1
A. DEPORTIVAS AO AIRE LIBRE
Educación Física. CEIP Vilaxoán
Materia: Educación Física
Temática:Deporte ao aire libre
Nivel: Educación Primaria
Descrición:Actividades dirixidas ao coñecemento das actividades deportivas que ser realizan ao aire libre
Obxectivo:Coñecer e identificar distintas actividades e deportes que se realizan ao aire libre en contacto coa natureza.
Estratexia: Utilización do libro Lim para presentar ao alumnado as actividades deportivas que se realizan no medio natural.
O libro complétase co xogo "Actividades deportivas ao aire libre" co que o alumnado pode competir de forma lúdica para descubrir quen sabe máis sobre as actividades deportivas que se realizan no medio natural.

  • ESQUÍ
    Actividade deportiva de montaña que consiste en deslizarse pola neve empregando dúas táboas suxeitas á sola das botas e un bastóns para impulsarse.

  • ESCALADA
    Actividade deportiva que consiste en subir e percorrer paredes de rocha, ladeiras escarpadas e outros releves naturais verticais, empregando medios de aseguramento e se é preciso medios artificiais que axuden no ascenso.

  • SENDEIRISMO
    Actividade deportiva que consiste en facer longos percorridos camiñando por vereas e sendeiros balizados e homologados.

  • CICLISMO DE MONTAÑA
    Actividade deportiva que se practica na montaña na que o deportista debe desprazarse sobre unha bicicleta seguindo percorridos naturais con camiños angostos, costas empinadas e descensos rápidos.

  • ESPELEOLOXÍA
    Actividade deportiva que consiste na exploración de cavernas.

  • SNOWBOARD
    Actividade deportiva de montaña na que o practicante se desliza sobre unha pendente de neve utilizando unha táboa sobre á que están ancorados os dous pés.

  • BUCEO
    Actividade deportiva acuática que consiste en mergullarse completamente na auga, normalmente practícase no mar.

  • SURF
    Actividade deportiva que consiste en deslizarse e facer xiros sobre unha onda subido a unha táboa.
    Esta actividade realízase no mar.

  • WINDSURF
    Actividade deportiva acuática que se realiza no mar e que consiste en desprazarse sobre a auga nunha táboa empregando unha vela para ser impulsado polo vento.

  • VELA
    Actividade deportiva que se practica no mar empregando unha embarcación que é propulsada polo vento.

  • RAFTING
    Actividade deportiva que consiste en descender os rápidos dun río nunha embarcación empregando un remo para propulsarse.

  • PIRAGÜISMO
    Actividade deportiva acuática que pode realizarse no mar, en río, encoros, lagos... Practícase sobre unha embarcación lixeira que é propulsada polo deportista empregando unha pa ou un remo.

  • PARAPENTE
    Actividade deportiva aérea que consiste en lanzarse dende unha pendente pronunciada empregando un paracaídas rectangular xa aberto para voar e planear empregando as correntes de aire e os ventos.

  • ALA DELTA
    Actividade deportiva aérea que consiste en planear empregando as correntes de aire. O deportivas utiliza unha estrutura de aluminio que sustenta unha vela.

  • PARACAIDISMO
    Actividade deportiva aérea que consiste en lanzarse dende unha altura empregando un paracaídas para amortecer a caída.

  • VOO DE COMETAS
    Actividade aérea que consiste en voar unha cometa manténdoa no aire e facendo acrobacias con ela.

  • VOO EN GLOBO
    Actividade aérea que consiste en voar empregando as correntes de aire. O piloto vai dentro dun cesto de mimbre pendurado por cables de aceiro da vela do globo.

  • VOO SEN MOTOR
    Actividade aérea que consiste en pilotar un planeador para percorrer distancias e elevarse empregando o movemento das masas de aire.

  • GRAN PERCORRIDO
    Identificados polas letras GR e as cores branca e vermella. A súa lonxitude mínima é de 50 Km e soen percorrerse en varias xornadas.

  • PEQUENO PERCORRIDO
    Identificados polas letras PR e as cores branca e amarela. A súa lonxitude máxima será de 50 Km e poderán percorrerse nunha soa xornada.

  • SENDEIRO LOCAL
    Identificados polas letras SL e as cores branca e verde. A súa lonxitude máxima será de 10 Km e poderán percorrerse nunha soa xornada.

  • CONTINUIDADE
    Sinal empregado para indicar a continudade dun sendeiro.

  • CAMBIO DE DIRECCIÓN
    Sinal empregado para indicar o cambio de dirección nun sendeiro.

