Última semana
Ola, familias!
Como estades?
Esperamos que todo siga indo ben.
Esta semana, ao ser a última, temos unha organización un tanto especial. En vez de colgar todas as actividades iremos colgando un reto cada día ata chegar ao último, onde teredes un premio especial.
O reto de hoxe consiste en botar a vista atrás e facer balance de como foi este ano e de momentos cos que vos quedades. Para iso deixamos en arquivos adxuntos unhas fichas de referencia para analizar este ano.
Desde Educación Física deixámosvos un enlace a unha enquisa sobre este ano. Para acceder a ela premede aquí: https://forms.gle/3BRscWK1HfXhYNAf7
Ata mañá!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Memorybookespanol.pdf | 1.68 MB |