E-TEXTILES. OBRADOIRO VOLUNTARIADO DE LECTURA - A (12/6/2019)

    Xunto con otras nove bibliotecas de colexio galegos, o equipo de Biblioaxudantes do noso centro foi seleccionado na convocatoria de VOLUNTARIADO DE LECTURA-A para o curso 2018/19 na que se lle recoñece o traballo de colaboración que veñen desempeñando os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria nas bibliotecas escolares de forma voluntaria en actividades de xestión, organización e lecturas compartidas dentro do centro.

    Por esta selección, recibimos no centro un obradoiro sobre E-textiles da man de Paola Guimerans.
Os E-téxtiles , coñecidos como wearables, téxtiles intelixentes, electrónica vestible DIY ou soft circuits, aínda que son pouco coñecidos, forman parte da educación innovadora do século XXI.


   Primeiro Paola achegounos ao mundo dos E-textiles ou textiles electrónicos, explicándolles aos nosos alumnos que son teas nas que se integran elementos eléctricos ou eletrónicos como microcontroladores, sensores, baterías.. que permiten que a roupa reaccione, envíe información ou interactúe co entorno.

    Unha vez que sabiamos o que íamos a facer, comezamos o obradoiro. Cada biblioaxudante contaba cun kit  para elaborar o seu e-textil consitente nun portabaterías impreso coa 3D (https://www.thingiverse.com/thing:2663569 by enauman) previamente preparado como podedes ver no vídeo, tea, fieltro, pila 3V, led, pinzas cocodrilo, agulla e fío condutor.
 

  Para comezar familiarizámonos co led recoñecendo das súas patiñas cal é a positiva (a larga) e cal a negativa (a corta) para conseguir acendelo uníndoo co lado correcto do portabaterías: primeiro paso para que se acenda.

    Despois chegou a parte de... COSER!! E a psicomotricidade resultoulles bastente difícil!!
A primeira costura debía unir a parte positiva do Led coa parte positiva do portabaterías seguindo o esquema. Despois de cosido, comprobamos coas pinzas de cocodrilo que as conexións están ben feitas.
    As seguintes costuras debían unir a parte negativa do led coa negativa do portabaterías; pero para fabricar un interruptor que acenda o led cando nos queiramos, en vez de facelo directamente utilizamos o fío condutor para levar a electricidade ata as dúas extremidades.

  A continuación unimos as extremidades ao corpo principal utilizando cinta adhesiva de cobre.

 

   Despois cubrímolas con papel de aluminio de xeito que toda superficie conduza a electricidade, así cando unamos as extremidades pechamos o circuíto da parte negativa. Con isto xa teríamos o noso interruptor feito para poder acender ou apagar o led segundo as extremidades estean pechadas ou abertas respectivamente.
 
  Rematamos cubrindo a parte central do noso boneco cunha tea decorada para que ao pechar as extremidades non fagan contacto cos fíos cosidos nesa parte.
 
Agora só queda pechar as extremidades e que se acenda o led!!
 
 
 
   No tempo que nos quedou, os biblioaxudantes esribiron mini relatos nos que os protagonistas eran as súas novas creacións. Aquí vos deixamos algúns exemplos:

 Érase unha vez un peixe moi torpe ao que de repente un día se lle volveu o nariz verde.
- Por que sería? - preguntábase o peixe sen parar.
El estaba moi preocupado sobre todo porque os seus amigos se rían del; pero un día que estaban xogando fíxose noite e perdéronse... 
menos mal que puideron atopar o camiño de volta coa luz verde do seu nariz!
Desde entón ninguén volveu a rirse del.

Un día pola mañá cedo, Bob Esponja ía a traballar tan contento coma sempre.
Ía tan, pero tan contento que non se decatou de que había unha pedra no seu camiño e...
que credes que pasou?
Pois que tropezou e caeu!!
- Aiiiiiiii, que dolor!!!! - berraba sen parar. Ata dicía que vía as estrelas!
Fíxose tanto dano no nariz que lle quedou vermello por un bo rato!

Érase unha vez unha nena moi diferente da que todos se burlaban porque tiña ás e un nariz luminoso. Pero ela estaba feliz coas súas ás e co seu nariz e nunca lles seguía o roio, realmente lle daba igual o que os demais dicían.
Aínda así un día, decidiu inventar unha historia fantástica para que a deixaran en paz.
Díxolles que tiña ás porque era filla dunha fada e que o nariz era luminoso porque de pequena a súa nai se confundira e en vez de darlle leite no biberón metera sin querer unha poción máxica.
Xa podedes imaxinar que nunca xamais se volveron a meter con ela; non fose a ser que a súa nai aparecera por alí enfadada.

MOITAS  GRACIAS POR  ESTE  RECOÑECEMENTO
E  POR  ESTE  FABULOSO  OBRADOIRO!!
 
E MOITAS  GRAZAS  A  PAOLA!
 
NORABOA  BIBLIOAXUDANTES!!