1
EDUCACIÓN VIARIA
Educación Física. CEIP Vilaxoán
Materia: Educación Física
Temática:Educación Viaria
Nivel: Educación Primaria
Descrición:Actividades dirixidas ao coñecemento das normas e sinais viarias que empregan como peóns e ciclistas.
Obxectivo:Coñecer e identificar distintos sinais e normas viarias.
Estratexia: Utilización do libro Lim para presentar ao alumnado as principais normas e sinais viarias.
O libro complétase co xogo "Educación viaria co que o alumnado pode competir de forma lúdica para descubrir quen sabe máis sobre as normas e os sinais viarios.

  • OBRIGATORIOS
    Os sinais que fan os axentes viarios teñen preferencia fronte aos semáforos, marcas viarias e outros sinais e son de obrigado cumprimento.

  • ÓPTICOS
    Os sinais ópticos son realizados polos axentes empregando os seus brazos, luces ou bandeiras.

  • ACÚSTICOS
    Os sinais acústicos realízanse mediantes toques de silbato.

  • ABAIXO
    Se o axente ten os brazos abaixo indica vía libre para todos polo que podes continuar seguindo as indicacións dos sinais, semáforos e outras marcas viarias.

  • VERTICAL
    Se o axente ten un brazo levantado verticalmente tes a obriga de deterte e esperar o seu sinal para poder continuar a marcha.

  • HORIZONTAL
    Se o axente ten un ou os dous brazos extendidos horizontalmente tes que parar se te achegas a el de fronte ou por detrás pero podes seguir se te achegas por un lateral e o ves de perfil.

  • DE ARRIBA A ABAIXO
    Se o axente move o brazo horizontalmente de arriba a abaixo tes que ir máis despazo se te achegas a el de fronte ou polas costas vindo dende o lado do brazo que se move.

  • BALANCEO LUZ
    Se o axente balancea unha luz vermella ou amarela tes que parar se ves pola vía que está sinalando coa luz.

  • PITIDOS CURTOS
    Os pitidos curtos e seguidos do axente indican que hai que parar, acompáñanse do levantamento dun brazo.

  • PITIDO LONGO
    Un pitido longo do axente indica que hai que continuar, vai acompañado do movemento do brazo dobrado de diante cara atrás.

  • QUE SON?
    As marcas viarias son as liñas, os símbolos ou figuras, as palabras e os números que están pintandos no pavimento das estradas.
    As marcas viarias poden ser de cor branca, amarela ou azul.
    Utilízanse para regular a circulación advirtindo ou guiando aos usuarios das estradas.
    Poden empregarse soas ou acompañadas doutros sinais explicativos.



  • LIÑA CONTÍNUA
    O conductor non pode sobrepasar, pisar ou circular pola esquerda dunha liña contínua que separa os dous sentidos da circulación.
    Non se pode adiantar cando hai liña contínua.

  • LIÑA DISCONTÍNUA
    A liña discontínua separa os dous carriles da estrada.Non se pode circular sobre ela salvo que sexa preciso e a seguridade o permita, por exemplo para adiantar a outro vehículo ou para realizar un xiro.

  • DÚAS LIÑAS
    Cando no centro da estrada hai dúas liñas, unha contínua e outra discontínua, o conductor só debe ter en conta a liña máis próxima a súa esquerda

  • LIÑAS DE BORDO
    As liñas de bordo delimitan lateralmente a estrada. Poden ser discontínuas nalgúns tramos para permitir os xiros.
    As liña de bordo tamén delimitan trasversalmente os estacionamentos.

  • MARCA TRANSVERSAL
    As marcas transversais son liñas pintados ao ancho dun ou máis carriles.
    Se a liña é contínua o vehículo debe pararse completamente antes de continuar.
    Se a liña é discontínua o vehículo debe pararse se ten que ceder o paso a outro.

  • PASO DE PEÓNS
    Son liñas paralelas moi anchas pintadas no ancho da estrada.
    Utilízanse para que pasen os peóns, tendo os vehículos que deterse para cederlles o paso.

  • CEDA O PASO
    Un triángulo pintado na estrada, co ángulo menor apuntado ao vehículo indícalle que ten que ceder o paso aos vehículos que se atope no cruce.

