Para poder acceder aos contidos dos cursos é necesario acceder con dous códigos: o usuario e a contrasinal.
Ditos códigos (persoais e intransferibles) serán novamente proporcionados para o curso escolar 2020/2021, pola dirección do centro ás familias (non serven os do curso pasado).
Para garantir a seguridade é aconsellable non modificar ditos datos nos seus perfís.
Os usuarios atoparán os cursos nas subcategorías creadas dentro de cada categoría. Normalmente só poderán acceder a aqueles cursos nos que estean previamente matriculados.Así dentro da categoría EDUCACIÓN INFANTIL, estarán as seguintes subcategorías:
- Titoría mixta: Propostas, actividades e recursos de carácter global, clasificadas por niveis e por contidos (cursos), polo mestre titor especialista en Educación Infantil.
- Psicomotricidade: Propostas, actividades e recursos de psicomotricidade polo mestre especialista en Educación Física.
- Música: Propostas, actividades e recursos de expresión musical e artística pola mestra especialista en Educación Musical.
- Inglés/Plurinfantil: Propostas, actividades e recursos clasificadas por niveis ou contidos (cursos) de lingua inglesa e plástica en lingua inglesa, pola mestra especialista en Lingua Inglesa.
- Relixión: Propostas, actividades e recursos de relixión pola mestra especialista en Educación relixiosa.
- Alternativa: Propostas, actividades e recursos educativos alternativos á relixión, pola mestra da materia/sesión de Alternativa.
- P.E.L.O.: Propostas, actividades e recursos de apoio e reforzo á estimulación lingüística e oral, polo mestre especialista en Audición e Linguaxe.
- TITORÍA MIXTA DE 1º+2º+3º DE PRIMARIA.- Seguimento, propostas, actividades e recursos referidos ás materias de Lingua Castelá, Matemáticas, Ciencias Sociais, Ciencias da Natureza e Lingua Galega, que aplicarán a mestra-titora do grupo-aula e a mestra de apoio.
- TITORÍA MIXTA DE 4º+5º+6º DE PRIMARIA.- Seguimento, propostas, actividades e recursos referidos ás materias de Lingua Castelá, Matemáticas, Ciencias Sociais, Ciencias da Natureza e Lingua Galega, que aplicarán o mestre-titor do grupo-aula e a mestra/e de apoio. (O alumnado de 5º e 6º traballará ademais, a través de Eva-Abalar).
- EDUCACIÓN FÍSICA.- Seguimento, propostas, actividades e recursos referidos á materia de Educación Física, que aplicará o mestre especialista EF.
- MÚSICA.- Seguimento, propostas, actividades e recursos referidos á materias de Expresión Musical, que aplicará a mestra especialista EM.
- INGLÉS.- Seguimento, propostas, actividades e recursos referidos á materia de Lingua Estranxeira: Inglés, que aplicará a mestra especialista LI.
- PLÁSTICA/PLURILINGÜISMO.- Seguimento, propostas, actividades e recursos referidos á materia de Expresión Plástica integrada no programa plurilingüe e sección bilingües, que aplicará a mestra especialista LI.
- RELIXIÓN.- Seguimento, propostas, actividades e recursos referidos á materia de Educación Relixiosa Católica, que aplicará a mestra especialista ER.
- VALORES.- Seguimento, propostas, actividades e recursos referidos á materia de Educación en Valores Cívicos e Sociais que aplicará a mestra que a imparte.
- INFORMÁTICA/DIGICRAFT.-Seguimento, propostas, actividades e recursos referidos á materia optativa do centro de Informática: programa DIGICRAFT que aplicará o mestre que a imparte.
- AUDICIÓN E LINGUAXE.- Seguimento, propostas, actividades e recursos para o alumnado que precisa de apoio e reforzo educativo, que aplicará o mestre especialista en AL.
- PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA.- Seguimento, propostas, actividades e recursos para o alumnado que precisa de apoio e reforzo educativo, que aplicará o mestre especialista en PT.
O profesorado tamén poderá acceder á categoría de FORMACIÓN PROFESORADO para o desenvolvemento daqueles cursos PFPP en rede, planificados na formación do propio centro.