Skip to Content

4º5º6º INF A

DISCRIMINACIÓN VISUAL

Ola nenos e nenas!

Déixovos nestes enlaces actividades de discrimación visual.

CAL É DIFERENTE?

UNIR COA SUA COR

SERIES

SERIES 2

PUZZLE

 

 

INGLÉS INFANTIL A-XOGOS DE REPASO

HELLO! AQUÍ VOS DEIXO ALGÚNS XOGOS PARA REPASAR AS PARTES DA CARA, AS CORES E UNHA HISTORIA DE ARCHIE PARA DISFRUTAR.

FACEDE CLIK NA LIGAZÓN

TEACHER LETICIA

PARTS OF THE FACE 1

PARTS O THE FACE 2

COLOURS 1

COLOURS 2

HISTORIA

vamos amover el cuerpo

 

 
What do you want to do ?

New mail

 
What do you want to do ?

New mail

VOGAIS

Ola rapaces!

Imos a practicar un pouco as vogais. Déixovos un xogo no que podedes repasar as letras co rato do ordenador, distinguir letras e realizar xogos con elas.

XOGO

Unha aperta.

INGLÉS INFANTIL A - XOGOS E ACTIVIDADES (SEMANA 27-4)

Aquí tedes novas cancións, actividades e xogos para practicar o inglés para esta semana.

Esta vez tocan as cores.

Facede click nas imaxes.

Teacher Leticia.

 1.Rainbow song. Intentade apreder a canción. Logo podedes debuxar un arco da vella(arcoiris)e practicar as cores. Podedes gravarvos e enviarme o video ou o voso arco da vella ao correo ceip.virxe.covadonga@edu.xunta.es .Teño moitas gañas de vervos

Ilustración DE Un Arco Iris Con Diversión Nubes Vector

2. Nestas ligazóns tedes xogos para practicar as cores. Facede click nas imaxes 

 

 

My Second English Blog: Unit 1: Let's Play with New Treetops 2 ...

 

 

3. Agora podedes practicar na seguinte ficha. Non fai falta que a imprimades, podedela facer directamente no ordenador, móbil ou tableta.

 1.

 

2.

Live Worksheets

 3.

Live Worksheets

 

LIBRO NO DÍA DO LIBRO

Deixámosvos un documento cun enlace no que podedes personalizar co nome dos vosos nenos un libro para colorear, por se vos interesa.

MOITOS ÁNIMOS!!!!

As profes .

Adxunto Tamaño
libro superheroes.pdf 519.48 KB

DÍA DO LIBRO

Ola familias, Bo día!!!!

Hoxe é un dia moi especial para o cole, un  día de conmemoración que seguramente estariamos celebrando se as circunstancias fosen outras. Pero non queremos quedar se celebración, aínda que sexa a distancia celebremos  O DÍA DO LIBRO

Así que a RAIÑA DOURADA e o seu equipo envíanvos unhas cantas cousas. para empezar un conto sobre San Xurxo e o dragón xa que hoxe tamén é o seu dia e á RAÍÑA encántalle as historias de cabaleiros(como non podia ser doutro xeito).  e unha manualidade para facer marcapáxinas fáciles e orixinais.

 

Moitos ánimos a todos, XA QUEDA MENOS.

Un saúdo da RAÍÑA DOURADA e do seu equipo.

 

 

5ªMISIÓN 2ª PARTE

Ola familiass!

Que tal estades? Esperamos que todos ben.

Temos unha nova parte da MISIÓN da RAIÑA DOURADA. Seredes quen de levala a cabo?

 

6ºINF

Para levar a cabo esta misión debedes ler o documento secreto da RAÏÑA.  Despois coa axuda dalgún maior, debedes buscar letras en periódicos e revistas e completar os nomes das armas de asedio.

E por último, tedes que fabricar unha catapulta, hai varias formas de facelo, escolledes a que mais vos guste e  A TRABALLAR!!!!

 

5ºINF

Para facer esta misión con éxito tedes que estar moi atentos ao que vos van a ler os maiores.

Despois tedes que buscar en periódicos e revistas as letras que necesitedes para formas a palabra catapulta e pegalas no orden correcto.

Tamén tedes un debuxo dunha catapulta para que copiedes ou calquedes para colorealo ou se preferides podedes debuxar cada un a súa.

Por último debedes construír unha catapulta. No documento tendes varios exemplos.

 

4ºINF

Moi atentos pequenos cabaleiros ao que vos van a contar os maiores.

Tedes que buscar algunha letra que saibades na palabra CATAPULTA e arrodeala, despois podedes debuxar, copiar ou calcar a catapulta do documento e por último fabricar unha catapulta, veredes que divertido.

 

MOITO ÁNIMO FAMILIAS E MOITA SAÚDE DE PARTE DA RAÍÑA DOURADA E O SEU EQUIPO.

5ª MISIÓN 1ª PARTE

Ola familias temos unha nova MISIÓN da Raiña Dourada:

 

" Queridos súbditos, pensei que vos forades de vacacións, pero xa me contaron que non, que estabades na casa traballando un montón para poder ser cabaleiros e cabaleiras.

Como xa sabedes un montón sobre as armaduras,  para a seguinte misión teredes que seguir aprendendo cousas sobre as armas.

Os mensaxeiros reais ensinaranvos un documento secreto sobre as armas que poden empregar os cabaleiros".

6ºINF

Tedes que ler moi atentamente o documento que vos envía a RAIÑA, e ao rematar debuxar e colorear cada arma e escribir o seu nome..

Adeante, vós podedes!!!

5ºINF

Unha persoa maior vaivos ensinar as armas e decirvos as súas características.  Despois podedelas debuxar, calcar  ou repasar e colorear  e escribir o nome de cada unha con letras maiúsculas, ou que volo escriban e vos colocádelo no lugar correspondente.

Ánimo, que vós podedes!!!!

4ºINF

Un adulto ( axudante da raiña) vaivos ler unha cousa moi importante. Despois teredes que repasar ou calcar os debuxos e colorealos y dicir como se chama cada arma ou colocar o nome ( que vos escribirá un axudante) ao lado de cada arma.

Veña que vós podedes!!!

INGLÉS INFANTIL A - CONTO (SEMANA 20-4)

Hello! Aquí vos deixo un conto e unhas actividades.

Teacher Leticia.

Brown Bear (Brown Bear and Friends): Amazon.es: Martin Jr. Bill ...

Distribuir contido


by Dr. Radut