  • STOP
    A palabra STOP pintada na estrada indica ao vehículo que ten que deterse completamente no próximo cruce para ceder o paso aos outros vehículos.

  • LÍMITE DE VELOCIDADE
    Un número dentro dun círculo pintado na estrada indica a velocidade máxima á que pode circular o vehículo, expresada en quilómetros por hora.

  • FRECHA DE SAÍDA
    As frechas de saída indican ao vehículo o lugar por onde poden comezar a cambiar de carril para acceder a un carril de saída da estrada pola que circula.

  • QUE É?
    O semáforo é un poste con sinais luminosos automáticos que regulan e controlan o tráfico nos cruces.

  • SEMÁFORO VEHÍCULOS
    O semáforo dos vehículos ten tres luces:
    - Vermello (arriba) prohibe pasar.
    - Ámbar ( no centro) indica que o semáforo vai a cambiar de verde a vermello, os vehículos deben parar, non poden pasar.
    -Verde (abaixo) permite pasar.

  • SEMÁFORO DE PEÓNS
    O semáforo de peóns ten dúas luces:
    - Vermello (arriba) prohibe pasar
    - Verde (abaixo) permite pasar

  • COMO SON
    Os sinais de obrigación están formadas por un círculo azul co bordo branco e no centro tamén en branco o motivo indicativo do sinal.

  • CARRIL CICLOS
    Este sinal obriga aos conductores de ciclos e ciclomotores a circular polo carril no que se atopa.
    Non pode ser utilizado o carril por outro tipo de vehículos.

  • ESTRADA AUTOMÓBILES
    Este sinal indica que os automóbiles teñen a obligatoriedade de circular pola estrada na que se atopa.

  • CAMIÑO DE PEÓNS
    Este sinal indica que os peóns teñen a obriga de utilizar a vía no que se atopa.
    Os vehículos non poden utilizar esta vía.

  • INSERCCIÓN DE XIRO
    Este sinal indican unha insercción de sentido xiratorio obrigatorio.
    As frechas sinalan a dirección e o sentido do xiro que deben seguir os vehículos.

  • SENTIDO OBRIGATORIO
    A frecha deste sinal indica a dirección e o sentido que os vehículos teñen que seguir de forma obrigatoria.
    Non se pode cambiar a dirección e o sentido da marcha.

  • PASO OBRIGATORIO
    A frecha deste sinal indica o lado da isleta ou obstáculo polo que deben de pasar de forma obrigatoria os vehículos.


  • VELOCIDADE MÍNIMA
    O número mostrado neste sinal indica aos vehículos á obligatoriedade de circular como mínimo a dita velocidade.

  • COMO SON
    Os sinais de perigo están formadas por un triángulo vermello co fondo branco sobre o que se amosan en negro os motivos indicativos do sinal. Ante este tipo de sinais hai que extremar a precaución e reducir a velocidade.

  • SEN BARREIRAS
    Este sinal indica perigo debido a que nas proximidades hai un paso a nivel sen barreiras polo que é necesario aminorar a velocidade ou parar antes de cruzalo.

  • CON BARREIRAS
    Este sinal indica perigo debido a que nas proximidades hai un paso a nivel con barreiras polo que é necesario aminorar a velocidade e parar se as barreiras están baixadas.

  • NENOS E NENAS
    Este sinal indica perigo debido á proximidade dunha zona na que pode haber nenos e nenas polo que é necesario reducir a velocidade.


  • CURVA PERIGOSA
    Este sinal indica que na estrada hai unha curva perigosa cara o lado que indica a frecha polo que hai que extremar a precaución.

  • CICLISTA
    Este sinal indica perigo pola proximidade de ciclistas na estrada polo que é necesario extremar a precaución.

  • PASO DE PEÓNS
    Este sinal indica perigo pola proximidade dun paso de peóns na estrada polo que é necesario extremar as precaucións e reducir a velocidade.

  • INTERSECCIÓN
    Este sinal indica perigo pola proximidade dunha intersección na que se van a incorporar outros vehículos polo lateral indicado na mesma.
    Ditos vehículos teñen a obriga de cedernos o paso pero temos que reducir a velocidade e extremar as precaucións.