  • DIRECCIÓN EQUIVOCADA
    Sinal empregado para indicar que o sendeiro é equivocado. Soe situarse este sinal cando un sendeiro se bifurca.

  • ARNÉS
    Conxunto de correas que se axustan ao corpo e que se utilizan como suxeición.

  • PÉS DE GATO
    Zapatilla moi lixeira, flexible e adherente. Deben ir moi axustada ao pé para poder notar os pequenos saíntes da rocha.

  • CORDAS
    Empréganse para asegurar a ascensión. Segundo o seu uso poden ser simples, xemelgas ou dobres. Segundo a súa elasticidade poden ser estáticas ou dinámicas.

  • MOSQUETÓNS
    Argolas que se abre e pecha cun resorte.

  • FREOS
    Empréganse para asegurar a progresión do escalador. Hai distintos tipos: gri-gri, sum, placas de freo, reverso, ABS...

  • DESCENSORES
    Tamén chamados rapeladores, empréganse para regular a velocidade do descenso.

  • VELA
    Paracaídas elíptico realizado nun material moi lixeiro e resistente. Non ten partes ríxidas e debe pesar menos que o piloto. Divídese en: Borde de ataque que é a parte que se enfronta ao vento polo que está aberta para permitir a entrada do aire. Borde de fuga é a parte que está a sotavento e nos laterais.

  • CADEIRA
    Elemento que no que se sitúa o piloto para manexar a vela, vai unida a esta mediante os suspentes. A distancia entre a silla e a vela debe de estar entre 4 e 8 metros. Leva incorporada un paracaídas de emerxencia

  • FREOS
    Son uns aneis que se atopan a altura da cabeza do piloto e que van conectados ao borde de fuga para deformalo e así diminuír a velocidade. Mediante os freos o piloto pode virar cara os costados

  • MONOS DE VOO
    Vestimenta utilizada neste deporte, é dunha soa peza e conta con reforzos nas articulacións.

  • GAFAS
    De protección contra os raios UVA e con sistema de ventilación para evitar que se embace durante o voo.

  • VARIOALTÍMETRO
    Instrumento que permite ao piloto sabe a altura que á que gaña ou perde e á súa velocidade.

  • ESCARPÍNS
    Son botas de neopreno que protexen os pés do frío e do roce das aletas.

  • TRAXE DE BUCEO
    A súa finalidade é protexer ao buzo da hipotermia, das rozaduras e das picaduras. Pode completarse con luvas e borro.

  • TANQUE DE OSÍXENO
    Recipiente que proporciona o osíxeno ao buceador

  • CINTO LASTRADO
    Cinto formado por pezas de chumbo ou outro material pesado a súa finalidade é evitar que o buzo flote.

  • ALETAS
    Palas que se prolongan desde os pes e que permiten impulsarse na agua.

  • REGULADOR
    Forma parte da escafandra e a súa finalidade é proporcionar o osíxeno coa mesma presións que teñen os pulmóns.

  • QUE É ORIENTARSE?
    Orientarse é saber onde estamos sendo capaces de identificar o terreo que nos rodea e elixir o camiño correcto para chegar ao lugar desexado.

  • O COMPÁS
    O compás e un instrumento que nos permite determinar en que situación estamos respecto aos puntos cardinais.
    Está formado por una agulla imantada na que un dos seus extremos (normalmente pintado do cor vermella) sempre marca o norte e unha base.
    Para determinar a situación de cada punto cardinal debemos colocar o compás nunha superficie plana ou na palma da man e mirar a agulla, a cal marcará o norte. Sabendo o norte saberemos os restantes puntos cardinais.

  • O MAPA
    Un mapa é a representación gráfica do terreo en dúas dimensións empregando unha escala.A súa finalidade e permitir ver o terreo como se o estivésemos mirando dende arriba.
    O conxunto de símbolos empregados no mapa para representar os elementos reais chámase lenda.
    Orientar o mapa consiste en colocalo de tal forma que os elementos representados no mesmo coincidan en posición cos elementos da realidade.

  • CARREIRA ORIENTACIÓN
    É un deporte no que cada participante realiza unh carreira individual ou colectiva cronometrada con axuda dun mapa no que están marcados certos controis polos que debe de pasar o corredor. Ditos controis son secretos e non son coñecidos polo corredor antes de comezar a súa carreira.


  • CONTROIS
    Os controis son puntos representados no mapa cun círculo vermello que indican por onde debe pasar o corredor.
    No terreo represéntase mediante un prisma triángular de cor laranxa e branco.
    En cada control hai unha "pinza" que se emprega para deixar unha serie de puntos no papel que leva o corredor, isto permite saber que o corredor pasou por ese punto.