O xoves 27 de febreiro o alumnado de 4º e 5º de Primaria foi coa ASOCIACIÓN DE VOCES POLO LITORAL DE TEIS, novamente á carballeira da Guía, pero esta vez para plantar os carballos que naceron das landras que se levaran para o CEIP VICENTE RISCO. Encantados da experiencia seguimos aprendendo cada días, deste conxunto de persoas marabillosas como é a Asociación e que nos fan querer máis se cabe a noso contorna.
Grazas Meli (mereces un monumento na Guía), grazas voluntarios do concello, grazas Asociación...