MUSIC - YEAR 1

12. HAPPY HOLIDAYS! (Week 15th - 19th June)

Queridas e queridos amigos, o curso rematou! Foi fantástico disfrutar con vós de todo o que a música nos pode ofrecer. Deséxovos un fabuloso verán cheo de risas e aventuras.

Nos próximos días subirei a blog de inglés (English Peak English) na sección de Music os vídeos que me mandáchedes dos "Ocean Drum" que fixestes en casa. Soan tan ben que parece que estades realmente nunha praia!

Por outro lado, escoitei o podcast que grabáchedes sobre a A Banda da Loba, encantoume!! Parabéns para os magníficos locutores e locutoras. Aproveitando que vos gusta tanto este grupo musical teño preparada unha actividade de percusión coa canción "Fábrica de luz". Só precisades dous rotuladores a modo de baquetas e unha lanterna. Nesta fotografía podedes ver a estructura da canción. 

As letras "A" representan as estrofas, nas que faremos dous ritmos diferentes cos rotuladores. No que ten negras e silencios chocaremos os rotuladores contra a mesa e entre eles, e no que son catro negras chocaremos os rotuladores contra a mesa intercalando as mans.

A letra "B" representa o retrouso (estribillo), no que usaremos unha lanterna movéndoa en círculos representado figuras de brancas e tamén as palmas das nosa mans coa interxección "OH" escrita.

A letra "C" é o momento de dar palmas. É o ritmo que fan as artistas do grupo no seu videoclip da canción.

Se xa tes todo listo... 1, 2, 3, 4 arrancan motores! Preme aquí para acompañarme!

11. WORLD OCEANS DAY (Week 8th - 12th June)

Hello musicians!

O día 8 de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos. É por iso que para esta semana vos propoño varias actividades relacionadas coa esta temática. 

*Proposta 1. Under the Sea Dance*

Seguro que coñeces o conto ou viches a película "A Sereíña" ("La Sirenita", in English: "The Little Mermaid"). Imos bailar unha das súas cancións máis populares: Under the Sea! Press here to move your body!

*Proposta 2. Homemade Ocean Drum*

Hai un instrumento musical chamado "Ocean Drum" (Tambor de Océano) que imita o son das ondas do mar. Preme aquí para velo e escoitalo. É moi relaxante escoitalo, verdade? Que che parece se fas ti un en casa con axuda da túa familia? Podedes utilizar material de refugallo. Neste vídeo tes ideas de como facelo, e neste tamén.

*Zadar Sea Organ*

Sabías que en Zadar (Croacia) hai un órgano que funciona coas ondas do mar Adriático? Preme aquí para velo e escoitalo. Os océnos son elementos marabillosos que debemos coidar moito!

 

10. LOUD AND QUIET (Week 1st - 5th June)

Hello girls and boys!

Déixovos unhas actividades sobre a intensidade ou volume do son: forte ou suave.

In English, dynamics: loud or quiet/soft. 

*Proposta 1. Listen and Play along The Great Symphony of Mozart*

Preme aquí para escoitar e representar con percusión corporal un fragmento musical do 4to Movemento da Sinfonía nº40 de W.A. Mozart. Esta é a correspondencia:

Quiet → Snap your fingers

Loud → Tap your legs / Stomp your feet

*Proposta 2. Listen and Sing The Game of the Instruments*

Preme aquí para escoitar e cantar esta canción sobre os instrumentos de percusión. Listen and try to guess if they sound loud or quiet.

*Proposta 3. Percussion Instruments Sounds*

Preme aquí para acceder a esta ficha interactiva na que debes unir o son de cada instrumento de percusión coa súa imaxe. Se queres pódesma enviar ao meu correo coa extensión .es

Have a fantastic week!

9. OS ESTILOS MUSICAIS NA MÚSICA GALEGA (Week 18th - 22nd May)

Ola meus queridos e queridas artistas!

Xa puiden ver as vosas estupendas habilidades como investigadores da música galega, parabéns polas vosas pesquisas! 

Como puidechedes comprobar, a música na nosa terra é moi variada. Cada grupo ten as súas características según os seus ritmos, melodías, instrumentos... é o que chamamos os estilos musicais.

