Actividades biblioteca cursos anteriores
XUÑO: OUTRAS ACTIVIDADES DO PROXECTO.CURSO 2023/2024
XOGAMOS?: ILUSTRES DA NOSA TERRA Xogamos co que podes comprobar o que sabes sobre os ILUSTRES DA NOSA TERRA que traballamos ao longo deste curso. Se non ves ben o xogo pica aquí para abrilo nunha nova xanela. Só funciona en ordenadores coa maqueta ABALAR ou que teñan instalado un emulador FLASH.
LIBRO: ILUSTRES GALEGOS MEDALLISTAS NOS XOGOS OLIMPICOS E PARALÍMPICOS O alumnado de 5º para colaborar no proxecto de investigación de centro "Ilustres da nosa terra", elaborou nas clases de informática, un libro no que se recolle información sobre os medallistas galegos nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos, así e como os deportistas Olímpicos e Paralímpicos que acadaron un Diploma nos en Tokio 2020.
XOGAMOS?: MEDALLISTAS GALEGOS NOS XOGOS OLIMPICOS E PARALÍMPICOS Se queres comprobar o que sabes sobre os Medallistas Galegos nos Xogos Olímpicos e Paralímpicos con este Xogamos? Se non podes ver ben o xogo pulsa aquí e verás os xogo nunha nova xanela. Só funciona en ordenadores coa maqueta ABALAR ou que teñan instalado un emulador FLASH. |
MAIO:LUÍSA VILLALTA.CURSO 2023/2024
A nosa Ilustre do mes de Maio é Luisa Villalta, escritora coruñesa a que se adica este 2024 o Día das Letras Galegas. Picando sobre a súa imaxe accederedes a información sobre a súa vida e súa obra, a vídeos e a enlaces a actividades físicas e dixitais. Mirade que mural máis fermoso adicado a esta escritora fixemos entre todos os cursos do cole. Pica sobre o mural para ver tódalas actividades que fixemos coa Ilustre de Maio |
MARZO: HEROÍNAS DE SÁLVORA. CURSO 2023/2024
As nosas ilustres do mes de Marzo son as "Heroínas de Sálvora", mulleres que no ano 1921 salvaron a varias persoas de morrer afogadas tras o naufraxio do buque correo Santa Isabel.
O día 8 Marzo para conmemorar o Día Internacional da Muller o alumnado de 4º, 5º e 6º participou nunha charla impartida por mulleres que realizan traballos que están vinculados ao mar. Pica na imaxe para ver o vídeo
Programa de radio Día da Muller Ademais todo o alumnado do centro colaborou tecendo unha rede de vistosas cores. Dende o seguinte enlace podedes descargar as plantillas para traballar as Ilustres de Marzo, escollede a que máis se adapte ao voso alumnado. |
FEBREIRO: ROSALÍA DE CASTRO. CURSO 2023/2024
Adicaremos o final do mes de Febreiro a Rosalía de Castro. O día 23 faremos un recital poético que será gravado nun programa de radio da biblioteca que poderedes escoitar dende esta web.
