Skip to Content

CEIP Virxe da Barca - Rúa Enfesto, 13, 15124 Muxía  (A Coruña) - 881880794

Biblioteca

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020!

 

 

 

Hoxe conmemoramos o Día das Letras Galegas! Debido ás especiais circunstancias en que se celebra este ano, a editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon no Portal da Lingua Galega, a disposición dos máis pequenos da casa, un novo volume da colección As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero.

Pincha na imaxe para acceder ao libro

 

 

 

Esperamos que vos guste!

 

GaliciaLe!

Con motivo do Día Internacional do Libro, que foi o 23 de abril, aquí vos deixamos un enlace para poder acceder ao préstamo de obras en formato electrónico e gratuíto gracias a plataforma GaliciaLE.

Que é GaliciaLe?

GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.

GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.

En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.

 

 Aproveitade este interesantísimo recurso e a ler!

Distribuir contido


by Dr. Radut