  • COMO SON
    Os sinais de prohibición están formados por un círculo vermello co fondo branco sobre o que se amosa normalmente en negro o indicativo ao que se refire dito sinal.
    Ante este tipo de sinalmhai que cumpri o que indique para garantir a nosa seguridade e a dos restantes usuarios da vía.




  • FIN PROHIBICIÓN
    Os sinais de fin de prohibición están formados por un círculo negro co fondo en branco sobre o que se sitúa en gris o motivo indicativo do sinal.
    Dito motivo está cruzado por unha banda negra en diagonal.
    Estes sinais indica que rematou a prohibición amosada con anterioridade.
    Se non se amosa ningún motivo indicativo, o sinal indica o fin de todas as prohibicións amosadas anteriormente.

  • CIRCULACIÓN
    O sinal de circulación prohibida indica que por esa vía non pode circular ningún vehículo en ningún dos dous sentidos.
    Só poden pasar por ela os peóns.

  • DIRECCIÓN
    O sinal de dirección prohibida indica que os vehículos non poden circular por esta vía pero só nesa dirección polo que si poden vir no outro sentido.

  • ADIANTAR
    O sinal de prohibido adiantar indica que neste tramo da estrada non se pode adiantar a outro vehículo de motor, salvo motocicletas e ciclomotores.
    Tamén prohibe cambiar o sentido da marcha.

  • VELOCIDADE MÁXIMA
    O sinal de velocidade máxima prohibe circular neste tramo da estrada a unha velocidade superior a indicada mediante o número.

  • XIRO
    O sinal de xiro prohibido establece que o vehículo non pode cambiar de dirección cara a vía que se atopa no lado indicado pola frecha.

  • NON CICLOS
    O sinal de entrada prohibida a ciclos indica que os ciclomotores non poden entrar por esa vía.

  • NON PEÓNS
    O sinal de prohibida a entrada a peóns indica que os peóns non poden circular por esa vía.

  • PRIORIDADE SENTIDO
    O sinal de prioridade do sentido contrario prohibe a entrada a un paso estreito mentres que non sexa posible atravesalo sen obrigar a deterse aos vehículos que circulan en sentido contrario.

  • DETENCIÓN
    O sinal de STOP indica a obligatoriedade de parar completamente o vehículo antes de próxima intersección de estradas para ceder o paso aos vehículos que circulan pola vía transversal.
    Este sinal de prohibición non é redondo e o seu fondo e todo vermello.

  • ESTACIONAMENTO
    O sinal de estacionamento prohibido indica que non se pode aparcar no lado da vía no que se atopa o sinal.
    Salvo indicación contraria, a prohibición comeza onde se atopa o sinal e remata na seguinte intersección.
    Este sinal non prohibe parar.

  • COMO SON
    Os sinais de información están formadas por un cadrado ou rectángulo azul co bordo e un cadro en branco sobre o que se mostra o motivo do inicativo do sinal.
    Estes sinais indica que preto da mesma atópase o elemento que se mostra na mesma.

  • AUGA
    O sinal de fonte indica que nas proximidades atópase unha fonte pero non informa se a auga é ou non potable.

  • CAFETERÍA
    O sinal de cafetería informa que nas proximidades hai un establecemento de cafería.

  • SENTIDO ÚNICO
    O sinal de dirección de sentido único informa que a estrada pola que se circula é dun só sentido polo que non poden vir vehículos no sentido contrario.

  • PARADA DE AUTOBUS
    O sinal de parada de autobús informa que nas proximidades hai unha parada de autobuses.

  • PASO INFERIOR
    O sinal de paso inferior para peóns informa que nas proximidades hai un paso para peóns por debaixo da vía para que poidan cruzar sen perigo.

  • POSTO DE SOCORRO
    O sinal de posto de socorro informa que nas proximidades hai un centro no que sanitario.

  • PASO DE PEÓNS
    O sinal de paso de peóns informa que nas proximidades hai un paso polo que poden cruzar os peóns.

  • GASOLINERA
    O sinal de surtidor de carburante informa que nas proximidades hai unha gasolinera na que o vehículo pode repostar.

  • TÚNEL
    O sinal de túnel indica que nas proximidades hai un túnel polo que debe reducirse a velocidade e prender as luces do vehículo.

  • CINTO
    É obrigatorio poñer o cinto tanto nos asentos dianteiros como traseiros do coche.
    Tamén hai que poñelo no autobús.

