Blog de Biblioteca
OS MAPAS
Interesante vídeo para reflexionar sobre a representación da Terra nos mapas.
25 N
Os nenos e nenas de 1º A interpretan a canción de Rozalén "La puerta violeta" en LSE no recreo, aquí vos deixamos a gravación do traballo destas últimas semanas dentro da materia de Valores Cívicos e Sociais. No CEIP Vicente Otero Valcárcel dicimos NON á violencia!
PUERTA VIOLETA EN LSE from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.
25N na biblioteca from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.
CIENCIA, PAN E POESÍA
O mes de Novembro é o MES DA CIENCIA EN GALEGO, dende a biblioteca celebrámolo con varias actividades. Unha delas chegou por carta a todas as aulas cunha petición: Pingüi quere facer un libro que mesture as temáticas principais da nosa biblio este curso que son as poéticas diversas e o proxecto sobre Carral. Trátase dun libro colaborativo onde os pequenos de Educación Infantil serán os ilustradores e os maiores os escritores. Aproveitamos para distinguir os tipos de texto: os informativos (definicións científicas) e os literarios (a través de metáforas, comparacións e greguerías). Na última semana haberá moitas outras actividades que xa vos iremos ensinando. Nas entradas e saídas do cole escoitamos a canción do grupo Migallas "Pan de millo".
MAGOSTO E SAMAIN
Aquí vos mostramos algunhas das actividades realizadas para conmemorar estas datas de Magosto e Samaín: Exposicións de cabazas, ambientación do centro, degustación de castañas, xogos populares, lecturas a escuras... Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración!
Magosto e Samaín 2018 from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.
Lecturas a escuras na semana de Samaín. from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.
PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS
Todos os xoves despois do recreo, na hora de ler, o alumnado de 6º A e B de EP acompaña nas lecturas ao de 1º A e B. Que gusto da velos compartir lecturas e risas xuntos! Aquí vos deixamos unhas imaxes destes momentos.
Padriños e madriñas lectoras from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.
NOVAS LECTURAS POLO SAMAÍN E OUTRAS
Temos novos libros relacionados coa temática do Samaín: teatro, música, banda deseñada... Tamén incorporamos novos títulos como os clásicos de Harry Potter, poesía, o novo de Herve Toulet e outros de tipo informativos sobre rúas e cidades. Achégate a descubrilos!
PINGÜI REPARTE OS LIBROS
A mascota da biblioteca levoulles os libros relacionados co Samaín aos nenos e nenas de 6º de EI para que fagan nas súas aulas as LECTURAS A ESCURAS.
NOVIDADES NA SALA DE MESTRES
Dentro da biblio temos un expositor de novidades pero pensamos que tamén os profes estarían interesados en velas así que levamos unha caixa á sala de mestres coas novas adquisicións. Estos libros vanse cambiar periodicamente, esperemos que vos gusten e vos sexan útiles.
GALICREQUES
Os nenos e nenas de 1º e 2º asistiron a unha divertida sesión de títeres encadrada dentro do espectáculo de Galicreques. O lugar da representación foi o local social de Tabeaio e estivo organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Carral.
XA TEMOS LEMA PARA O PROXECTO!
Xa temos a recopliación dos lemas para o noso proxecto, en lugar dun gañador hai dous! O lema resultante elexido foi:
Os gañadores foron Irene de 5º e Antón de 3º
I OPEN SCIENCE CAMBRE
O alumnado de 3º e de 6º participou na I Open Science de Cambre cos libros da Editorial Pingüi, as camisetas interactivas. o experimento de "Polo váter so caca e pis", os MBots e os robots pintores. Éxito de público e unha fantástica experiencia para mestras e alumnado. Aquí vos deixamos unhas imaxes.
PÁXINA DA EDITORIAL PINGÜI
Picando AQUÍ poderedes atopar todo o traballo feito dende a Editorial Pingüi, a da nosa biblioteca.
FIN DE CURSO 17/18
Remata un curso máis cheo de risas e algunha que outra bágoa. Aquí vos deixamos algúns dos fenomenais momentos que vivimos no concerto de "AS MAIMIÑAS". Recordade que podedes atopar e levar para a casa os seus CD porque os temos na biblioteca.
BO VERÁ A TODOS E TODAS!
A EDITORIAL PINGÜI CHEGA AO CONCELLO
Xa se poden consultar algúns dos exemplares dos libros feitos dentro da Editorial Pingüi na Biblioteca Municipal.