Blogues
FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO CURSO 2024/2025
Posted Maio 20th, 2024 by adminFondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar
Curso 2024/2025
Prazo de solicitude: do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos
Texto da convocatoria: ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)
Procedemento administrativo: ED330B
♦ Forma de presentación de solicitudes:
-
Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica [iniciar].
IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.
NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma
- Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar].
-
Presencial manual: cubra os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.
As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.
♦ Documentación complementaria:
- Especificase no artigo 11 da Orde de convocatoria
- NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 12 da Orde de convocatoria]
- A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática
♦ Resumo do fondo e axudas:
♦ Prazos establecidos na convocatoria:
ED330B.
RISCO NO USO DE PANTALLAS INTERACTIVAS
Posted Septembro 22nd, 2023 by adminDesde inicio de curso alertamos ás familias do risco que supón o uso de pantallas interactivas para o desenvolvemento cerebral dos nenos e nenas en idade escolar.
O uso de móbiles e tablets sen control, antes dos 12 anos dificulta o desenvolvemento da corteza prefrontal, concretamente da zona especializada das funcións cognitivas como son, entre outras:
A capacidade de atención
A memoria de traballo
control dos impulsos
A capacidade de reflexionar, planificar e decidir
A xestión das emocións
A tolerancia á frustración
Sen estas capacidades os procesos de aprendizaxe e de socialización tórnanse complicados.
Estes efectos prexudiciais están demostrados con evidencia científica. As aplicacións de xogos e vídeos das pantallas interactivas están especialmente deseñadas con complexos algoritmos para telos o máximo tempo posible xogando, para “enganchar” aos consumidores, non para educalos. A través de rápidas imaxes, luz e sons que sobreactivan a liberación de neurotransmisores como a dopamina, activan mecanismos cerebrais de desexo e de recompensa que xeran adicción.
Ademais destes danos cognitivos evidéncianse atrasos na linguaxe oral, nas habilidades sociais e comunicativas e no comportamento. Ata os 16 anos non se dan as condicións mínimas para que sexa a persoa a que usa o móbil e non ao revés.
Na etapa adolescente están a padecer, ademais de fracaso escolar e ciberacoso, serios problemas na súa saúde mental como son:
- Ø Illamento social
- Ø Alteracións do sono e da alimentación
- Ø Cambios de humor e trastornos de conduta
- Ø Ansiedade e depresión
- Ø Ludopatía
- Ø Consumo normalizado de pornografía (mesmo en idades moi temperás: desde os 8 anos)
Os nenos e nenas en idade escolar non necesitan as pantallas interactivas de móbiles e tablets nin as consolas para entreterse ou encher tempos de espera, non necesitan xogos dixitais adictivos, nin ligar un vídeo tras outro de Youtube ou TikTok. Non necesitan usar nin entreterse con pantallas interactivas que se disfrazan de xogos educativos.
A estimulación e o ambiente no que cada cerebro se desenvolve é determinante para unha boa saúde cognitiva, para un adecuado desenvolvemento intelectual, emocional e social. Eles e elas crecen, aprenden e desenvólvense grazas ao xogo manipulativo e social. O xogo é chave para un desenvolvemento cognitivo e social saudable.
Sen reflexión e toma de decisións por parte das persoas adultas para regular as condicións de uso das tecnoloxías, estes serios problemas, que xa son realidades nas nosas aulas e nas nosas casas, seguirán aumentando.
Desde a escola recomendamos reducir ao máximo- o uso por parte dos nenos e nenas do móbil, tablets e consolas como elemento de lecer.
Tomemos conciencia, está en xogo a saúde mental da nosa infancia e adolescencia.
Setembro 2023
Departamento de Orientación
CEIP O Resío
BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO 2023/24
Posted Maio 8th, 2023 by adminBECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO 2023/24
Prazo de presentación: do 8 de maio ata o 20 de setembro do 2023
Atendendo á publicación no BOE poderán solicitar as axudas "o alumnado que presenten necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais". Así mesmo, poderán solicitar ditas axudas o alumnado con Trastorno do Espectro Autista e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a Altas Capacidades.
