En coordinación entre a Comisión de Biblioteca e o Equipo de Normalización da Lingua Galega, escollimos para este ano como Proxecto Escolar 12-13, o tema da MULTICULTURALIDADE. Os diferentes cursos adicarán tarefas de aula a desenrolar proxectos adicados a esta temática durante todo o curso. Estes traballos tam´´en se verán reflexados nas diferentes actividades que se realizarán ao longo do curso: Nadal, Entroido, etc...
As titorías xa escolleron os países que van traballar: infantil: América; 1º e 2º: os esquimais; 3º: Culturas Orientais (China e Xapón); 4º: India; 5º: África e as Illas Canarias; e 6º: Rusia. Tamén solicitamos a algúns centros libros ilustrativos para levar adiante esta temática (por exemplo o C.E.I.P. de Louro).