Skip to Content

CEIP Virxe da Barca - Rúa Enfesto, 13, 15124 Muxía  (A Coruña) - 881880794

Quenes somos

 

C.E.l.P. " VIRXE DA BARCA " conta con 4 unidades creadas, distribuídas do seguinte modo:

2° Ciclo de Educación Infantil:

3º Nivel e 4º e 5° Nivel agrupados.

  

1° Ciclo de Educación Primaria:

 1° Nivel e  2° Nivel agrupados.

 

    O C.E.l.P." VIRXE DA BARCA" é un Centro incompleto xa que o 2° e o 3° Ciclo de Educación Primaria están escolarizados no C.E.l.P. " OS MUIÑOS", vila distante a uns 3 kms de Muxía.

     O grupo docente está formado por 2 mestras de Educación Infantil e 3 especialistas, un en Música, outra en Inglés e outra en Pedagoxía Terapéutica, que realizan ademais funcións titoriais e de apoio á titoría. Acude ó Centro unha mestra de Relixión, impartindo esta materia nas tres aulas, unha orientadora os mércores e unha especialista en Audición e Linguaxe os venres.

       Tamén contamos cun conserxe que nos axuda e se implica moito.

                                        

    Este Centro ten unha nova ubicación desde mediados do curso 1.998 -99. É, por tanto, un edificio novo con modernas instatacións que ten en conta a eliminación de barreiras arquitectónicas (ascensor, servicios adaptados para minusválidos, rampa de acceso,...).

    Conta coas seguintes dependencias:

    No soto hai un ximnasio cos correspondentes servicios e coas instalacións da caldeira de calefacción, maquinaria do ascensor,... e un  patio de cemento con distintos xogos.

    Na planta principal están as aulas de Educación Infantil, a sala de mestres, despacho de Dirección e de Orientación, Conserxaría, os baños e no exterior o patio de Educación Infantil.Nun andar inferior a este, baixando unhas escaleiras está o patio de primaria.

    Na primeira planta hai 2 aulas de Educación Primaria, uns baños, unha aula de Educación Musical e unha biblioteca, que tamén realiza funcións de sala de proxeccións e de Salón de Actos para as diferentes celebracións do Centro.

 



page | by Dr. Radut