Skip to Content

CEIP Virxe da Barca - Rúa Enfesto, 13, 15124 Muxía  (A Coruña) - 881880794

Secretaria

Terceiros clasificados nos premios educativos INNOVAGAL.

No día de onte, a Consellería de educación otorgou á nosa escola o 3º premio INNOVAGAL por considerarnos un dos centros do ámbito galego comprometidos coa innovación educativa.

 Cun clic sobre a imaxe accédese a ligazón da resolución

PROCEDEMENTO PARA DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS EN EDUCACIÓN PRIMARIA.

Facilitamos información sobre a  Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.
 Poderá optar as máscaras:

  1. O alumnado que fora beneficiario da  axuda de material escolar no curso 2020-2021 e xa non deberán presentar nada máis.
  2. O alumnado non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 e que cumpra algunha das seguintes condicións debera cubrir a solicitude mediante o ANEXO I (que poden descargar ou solicitar no centro):

•    Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
•    Alumnado matriculado en educación especial.
•    Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
•    Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

A solicitude poderase entregar no centro previa cita xunto co libro de familia e o ANEXO II ata o 27 de novembro.

DOCUMENTACIÓN IMPORTANTE

Tal e como figura no plan de acollida, cada mañá debedes incorporar a vosa rutina diaria a enquisa de autoavaliación clínica, co fin de comprobar se o voso fillo/a presenta síntomas compatibles co COVID 19.  
Ademais debedes entregar no centro asinada a declaración responsable onde vos comprometedes a realizar a enquisa de autoavaliación cumprindo o establecido.
Déixanse os documentos enlazados.

DOCUMENTOS PARA A MATRICULACIÓN DO NOVO ALUMNADO.

Para matricular ao novo alumnado, a partir do 1 de xullo, é preciso a seguinte documentación:

  • Formulario de matrícula (preme para descargar).
  • Impresos de autorización.
  • Certificado médico de enfermidades ou alerxías coñecidas, no caso de telas.
  • 2 fotografías tamaño carnet.
  • Copia da cartilla das vacinas.
  • Copia da taxeta sanitaria.
  • Certificado de empadroamento.

O formulario de matrícula e os impresos de autorización serán facilitados no centro.

 

AXUDAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020-2021

Hoxe saíu publicada no DOG a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21, polo que se abre o prazo para presentar as solicitudes desde mañá mércores 20 de maio ata o venres 19 de xuño de 2020.

Poderán beneficiarse desta axuda as familias  das nenos que no vindeiro  curso  estean en primaria e cumpran a condición de ter unha renta per cápita familiar igual ou inferior a 10.000€ (para libros de texto) ou igual ou inferior a 6.000€ (para material escolar). A renda será a do exercicio 2018.

As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na páxina web https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Tamén poderán presentala no colexio solicitando cita previa no teléfono do centro (881880794). Neste caso deberán aportar:
-Libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar.
-No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar a 31 de decembro de 2018 non coincide coa actual poderá presentarse sentenza xudicial de separación ou divorcio, ou de ser o caso convenio regulador onde figure a custodia; certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos sociais.
-Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
-Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (Lei 11/2007 do 27 de xullo).

Os que desexen cubrir os anexos para presentantalos de forma presencial poden descargalos AQUÍ

As axudas correspondentes ao alumnado de 2º de primaria faranse igualmente,  presentándoas ben no CEIP Os Muíños (solicitando cita  vía telefónica) ou por vía electrónica.

Cando a presentación se faga no centro, acudirá unha soa persoa sen acompañantes. Lémbrase que debemos cumprir unhas normas de seguridade, polo que deberán vir con mascarilla e guantes. Xa na entrada completarán o proceso de hixiene de mans co desinfectante que alí se atopa e en todo momento deberá gardarse a distancia de seguridade.

 Clicando as partes de texto azul subliñadas accédese ao documento ou páxinas en cuestión.

 

CONSULTA DOS BOLETÍNS DA 2ª AVALIACIÓN COA APLICACIÓN ABALAR MOBIL

 

Para poder acceder ás notas dos vosos fillos e fillas, que dende a mañá do xoves día 2 de abril estarán colgadas, debedes descargar nos vosos teléfonos móbiles a aplicación abalarMóbil. Deixo un vídeo explicativo do proceso de descarga e rexistro.

 

EDUCLAN PARA INFANTIL.

Volvo a colgar o recurso educactivo para nenos/as de 3 a 5 anos ao que podedes acceder dende a web da canle.

Clic enriba da imaxe para acceder 

HORARIOS CLAN TV PARA PRIMARIA

Informo do horario de emisión de CLAN TV para o alumnado de primaria. Nesa canle haberá clases das distintas materias para cada día da semana dende mañá de 9 a 10.

CORREOS DAS MESTRAS E MESTRES.

Co fin de favorecer un trato máis directo e individual, facilitamos as contas de correo electrónico dos mestres do centro. Así poderán contactar con eles e elas por todas as dúbidas e nocións ralativas o proceso de ensinanza/aprendizaxe dos nenos e nenas durante esta situación!

MARI: mhaz@edu.xunta.gal

FANI: estefaniatrillocarballo@edu.xunta.gal 

UBALDO: ubaldocousorodriguez@edu.xunta.gal 

LIDIA: lidia.calvelo.reyes@edu.xunta.gal 

SONIA: soniap@edu.xunta.gal 

Distribuir contido


by Dr. Radut