"Esta convocatoria inclúe como novidade un subsidio para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización de estudiantes con necesidades específicas de apoio educativo, que terá un importe de 400 euros (...), que se sumará ás cuantías que xa figuraban en convocatorias anteriores, resultando un incremento adicional das axudas." Esta axuda diríxese ao alumando que presentan necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta, trastornos graves da comunicación e da linguaxe, trastornos do espectro autista e altas capacidades intelectuais.
Os umbrais de renta e patrimonio están especificados na convocatoria.
Os solicitantes deben cubrir a solicitude vía Internet.
Toda a información e as explicacións para realizar a solicitude están na seguinte ligazón:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html
Despois de cubrir e pechar a solicitude teñen que imprimila en papel e asinala. Así mesmo, no gabinete psicopedagóxico ao que acode o seu fillo/a terán que cubrir, selar e asinar o seu apartado dos documentos impresos da solicitude.
Posteriormente deberán entregar no Departamento de Orientación do seu centro os papeis impresos de solicitude cubertos, asinados pola familia e selados polo gabinete externo xunto coa documentación requerida: (certificado do número da conta bancaria do alumno/a, e de selo caso, diagnóstico médico do Sergas,certificado de discapacidade e/ ou título de familia numerosa).
Poden comprobar a documentación requerida no seguinte enlace: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/que-necesitas.html
Así mesmo, poden consultar toda a información da convocatoria no seguinte enlace: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html
ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS
Posted Novembro 23rd, 2022 by adminEn adxunto publicase a circular informativa para a elección dos representantes de nais, pais ou titores legais do alumnado ao Consello Escolar.
RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR
Posted Novembro 11th, 2022 by admin1. As eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar realizaranse entre os días 23 e 29 de novembro de 2022, ambos os dous incluídos. A xunta electoral, co fin de que todos os sectores implicados poidan participar, establecerá un calendario para as votacións correspondentes.
2. A xunta electoral regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, segundo a redacción dada polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, constituirase entre os días 2 e 8 de novembro de 2022, ambos os dous incluídos.
3. De conformidade co establecido no artigo 31.b) do Decreto 92/1988, do 28 de abril, é competencia da xunta electoral concretar o calendario electoral. As xuntas electorais terán presente, en todo caso, que o prazo de admisión de candidatos non deberá ser inferior a sete días naturais.
4. Os centros que comezaron o seu funcionamento no curso 2020/21 no curso 2021/22 levarán a cabo a primeira renovación do consello escolar prevista na lexislación vixente, de acordo co calendario xeral previsto nesta mesma epígrafe.
Renovación dos compoñentes do Consello Escolar 2022-2023
Terceiro. Determinación dos membros que se van renovar e períodos de nomeamento
Para determinar os membros do consello escolar que deben ser renovados terase en conta o establecido nos correspondentes decretos polos que se establecen os regulamentos orgánicos.
Modificación do número de compoñentes do Consello Escolar 2022-2023
Cuarto. Modificación do número de membros do consello escolar
Os centros modificarán en cada renovación parcial o número de membros do consello escolar en función do número de unidades que teñan nese momento.
Convocatoria sector pais e nais.
PROA +
Posted Outubro 19th, 2022 by adminHoxe comeza a formar parte do equipo educativo da escola unha nova mestra, a mestra do programa PROA +
NOVO PROTOCOLO DE ACTUACIÓN COVID A 20 DE MAIO DE 2022
Posted Maio 21st, 2022 by adminXúntase o Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022, versión 20/05/2022.
AXUDAS MATERIAL E LIBROS DE TEXTO CURSO 2022/2023
Posted Maio 18th, 2022 by adminNo día de hoxe sae publicada a Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23.
A Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
- O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).
Orde do 29 de abril de 2022 (DOG)
Extracto da Orde do 29 de abril de 2022 (DOG)
A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.farase PREFERIBLEMENTE POR VÍA ELECTRÓNICA.
Na secretaría da esccola recollerase a partir do luns día 23 de maio.
Exercicio fiscal 2020
Anexo I e anexoII para a entrega en secretaría.
ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2022 / 2023
Posted Abril 16th, 2022 by adminComunícase que todas as solicitudes de admisión presentadas en prazo no CEIP. VIRXE DO ROCÍO (O RESÍO), están admitidas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- seguinte ›
- última »