A HORTA DO COLEXIO

  Hoxe foi o día grande do entroido no colexio.

   Dentro do tema do entroido COIDA A TÚA SAÚDE, hoxe tocoulle o turno á comida saudable.  Por iso, nos disfrazamos de hortalizas e agricultores para potenciar o consumo de verduras.

   Ademais dentro do proxecto Voz Natura, como este ano está adicado a horta; quixemos resaltar o seu tema:

   Os nenos e nenas do PAI e os de Educación Infantil foron os agricultores encargados de sementar a horta:

   E os de Primaria eran as riquísimas hortalizas que deu a nosa horta; remolachas foi a colleita do 1º ciclo, cenorias os pouquiños que estaban de 2º ciclo e patacas os maiores de 3º ciclo. Os disfraces están pintados sobre sacos de papel de fariña e pienso xa que o papel é mais ecolóxico que as bolsas de plástico. Ademais o papel; ao ser de cor marrón semella a terra na que están sementadas as hortalizas.

    Para animar e reforzar a idea da importancia do consumo de verduras; cantamos a canción A comer verdura do grupo Cantando aprendo a hablar

 

 

    Pero un día é un día; e hoxe como estamos de festa, Dunia representando ao Concello, repartiulles unhas bolsas de chuches e papelillos.

No seguinte vídeo podedes ver como disfrutaron os alumnos da festa que houbo a continuación

   Pola tarde cada neno, puido disfrazarse do que quixo. Así encontramos polo centro princesas, superheroes, rockeras, animadoras, médicos, ninjas...

 

 

   Podedes ver todas as imaxes deste día con todolos nenos disfrazados; na galería de imaxes.

GALERÍA DE IMAXES