Os grupos liderados por mulleres dos Premios Martín Códax que seleccionáchedes pódense agrupar en cinco estilos:

- Música tradicional: transmítese oralmente de xeración en xeración. Mestura voces e instrumentos como a gaita, o bombo, o tamboril, a pandeireta...

- Rock: música con ritmos moi marcados pola batería. Tamén emprega a guitarra eléctrica.

- Pop: cancións curtas con elementos doutros estilos musicais. É o estilo con máis público.

- Música Infantil: música dirixida a nenos e nenas con letra fácil de recordar e que invita a xogar e divertirse.

- Músicas do Mundo: mestura música tradicional con outros estilos musicais doutros lugares do mundo.

Saberías recoñecer o estilo musical de cada un dos sete grupos? Preme aquí para facer esta actividade e comprobalo. Se queres podes enviarme as túas respostas ao meu correo co dominio .es

Unha forte aperta!

8. COMO ME GUSTA BAILAR! (Week 11th - 15th May)

Ola musiqueiros e musiqueiras!

Xa que estamos na semana de celebración das Letras Galegas imos comezar bailando con sinxelos pasos de muiñeira a canción "Parampampero" dun grupo musical que seguro que coñecedes: Mamá Cabra. Aquí tedes o vídeo para poñer os pés a danzar e aquí a letra da canción. Se queres practicar os pasos de muiñeira por separado preme aquí para ver un vídeo titorial.

Os bailes nas festas sempre se acompañan de instrumentos tocando en vivo, mira con atención a seguinte fotografía para recordar os instrumentos populares galegos que vimos a semana pasada. Tamén podes ver este vídeo que mostra 24 instrumentos populares galegos.

Agora é o teu turno! Imprime esta ficha con dúas adiviñas de instrumentos populares galegos. Podes consultar de novo as páxinas de instrumentos da semana pasada. Déixovos estas pistas... as partes dun deles é: ferreñas, pel de cabra ou ovella e aro de madeira. As do outro instrumento son: baquetas, parche, aro e cordas. Podes colorear os instrumentos se queres. Se non tes posibilidade de imprimir non te preocupes, nun folio debuxa un instrumento popular galego e escribe as súas partes.

Espero que disfrutedes coa nosa música!

7. A NOSA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA (Week 4th - 8th May)

Ola amiguiños e amiguiñas!

Como xa sabedes o 17 de maio celebramos o día das Letras Galegas, é por iso que para esta semana vos propoño actividades con fermosa música en galego.

- Proposta 1. *A canción da percusión*

Escoita, aprende e canta esta fermosa canción sobre os instrumentos de percusión do álbum Pitusa Semifusa da artista Olga Brañas. Preme aquí para escoitala e aquí para ver a letra da canción. Se queres podes acompañala dando palmadas ou percutindo con bolígrafos ou o que teñas por casa este ritmo: TA-TI TI - TA - TA

- Proposta 2. *Instrumentos populares galegos*

A excepción da marimba e das maracas, os demáis instrumentos dos que nos fala a canción de Pitusa Semifusa son intrumentos populares galegos: o tambor, o bombo, o pandeiro e a pandeireta. Queres saber un poquiño máis sobre estes intrumentos e ver como se tocan? Preme en cada palabra para descubrilo: tambor bombo pandeiro pandeireta

E a estes ímoslle engadir a gaita e as cunchas, dous intrumentos moi presentes na música galega.

- Proposta 3. *Identifica o instrumento*

Coñeces xa os principais instrumentos populares galegos? Neste xogo interactivo poderás comprobalo. Preme aquí para xogar. Sorte!

Boa semana a todos e todas, unha forte aperta!

6. HAPPY INTERNATIONAL DANCE DAY! (Week 27th - 30th April)

Hello dancers!

Como vos comentei a semana pasada o día 29 de abril celébrase o Día Internacional da Danza. Cada ano elíxese un embaixador/a que redacta unha carta sobre a danza. Este ano a persoa escollida é o coreógrafo e bailarín africano Gregory Vuyani MAQOMA. Neste vídeo podes velo a el bailando. Como comprobarás a súa danza ten moitos elementos da música africana. 

Xa metidos en África... Déixovos unhas propostas con ritmos africanos, espero que as disfrutedes!

- Proposta 1. *Afrodance*

Queres aprender uns pasos básicos de danza africana? Preme aquí para ver este tutorial e a mover o corpo!

