador, televisor…) os aparatos electrónicos (ordenador, tablet…) . -Enerxía mecánica. É a que teñen os corpos en movemento. -Enerxía térmica ou calorífica. É a que teñen os corpos que emiten calor, como a madeira ardendo, o sol, ou unha estufa. -Enerxía química. É a que teñen as pilas, os alimentos ou a gasolina. -Enerxía sonora. A que teñen os corpos que emiten son. A ENERXÍA NON SE CREA NIN SE DESTRÚE, TRANSFÓRMASE Unhas formas de enerxía poden transformarse noutras. A enerxía eléctrica transfórmase en enerxía luminosa na bombilla, ou calorífica nun radiador. A enerxía mecánica de cando corremos ou andamos na bici transrómase en enerxía calorífica. |
ACTIVIDADES DESPOIS DA LECTURA
1 Tendo en conta o anterior...Que formas de enerxía emite un/unha... (Pode ser máis de unha.)
Unha lanterna acendida.............
Unha fogata ..........
Unha gaita tocando ...............
Un muíño de vento...................
Un lucecú cando se ilumina..................
Os raios dunha tormenta.................
A que contén un bocata de xamón .......................
2. Elabora unha lista cos aparatos que teñas na casa e que funcionen con enerxía eléctrica. Clasíficaos segundo transformen a enerxía en calor, luz ou movemento.
Aparatos eléctricos xoguetes, electrodomésticos |
TRANSFORMAN A ENERXÍA ELÉCTRICA EN... | ||
LUZ | CALOR | MOVEMENTO | |
Batedor | v | ||
3.INVESTIGA: Por que na actualidade necesitamos máis enerxía que en tempos pasados?
4. Fai un estudo do consumo enerxético da túa casa:
-Número de bombillas .................... bombillas de baixo consumo .............
-Apagas as luces e os aparatos eléctricos cando non se necesitan? Si/Non/Ás veces
-Aproveitas a luz solar para traballar sen acender as luces?
-Cres que o consumo eléctrico da túa casa podería reducirse? ................ Nomea algunha medida para conseguilo....................
LE CON ATENCIÓN O APARTADO 2 DESCUBRO... O CICLO DA AUGA DA UNIDADE 6 DO LIBRO DE CIENCIAS.
1.VÍDEO Mira con atención o vídeo sobre o ciclo da auga.
ACTIVIDADES PARA DESPOIS DO VÍDEO:
2-Pon exemplos da auga nos seus tres estados que aparezan no vídeo: .....................................
3-Como se aproveita a auga das precipitacións? ........................
4-Ordena as distintas etapas do ciclo natural da auga.
_A auga do mar evapórase coa calor do Sol.
_A auga subterránea e os ríos van parar ao mar, e o ciclo da auga volve comezar.
_A auga subterránea sae ao exterior polas fontes ou extráese por medio de pozos.
_Coa auga da chuvia e do desxeo da neve fórmanse os ríos e as correntes de auga subterránea.
_O vapor de auga condénsanse na atmosfera e forma as nubes.
_O vento empurra as nubes cara ao solo. O vapor de auga das nubes, cando atopa una capa fría, condénsase e cae á superficie da Terra en forma de chuvia, neve ou sarabia.
5- EXPERIMENTA: CICLO DA AUGA NUNHA BOTELLA:
Necesitas:
Unha botella de cinco litros de auga cortada pola metade, aproveitamos a parte de abaixo ou un tarro de boca ancha
Un vasiño ou tapón grandote, do envase do deterxente, dun spray.
Pedras, area, terra/abono do xardín.
Plantiña, pode ser unha herba arrancada con raíz
Procedemento
1º Na garrafa a modo de maceta, colocamos nesta orde: as pedras, a area e a terra.
2º Sobre a terra e a un lado, plantas unha plantiña e no outro lado colocas o tapón boca arriba cheo de auga.
3º Rega e cobre con film transparente. Coloca unha goma ou lazo ao arredo do film para que non entre o aire.
4º Déixao na ventá que lle dea o sol.
OBSERVA O RESULTADO > QUE OCORRE COA AUGA DO TAPÓN? > CONCLUSIÓNS.
Le con atención: Todo o que existe no universo está composto por materia. A materia clasifícase en substancias puras e mesturas. Que son as substancias puras? As Substancias puras son substancias que están formadas por un único tipo de materia. O diamante, o sal, o ferro, a auga son substancias puras.
