O centro, en colaboración co Concello de Carral, pon a vosa disposición unha serie de talleres onde abordar aspectos relacionados coas relacións entre o alumnado, a convivencia.
Haberá as seguintes sesións:
- SESIÓN 1 (26 DE FEBREIRO) Violencias, conflitos e acoso nas aulas.
- SESIÓN 2 (18 DE MARZO): Autoestima e límites.
- SESIÓN 3 (15 DE ABRIL): Comunicación e resolución de conflitos.
O horario será de 18:00 - 20:00 h
Se estades interesados, chamade ao centro (881 880 447) ou mandade un correo para anotarvos (administracion.ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal).
Anímadevos a participar!!