- Proposta 2. *African instruments*

A danza africana está sempre acompañada de instrumentos, se queres coñecer algún dos insrumentos africanos máis populares preme aquí.

- Proposta 3. *Kokoleoko*

Practica este exercicio de ritmo e percusión corporal coa esta bonita canción africana. Preme aquí para vela.

E por últiimo déixovos unhas palabra que escribiu o coreógrafo Maqoma na súa carta sobre a danza: "A medida que bailamos os nosos corpos caendo no espazo e enredados xuntos convertímonos nunha forza de movemento, tecendo corazóns, tocando almas e proporcionando curación que agora é tan necesaria (...) Todo o que necesitamos agora é bailar, un pouco máis! All we need now is to dance some more!

5. ECHO AND PERCUSSION (Week 20th - 24h April)

- Proposta 1. *Listen and sing the percussion instruments*

Preme aquí para escoitar e cantar esta divertida canción que ten como progagonistas os instrumentos de percusión que temos en clase.

- Proposta 2. *Complete the worksheet*

Preme aquí para descargar o arquivo da ficha. No primeiro exercicio debes debuxar dous lugares conde poidas escoitar o eco. Se recordas a canción da semana pasada... "I'm playing in the mountain, forest, cave". No segundo exercicio debes completar o debuxo de cada instrumento e colorealo, se queres podes escribir o nome de cada un. 

Se non podes imprimir a ficha non te preocupes, nun folio debuxa e colorea dous lugares onde poidas escoitar o eco e tres instrumentos de percusión que elixas.

- Proposta 3. *The Spring*

O póximo mércores 29 de abril celébrase o Día Internacional da Danza. Sabes por que se celebra ese día? Porque foi o día que naceu o coreógrafo francés Jean-Georges Noverre, considerado o creador da danza contemporánea. A danza contemporánea é unha forma de danza ten elementos de ballet clásico e danza moderna. Neste vídeo tes un exemplo, coa música "A Primavera" de Vivaldi versionada por Richter. Preme aquí para velo. Como poderás comprobar, os instrumentos de corda son grandes protagonistas nesta peza musical.

E xa que estamos no mes da danza, bailade, bailade moito! Aquí tedes a canción completa de The Spring by Richter. Escóitaa e déixate levar... baila libremente! 

Big hugs and happy week!

4. ECHO, WHERE ARE YOU? (Week 13th - 18th April)

Hello my friends!

Para esta semana déixovos unhas actividades relacionadas co eco, in English "echo". Seguro que xa sabedes o que é, verdade? O eco se produce cando as ondas do son rebotan contra unha superficie e volven ao mesmo punto dende onde se mandaron. É como cando lanzas unha pelota contra unha parede, a pelota rebota e volve as túas mans. Acordádevos que o son "viaxa" no aire aínda que non o vexamos. E vos preguntaredes... para que serve o eco? O eco o usan moitos navegantes para saber se hai un iceberg e non chocar contra el nos días de moita néboa. Os animais tamén poden escoitar o eco! De feito os golfiños e os morcegos o usan para desprazarse de noite cando non hai luz.

Un lugar onde se escoita moi ben o eco é nas montañas. Mirade este vídeo dun rapaz tocando a trompeta nas montañas do Grand Canyon en Estados Unidos. Pincha aquí

- Proposta 1. *Sing the song*

O eco se pode escoitar moi ben na montaña, no bosque ou nunha cova. Canta esta bonita canción sobre o eco. Pincha aquí para escoitala. Esta é a letra da canción:

"Echo, where are you? I'm playing in the mountains/forest/cave. Come, sing with me. La, la, la..."

- Proposta 2. *Play echos with your body or mallets*

Se queredes "xogar" a facer ecos con percusión, pinchade aquí. Para facer o eco podes dar palmadas ou usar o que teñades en casa a modo de baquetas (paos de sushi, dúas culleres de pao..)

- Proposta 3. *Experiment the echo*

Queres facer un experimento para comprobar como funciona o eco? Só precisas dous tubos de cartón de papel de cociña e un molde de biscoito metálico ou unha pota metálica. Estes son os pasos: coloca o molde enriba dunha mesa en vertical e os tubos formando un ángulo co vértice apuntando ao molde, como aparece nesta imaxe. Pon a orella nun dos tubos e que outra persoa fale polo outro. Observarás como o son "rebota" no molde.

