Skip to Content

4º5º6º INF A

4ª MISIÓN

Ola familias!!!

A Raiña Dourada espera que esteades todos ben de saúde e de ánimo.

Xa lle chegaron noticias de que estabades traballando moito para ser cabaleiros e cabaleiras.

Agora ten unha nova misión para vós.

 

4ª MISIÓN

A Raiña pensa que xa que queredes ser cabaleiros tendes que saber cousas de como eran, como se preparaban para defender ao rei e á raiña..e por esi a continuación vai un documento supersecreto con todo o que tedes que saber sobre os cabaleiros, nel xa vos explica a Raiña o que quere que fagades nesta misión.

Moito ánimo!!!

 

Un saúdo da Raiña Dourada e o seu equipo.

A MOVERSE

LÓXICO- MATEMÁTICA

Imos facer algunhas actividades lóxico- matemáticas con cousas que tedes na casa.

-        

Contar cousas que temos na casa, sillas, cadros, ventás etc.

-        

Facer series con cousas da casa. Por exemplo colocar, garfo, culler, garfo, culler..

-        

Aquí vos queda un vídeo con series para practicar.

 

-        

Poden tamén practicar nun folio. Debuxar un círculo vermello, un cadrado verde, círculo azul, cadrado verde…

-        

Pódeno facer tamén con froitas, outros debuxos ect.

 

Máis xogos con diversas actividades. Labirintos, arrastar,  memorizar, ect.

Xogos de habilidade, memoria, creación, lóxica e atenión.

 

 

 Espero que pasedes unhas boas vacacións de semana santa e recordade que o máis importante é que esteades todos ben.

Oxalá nos vexamos pronto.

Unha aperta.

3ª MISIÓN

 

Ola! Bos días!

A Raiña Dourada ten unha nova misión para os nenos e as nenas.

No archivo adxunto tendes un documento para que lean os nenos ou lle leades vós sobre a vida na época medieval.Ademaís dun pdf con ideas para facer a coroa.

Coma sempre, son actividades voluntarias e sempre as podedes adaptar ás vosas posibilidades e ás características dos vosos peques.

Para esta misión vamos pedirvos diferentes tarefas dependendo do curso así que, se queredes, podedes entrar no apartado de cada curso.

3ª MISIÓN

Queridos alumnos/as, preciso da vosa axuda para unha nova misión:

O Marqués de Carabás do reino de IRÁS E NON VOLVERÁS, invitoume a unha festa, pero teño un problema, non atopo unha coroa bonita para tal evento, polo que preciso que me fagades unha, pero ten que ser unha especial con moitas cores e cuns elementos moi especiais que vos conto a continuación, prestade moita atención para facela ben porque son uns dilemas para o Marqués.

 

A coroa ten que levar ademáis de todo o anterior:

6º INF

 

-Tantas fabas como días hai en dúas semanas deste mes.

-Tantas lentellas como poidas contar cos dedos das túas mans e dos teus pés + 33.

-Tantos grans de arroz como 5 veces os dedos das dúas mans menos 10.

 

5º INF

-Tantas fabas como a suma  dos meus ollos, o meu nariz, a miña boca e as miñas orellas.

-Tantas lentellas como a suma dos dedos dunha man e os dedos da outra.

-Tantos grans de arroz cono a suma dos nenos e das nenas que hai na clase dos azuis.(10+5).

 

4ºINF

-Tantas fabas como dedos tes nunha man.

-Tantas lentellas como nenos e nenas hai na clase de 3 anos(7)

-Tantos grans de arroz como o número de brazos tes.

 

A Raiña Dourada  e o seu equipo esperamos que vos atopedes todos moi ben. Moito ánimo e apertas.

REPASO VOGAIS E NÚMEROS

 

Esta semana imos a repasar algunhas vogais e os números que xa coñecen.

 

Imos facelo de diversas formas:

 

-          Discriminación visual: os nenos e nenas deben buscar vogais nas palabras polas diferentes partes da casa, no dormitorio (contos, caixas de xogos, xoguetes..), no baño (gel, pasta de dentes), na cociña (paquete de legumes, botella de vinagre…) etc

 

Tamén poden intentar recoñecelas nos seus nomes ou no dalgún familiar, papá, mamá, irmáns…etc.

 

-          Discriminación auditiva: decir palabras que comecen ou que teñan unha determinada vogal.

 

 

 

-          Grafía das vogais: No cole xa traballamos a súa escritura asiq imos a practicar algunhas.

 

Déixovos nos seguintes enlaces algunhas cancións e contos que empregamos para aprendelos. Adxunto tamén algunhas fichas que podedes imprimir se tedes impresora na casa.

 

Que as repasen primeiro con lapis e logo cun rotulador e se nn tedes con pinturas.

 

- Canción do número 1

 

- Canción do número 2

 

 

- Canción da raíña A.

 

- Conto da raíña A.

 

- Canción do príncipe E.

 

- Conto do príncipe E.

 

 

 

Espero que os cativos se estean portando ben e levando estas semanas o mellor posible. Moito ánimo.

 

Seguiremos en contacto.

 

Un saúdo

 

Enlaces a xogos, contos e cancións

Suxerencias para a corentena

Distribuir contido


by Dr. Radut