  • SISTEMAS RETENCIÓN
    Os nenos e nenas deben sentarse nos asentos traseiros do coche empregando sistemas de retención infantil adaptados a súa idade. Non poderán sentarse nos asentos dianteiros cando a súa altura sexa inferior a 1,35 metros.

  • CASCO
    Os conductores de motos, ciclomotores e bicicletas deben levar casco.

  • CHALECO
    Pola estrada hai que camiñar polo lado esquerdo da mesma para ver de fronte aos vehículos.
    É necesario levar un chaleco refrectante.

  • TELÉFONO MOBÍL
    Conducindo un vehículo só pode utilizarse o teléfono móbil empregando sistemas de mans libres.

  • LUCES
    Cando se circula en bicicleta pola noite hai que levar luces para que o resto dos vehículos poidan vela.


Cando sexas un peón debes de seguir estas indicacións e cumprir as normas básicas:
- Utiliza as beirrarúas cando camiñes pola cidade e cando pases pola porta dun garaxe fíxate que non estean entrando nin saíndo coches.
- Cruza nos pasos de peóns. Espera na beirarrúa ata que os coches paren totalmente e non esquezas mirár a ambos lados antes de cruzar. Se hai semáforo debes esperar a que estea verde.
- Ao cruzar debes ir en liña recta, rápido pero sen correr.
- Evita cruzar entre os coches aparcados ou preto dos coches que están manobrando.
- Cando teñas que cruzar e non haxa pasos de peóns nin semáforos debes de buscar un sitio no que se vexan vir os coches, mirar a ambos lados e esperar a que non veñan vehículos.
- Se camiñas pola estrada debes levar un chaleco reflectante e circular pola parte esquerda de tal xeito que poidas ver aos coches que veñen de fronte. Se vas en grupo debedes camiñar en fila un detrás do outro.
- Se tes que cruzar nunha estrada debes utilizar os pasos elevados ou subterráneos se os hai.


Cando te movas pola cidade ou pola estrada como ciclista ou patinador debes seguir estas normas:
- Leva sempre posto o casco e se es patinador non esquezas as cóbadeiras e as xeonlleiras.
- Se o hai, emprega o carrilbici.
- Como patinador debes ir pola beira rúa a unha velocidade similar á velocidade dos peóns.
- Non fagas zigzag entre os vehículos nin entre os peóns.
- Emprega os brazos para indicar o lado cara o que vas a xirar. Se vas a xirar cara á esquerda estira o brazo esquerdo pero se vas a xirar cara á dereita dobra o brazo esquerdo en forma de "L".
- Cando vaias en bici e queiras diminuír a velocidade debes indicalo subindo e baixando o brazo esquerdo.
- Mantén a distancia de seguridade cós vehículos.
- Viste de cores claras e se é posible leva elementos reflectantes para que te vexan ben.
- En estrada circula en fila de un polo lado dereito da calzada.
- En zonas na que haxa moitos peóns vai despacio e se é preciso baixa da bici.
- Debes colocar a sela da bici de tal xeito que os pés toquen o chan.
- Non se poden levar pasaxeiros na bici.
- Se é de noite usa chaleco reflectante e luz na bici.
- Non fagas carreiras coa bici ou cos patíns na rúa nin te agarres a un vehículo para ser remolcado.
- Como ciclista non debes superar os 40 Km/h e debes adaptar a túa velocidade as normas do sitio polo que circulas.
- Antes de empezar a circular coa bici debes observar, sinalar o que vas facer e manobrar.
- Se un vehículo vai a adiantarte debes cinguirte á dereita para separarte del.
Cando vaias en coche ou en autobús debes seguir estas normas:
- No coche e no autobús pon sempre o cinto.
- Se é posible baixa sempre do coche pola porta da dereita mirando antes de abrir por se ven algún peón.
- Non empurres ao subir e ao baixar do autobús.
- Non debes ir de pé no autobús nin de xeonllos sobre o asento.
- Ao baixar so autobús non debes cruzar diante del.
- Non baixes do coche ou do autobús ata que estea completamente parado.
- Espera o autobús na beira rúa e non te achegues a el ata que estea completamente parado.
- Non debes sacar a cabeza pola xanela do coche.
- No coche debes de ir no asento adaptado na parte traseira.