Recital EI, 1º e 2º de Primaria
Recital 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria
Ese mesmo día convidamos ás familias a que pola tarde se acheguen ata a biblio do cole para que gocen dun "Caldo de versos" para homenaxear a nosa ilustre do mes. Dende o seguinte enlace podedes descargar as plantillas para traballar o Ilustre de Febreiro, escollede a que máis se adapte ao voso alumnado. Pica na imaxe para ver o vídeo |
XANEIRO - FEBREIRO: PERSONAXES DO ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO. CURSO 2023/2024
Imos adicar os meses de Xaneiro e Febreiro a personaxes do Entroido tradicional galego. Cada curso elaborará o seu disfrace baseándose nun personaxe do Entroido tradicional. Os personaxes escollidos por cada curso son: |
|||
Educación Infantil Madamas e Galáns |
1º Primaria Xerais do Ulla |
2º Primaria Peliqueiros |
3º Primaria Labardeiros |
4º Primaria Pantallas |
5º Primaria Troiteiros |
6º Primaria Chocalleiros |
Entre todos imos facer o noso "Ravachol |
Dende o seguinte enlace podedes descargar as plantillas para traballar os Ilustre de Xaneiro - Febreiro, escollede a que máis se adapte ao voso alumnado. O alumnado de 5º de primaria realizou unha pequena investigación sobre os personaxes do Entroido escollido por cada curso. Pica na imaxe para ver as fichas da investigación. Se queres podedes escoitar o programa de Radio Colorín adicado ao Entroido
E se queres ver o noso desfile de Entroido pica na seguinte imaxe. Deixámovos varias actividades H5P que podedes facer accedendo coma convidados ou empregando o voso nome de usuario e contrasinal da Aula virtual. - Personaxes do Entroido I; secuencia de imaxes para ver como son os personaxes do Entroido. - Personaxes do Entroido II; recoñecer os personaxes do Entroido xirando tarxetas. - Como se chaman estes personaxes do Entroido?; escribir o nome do personaxe que se amosa na imaxe. - Sopa de letras personaxes do Entroido I; buscar na sopa de letra os personaxes do Entroido que se amosan no listado. Para Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria. - Sopa de letras personaxes do Entroido II; buscar na sopa de letra nove personaxes do Entroido. Para o 2ºe 3º Ciclo de Primaria. - Fai as parellas; emparella cada personaxe do Entroido coa súa versión que fixemos no cole. - Xogo de memoria I; comproba a túa memoria cos personaxes do Entroido tradicional galego e os personaxes do Entroido do cole. - Xogo de memoria II; comproba a túa memoria cos personaxes do Entroido do cole. |
|||
Move o deslizador para pasar do personaxe do Entroido tradicional galego ao personaxe do Entroido do cole |
|||
Xerais do Ulla | Peliqueiros | Labardeiros | |
Pantallas | Troiteiros | Chocalleiros | Ravachol |
DECEMBRO: LUÍS DAVILA. CURSO 2023/2024
En Decembro o "Noso Ilustre" vai ser o deseñador gráfico, pintor, ilustrador e humorista gráfico Luís Davila creador de O Bicheiro. Pica sobre a súa caricatura se queres coñecelo un pouco mellor. Dende o seguinte enlace podedes descargar as plantillas para traballar a este Ilustre do mes de Decembro, escollede a que máis se adapte ao voso alumnado. Animámosvos a participar no Concurso de Viñetas de Nadal empregando as personaxes deste ilustrador. |
|||
GAÑADOR 1º CICLO |
GAÑADOR 3º PRIMARIA |
||
GAÑADOR 4º PRIMARIA |
GAÑADOR 3º CICLO |
||
Viñetas presentadas ao concurso: |
|||
VÍDEO VIÑETAS GAÑADORAS Pica na imaxe para ver o vídeo |
NOVEMBRO: AS DÚAS MARÍAS. CURSO 2023/2024
En Novembro as "Nosas Ilustres" van ser as Dúas Marías, mulleres moi populares e coñecidas a mediados do século pasado en Santiago de Compostela.
Dende o seguinte enlace podedes descargar as plantillas para traballar a estas Ilustres do mes de Novembro, escollede a que máis se adapte ao voso alumnado. Para saber un pouco máis da vida destas dúas mulleres podedes ler estes código QR ou picar sobre os mesmos. |
||
Información EI e 1º ciclo |
Información 2º e 3º ciclo |
Vídeos |
Tamén vos deixamos tres actividades H5P que podedes facer accedendo coma convidados ou empregando o voso nome de usuario e contrasinal da Aula virtual. - As dúas Marías: colocar roupa e complementos. |
||
Pica na imaxe para ver as diversas actividades que fixemos |