Skip to Content

EXCURSIÓN: INFANTIL E 1º CICLO A CAMARIÑAS E 2º E 3º CICLO A BALDAIO, E DE REMATE TODOS XUNTOS A LAXE 23-03-11

O mércores día 23 de marzo fixemos unha excursión, todos os nenos do colexio, que se dividiu en dúas: os alumnos de infantil e 1º ciclo foron ver a Conserveira BOYA en Camariñas e despois o Faro de Cabo Vilán. Os alumnos de 2º e 3º ciclo de primaria foron á Lagoa e areal de BALDAIO, cunha visita guiada. Todos nos xuntamos á hora de xantar en Laxe, nunha zona recreativa ao lado da praia. Antes de rematar a excursión e voltar para o colexio, fomos á lonxa de Laxe onde se lles explicou os distintos tipos de peixes, falóuselles dos barcos, a base de salvamento, etc... Se queredes ver vídeos de esta excursión, ide ao blogue da biblioteca.


   


   



page | by Dr. Radut