Que son as mesturas? As mesturas son unha combinación de dúas ou máis substancias puras diferentes que conservan as propiedades dos materias que as forman. Poden ser: 1 Mesturas homoxéneas. Nas que non se distinguen os compoñentes a simple vista. Por exemplo a auga de mar, o leite con colacao cando o remexes ben, a auga con azucre, un crema de verduras ben triturada. 2 Mesturas heteroxéneas. Son mesturas nas que se poden diferenciar os compoñentes a simple vista: auga e aceite, leite con chocapics, unha macedonia. O granito é unha mestura heteroxénea. está formado por tres minerais que se distinguen a simple vista
Mira o seguinte vídeo para entendelo mellor: |
ACTIVIDADES
1 Copia no caderno e indica se é Verdadeiro (V)ou Falso (F):
___Nas substancias puras distínguense os compoñentes.
___Nas mesturas heteroxéneas os compoñentes distínguense a simple vista.
___A auga de mar é unha substancia pura.
___Ao mesturar dúas ou máis substancias puras obtense unha mestura.
___Se mesturamos calquera líquido con auga obtemos unha mestura homoxénea.
2 Nomea un exemplo de mestura homoxénea dun sólido e un líquido.
3 Belén comprou para o comedor un bote grande de salsa maionesa para acompañar unha ensaladilla. Que tipo de substancia dirías que é?.... Porque....
4 Como clasificarías estas substancias: mesturas homoxénea ou heteroxéneas:
5 INVESTIGA Escolle 3 alimentos/condimentos en po que teñas na cociña da casa, como... (podes escoller outros)
fariña
colacao
canela
Mestúraos con auga, que sucede? Fai un breve informe sobre os resultados.
Se mesturas os tres, sen auga, que observas?
Continuamos estudando a materia. Apartado 3 e 4 do voso libro de ciencias da natureza. Fai unha lectura comprensiva.
A MATERIA PODE PRESENTARSE EN TRES ESTADOS Materia sólida. Ten forma e volume fixos. Materia líquida. Non ten forma fixa pero SI volume propio. A a súa forma adáptase á do recipiente que a contén. Materia gasosa. Non ten nin forma nin volume fixos, adopta a forma e o volume do recipiente que a contén. Pode expandirse (ocupar todo o espazo) ou comprimirse. |
Visualiza este vídeo e entenderás mellor os conceptos dos estados da materia.
CONTESTA, non fai falta contestar a todo, podedes contestar oralmente.
INVESTIGA: Existe un tipo de materia que podemos atopar na natureza nos tres estados. Sabes cal é? ...................... Pódese atopar en estado líquido no/a .................................... en estado sólido no ................................. e en estado gasoso no ..........................
Hai substancias como a auga que pasan dun estado a outro por un cambio de temperatura.
Fíxate nestes 4 cambios de estado da auga: a Fusión, a solidificación, a vaporización e a condensación.
EXPERIMENTA. Escolle algún destes experimentos e xoga cos cambios de estado.
-Comproba as propiedades da materia gasosa. Os gases poden comprimirse. Infla un un globo, ou colle aire cunha xiringa. Apreta o globo, que ocorre?. Coa xiringa, sube o émbolo e éncheo de aire, pon o dedo na punta da xiringa e presiona o émbolo. Que estás demostrando?
-Colle auga do frigorífico ben fría, e bótaa nun vaso, verás que por fóra do vaso aparecen gotiñas de auga. Saberías dicir que cambio de estado está tendo lugar? No aire tamén hai vapor de auga non si?
- Como facer chover Está en inglés, pero son moi visuais. Está a demostrar a Vaporización, a fusión, a condensación da auga,
ATENCIÓN, PREGUNTA: De que están feitas todas as cousas que nos rodean?
LE CON ATENCIÓN O APARTADO 1 A MATERIA e 4 OS MATERIAIS DA UNIDADE 6 DO LIBRO DE CIENCIAS.
Contesta estas actividades no caderno ou nun procesador de texto no ordenador
Hai 9 actividades, dosifica, non se trata de facelas todas ás présas nun día. Fai 3 cada día e envíaos para corrección.
vistah10@gmail.com
Comezamos cun vídeo de Happy Learning: A MATERIA, está en castelán pero vós debedes contestar en galego. Somos bilingües, non si?
RECORDA!
Todo o que nos rodea, coma o mar, as rochas e o aire está formado por materia. Tamén son materia os obxectos que fabricamos, como os xoguetes, os mobles, un libro ou un ordenador. Todas estas cousas teñen diferentes aspectos e propiedades, porque están feitas con diferentes tipos de materia. Cada substancia que se emprega para fabricar obxectos é un material. - Os materiais naturais poden ser de orixe natural, vexetal e mineral. Granito, madeira, la, algodón, area, petróleo - Os materiais artificiais non se atopan na natureza, senón que os fabrica o ser humano: Unha mesa, un teléfono, unha prenda de roupa, un coche, un lapis. PROPIEDADES DA MATERIA-Propiedades xerais
-Propiedades específicas que nos permiten diferenciar un tipo de materia de outra: A cor, a dureza, o brillo, o sabor, o olor, a opacidade (se deixa ou non pasar a luz), a fraxilidade, se é illante ou condutor térmico... |
ACTIVIDADES
1. Colle na casa 5 obxectos, feitos con diferentes materiais e de usos diversos.
Debúxaos. Di de que material están feitos (madeira, arxila, papel, tela, area) e que usos teñen?