Espero que disfrutedes con estas actividades. Se o queredes xa sabedes que podedes mandarme fotos ou vídeos practicándoas. Unha aperta e boa semana!

3. DON'T WORRY, BE HAPPY! (Week 30th March - 3rd April)

Hello musicians! 

Esta semana déixovos moitas divertidas propostas para practicar en casa. 

- Proposta 1. *Feel the Reggae*

Baila a animada canción "Don't Worry, Be Happy" seguindo estes pasos. Pincha aquí para ver o baile. Pero non te confundas, aínda que Bob Marley popularizou a canción, Bobby McFerry foi quen a compuxo!

- Proposta 2. *Complete the worksheet*

Imprime esta ficha e completa os dous exercicios. Se queres podes escaneala ou sacarlle unha foto cando a fagas e mandarma ao meu correo que vos facilitaron as vosas titoras.

A palabras que debes atopar na sopa de letras son: TRIANGLE, CLAVES, MARACAS, HAND DRUM, BELLS

No segundo exercicio debes debuxar e colorear o instrumento que representa a tres animais da obra musical "Carnival of the Animals" de Saint-Saëns. Déixovos de novo estas tres pezas para que o identifiques. Preme no nome de cada animal para velas e escoitalas: elephant / dinosaur (fossils) / bird (aviary)

A solución é... Double bass (contrabaixo) for the elephant, xylophone for the dinosaur and flute for the bird.

Se non podes imprimir a ficha non te preocupes, nun folio debuxa e colorea estes tres animais e os instrumentos que os representan. Acórdate de escribir os nomes dos instrumentos e animais (en inglés).

- Proposta 3. *Going to the Ballet*

Varios importantes teatros do mundo están retransmitindo de forma gratuíta obras de ballet.

A Royal Opera House de Londres compartiu "Peter and the Wolf" (Pedro e o lobo) de Prokófiev nunha preciosa versión de ballet. Pincha aquí para vela.

Tamén, o Teatro Bolshoi de Moscú vai retransmitir o venres 10 de abril ás 7 da tarde en directo "Nutcracker" (Quebranoces) de Tchaikovsky. Pincha aquí para velo ese día, márcao no teu calendario para non olvidarte!

2. CARNIVAL OF THE ANIMALS (Week 23rd - 27th March)

Hello girls and boys!

Esta semana déixovos varias propostas musicais para pasar un bo rato en casa. Estou segura que a música estavos axudando a pasar estes días en casiña :) 

- Proposta 1. *Listen and Watch*

Ver a breve película de "Carnival of the Animals" de Saint-Saëns que estabamos a aprender e disfrutar en clase onde unha orquestra interpreta cada peza musical nun simpático zoo. Déixovos a lista do minuto e segundo de cada animal. Pincha aquí para vela

Lion (2:10) / Hens and rooster (4:10) / Mules (5:10) / Tortoise (6:10) / Elephant (8:00) / Kangaroo (9:40) / Aquarium/fish (10:25) / Long ears/donkeys (12:45) / Cuckoo (13:45) / Aviary/birds (16:15) / Two pianists (17:40) / Fossils/dinosaurs (19:30) / Swan (20:50) / Finale (24:10)

- Proposta 2. *Dance*

Move e expresa o teu corpo coa música de "Carnival of the Animals" seguindo estas ideas. Pincha aquí para velo.

- Proposta 3. *Play*

Practica este exercicio de ritmo e percusión acompañando a canción tradicional de Rumanía "Alunelul". Só precisas dúas culleres (de pau, plástico, metal... o que teñas en casa). Pincha aquí para velo.

Boa semana a todos! Espero que a música alegre os vosos corazóns, unha forte aperta!

1. HAPPY ST. PATRICK'S DAY!

Here you have a rhythm exercise to practise at home with yout family :) You can use plastic cups, yogurt cups or something similar. Enjoy the beautiful song "Galician Carol" composed by Carlos Núñez. Happy St Patrick's Day! Click here.

Aquí tedes un exercicio de ritmo para practicar na casa coas vosas familias :) Podedes usar vasos de plásctico, vasos de iogur ou algo similar. Disfrutade da preciosa canción "Galician Carol" de Carlos Núñez que forma parte do seu álbum "Brotherhood of Stars". Feliz día de San Patricio! Preme aquí para velo.

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE