Skip to Content

MAXIA NO NOSO CENTRO

Este mércores tivemos un espectáculo de maxia onde a rapazada puido ver algúns trucos de ilusionismo.

CHARLA SOBRE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL

Para que o alumnado do centro se acepte máis a si mesmos e ós seus compañeiros/as tiveron unha charla sobre educación afectivo-sexual.

CONTACONTOS DAS LETRAS GALEGAS 2024

Para homenaxear á escritora Luísa Villalta viñeron ó colexio a contarnos algunhas historias e obras súas.

OS MAIOS

Este ano o alumnado deste colexio fixo unha serie de actividades conxuntas para celebrar os Maios, a festa coa que se celebra a primavera. Decoramos plantas, cantamos coplas e bailamos cancións.

Álbum: Curso 2023-24 -> OS MAIOS

MENÚ XUÑO 2024

MENÚ MAIO 2024

COME LOCAL

O CEIP Virxe do Portal de Sobrado é un dos centros escolares participantes na IV edición da "COME LOCAL", campaña para promocionar os produtos galegos de proximidade e con indicativo de calidade, impulsada pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (@experienciasdecalidadegalicia).
Entre outras cousas, estase achegando varios produtos galegos con certificado de calidade (DOP, IXP e Ecolóxicos de proximidade) a cada un dos comedores para dar a oportunidade de que os nenos e nenas poidan degustar varios produtos dunha excelente calidade con orixe Galicia e cunha trazabilidade garantida.
A este centro xa chegaron produtos como o queixo da DOP San Simón da Costa, un alimento dunha calidade excepcional que fixo as delicias dos seus comensais, como podemos ver nas imaxes. Tamén puideron probar xa tenreira da IXP Ternera Gallega e polo ecolóxico.
Outras das accións que se están a facer dentro desta campaña, é o establecemento de sinerxías con produtores galegos con certificado de calidade DOP, IXP e Ecolóxico de proximidade; axuda con ferramentas que faciliten o cálculo do gasto “escandallo”; accións formativas dirixidas a equipos de cociña, equipos directivos e estudantes; e asesoramento ao persoal de cociña sobre aprovisionamento.
 
#volveaComeLocal #GaliciaEtiquetaCalidade #Comelocal2023 #ExperienciasDeCalidadeGalicia

#CalidadeAlimentaria #GaliciaComeLocal #Axenda2030 #ODS2 #ODS4 #ODS8 #ODS11 #ODS12 @slowfoodcompostela

 

 

MENÚ ABRIL 2024

MENÚ MARZO 2024

MENÚ XANEIRO 2024

Distribuir contido


by Dr. Radut