2. Cres que son importantes as propiedades da materia á hora de fabricar novos obxectos e darlle un uso? ..... Pon un exemplo: (Por que se usa o vidro para as ventás, a la para facer un xersei,o plástico para os xoguetes...)
3. Todos os obxectos que escolliches teñen masa? Se tes unha balanza pésaos e di canto pesan coa unidade axeitada. Se non a tes ordénaos de maior a menor peso aproximademente.
4. Todos os obxectos teñen volume? ............ Cal ten maior volume? ........ Que medidor empregaches para medir as cantidades da receita do proxecto dos lácteos?
5. No apartado 4 do teu libro aparece o proceso de fabricación do papel. Le os pasos para transformar a madeira en papel.
VÍDEO: De onde ven o papel? Está en portugués. Vai ser que somos trilingües
6. Despois de ver o vídeo...Que materiais utilizas ti na túa vida diaria que sexan derivados da celulosa da madeira. Enumera polo menos 4.
7. Engade dous materiais artificiais que se fagan a partir dos seguintes materiais naturais:
MADEIRA:
PETRÓLEO:
ALGODÓN, LA:
AUGA:
AREA:
SAL:
8. Investiga de onde se obtén a seda. Describe os vermes, vertebrados/invertebrados de que se alimentan, a metamorfose, a bolboreta, a posta de ovos.
9. Explica de xeito breve o proceso da obtención da seda. É un material natural ou artificial?
Preguntástesvos de onde provén o queixo? Imos desenvolver un proxecto que afonde no coñecemento da gandaría, do leite e derivados.
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN. PROXECTO TIC
Investiga sobre a vaca e a transformación do leite.
Contesta estas preguntas no caderno. Dosifica o traballo durante a semana.
Día 1. Descubrimos un animal: a vaca
- Que tipo de animal é a vaca? Cales son as súas características:partes do corpo, alimentación, reprodución...?
- Busca no dicionario e escribe no caderno a definición de: gandaría, bovino, ruminante.
- Onde e como se crían as vacas? Que traballos realiza o gandeiro para crialas?
- A que tipo de gandaría corresponde a cría de vacas?
Día 2. O leite como alimento
- Cal é a orixe do leite?
- Que nutrientes contén? Que beneficios ten para a saúde? Ten algún prexuizo?
- Cantas porcións de leite debemos tomar cada día? (Consulta o libro no tema dos alimentos)
- Que outros aimentos se obteñen a partir do leite?
Día 3. Coñecemos un proceso produtivo: a elaboración do queixo.
- Que é o queixo? Busca a lenda da súa orixe.
- Cal é o ingrediente principal que se necesita para elaborar o queixo?
- Como é o proceso de elaboración do queixo?
- Como se conserva e envasa o queixo para a súa comercialización.
Día 4. NA COCIÑA- Escribe e elabora unha receita con lácteos.
Receita de .....................
Ingredientes:
Elaboración:
EXEMPLOS DE RECEITAS DE DOCES LÁCTEOS
Podes enviar os traballos para seguimento a vistah10@gmail.com
Proxecto TIC. edubook.vicensvives
CCNN- Unidade 4 OS ANIMAIS
Dedica 40 min de traballo 3 días á semana
LECTURA diaria: 20 minutos aprox. En diferentes formatos: libro de texto, internet, libros de animais, xogos, ver documentais…
ACTIVIDADES ESCRITAS: 20 minutos aprox.
Escribe no caderno fichas de diferentes animais empregando o vocabulario seguinte:
Con/sen esqueleto: Animais vertebrados, invertebrados,
Alimentación: Herbívoros, carnívoros, omnívoros
Reprodución: Ovíparos ou vivíparos
Onde viven e como se desprazan
Animais domésticos e salvaxes
Fai unha ficha para cada animal
Debuxa o animal e escribe a información que teñas sobre el.
Elixe animais de diferentes grupos, escolle tamén animais da zona (xabarín, lince, lontras, raposo, vacaloura, píntega...)
Reto de ciencias:
1- Ordena as letras e descubrirás distintos animais.
A actividade complícase. Fai unha táboa onde terás que clasficalos segundo teñan ou non esqueleto, alimentación, reprodución, se é doméstico ou salvaxe.
Trátase de activar a mente para descubrir os animais ocultos e de buscar información se non sabedes contestar a algún dos apartados. Ás veces hai que buscar información específica... se dubidades, buscade!
Ollo! A imaxe pode confundir, non hai ningún deses animais ;p)
1 barca | 2 cordon | 3 musade | 4 bote albor | 5 mi grafo | 6 tu a tragar |
7 paveas | 8 pilotean | 9 Dora pelo | 10 Comas | 11 Trapean | 12 Grite |
Podedes debuxar a táboa no voso caderno ou descargar esta FICHA ANIMAIS EN DRIVE
________________________________________________________________________________________
Valora os teus logros sen estrés, nin agobios... Podes contestar todas as veces que queiras.