Skip to Content

II CONCURSO DE CABAZAS DE SAMAÍN - HALLOWEEN

BASES DO CONCURSO

1. Poden participar tódolos alumnos/as do centro.

2. Data de entrega: Do luns 26 de outubro ata o xoves 29 de outubro.

3. O xurado estará composto polos membros do EDLG

PREMIOS

Premio á mellor cabaza de Ed. Infantil.

Premio á mellor cabaza de 1º a 3º de Ed. Primaria.

Premio á mellor cabaza de 4º a 6º de Ed. Primaria.

 

 

II CONCURSO DE CABAZAS DE SAMAÍN - HALLOWEEN

SAMAÍN - HALLOWEEN 2020

Estimadas familias:

Xa está moi preto a celebración do SAMAÍN – HALLOWEEN na escola polo que vos informamos que o venres 30 o alumnado poderá vir disfrazado á escola.

Ademais ese día teremos un menú especial...

Durante a semana o alumnado poderá traer as súas cabazas decoradas para participar no II Concurso de cabazas de Samaín.  

Animádevos a participar!!!

 

LIBROS DE PLÁSTICA

As familias deben mercar o seguinte libro de plástica (non aparecía no listado de libros de xuño):

1º de primaria: Arts and crafts 1 (Project ZOOM) . Ed.Vicens Vives

ISBN 978 846 825 6054

2º de primaria: Arts and crafts 2 (Project ZOOM). Ed.Vicens Vives

ISBN 9788468256115

3º de primaria: Arts and crafts 3 (Project ZOOM). Ed.Vicens Vives

ISBN  9788468261911

ADAPTACIÓN COVID-19 DO CEIP DAS VENDAS DA BARREIRA

 

A continuación publícanse  os documentos elaborados polo CEIP das Vendas da Barreira a partir das directrices do Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia, das Consellerías de Sanidade e Educación.

 

REUNIÓN INICIO DE CURSO

Estimadas familias,

A comunidade educativa do CEIP das Vendas da Barreira desexa darlle a benvida ao seu fillo/a e comprometese a facer todo o posible para procurar que estea feliz e seguro nun contorno onde lle gustará aprender.

Aproveitamos para solicitar a súa presenza na reunión xeral que se celebrará no centro o próximo mércores 9 de setembro. A reunión ten coma obxectivo proporcionar unha información xeral sobre os aspectos máis importantes do curso.

Consideramos que a colaboración familia-escola é un aspecto fundamental do proceso educativo polo que solicitamos a súa asistencia.

Dadas as circunstancias actuais a reunión será por grupos-clase seguindo a seguinte orde:

-Educación Infantil: 16:00 horas

-1º, 2º e 3º de Educación Primaria: 17:30

RECOLLIDA DE VALES DE MATERIAL E LIBROS DE TEXTO

Do 1 ao 4 de setembro en horario de 11:00 a 13:00h.

*Cómpre traer un bolígrafo para asinar a recollida do cheque.

COMEZO DAS CLASES E CALENDARIO ESCOLAR DO CURSO 2020-2021

As clases comezarán o xoves 10 de setembro para 4º e 5º de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación primaria.

O venres 11 de setembro para 6º de Educación Infantil e 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

 

Calendario escolar

Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/2021 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Venres 10/07/2020

Comunicámoslles que xa están publicadas as listaxes definitivas de fondo libros. 

Pola Ley Orgánica 3/2018, de 5 de diciembre, de Protección de Datos Personales y garantía de los derechos digitales e o protocolo de protección de datos da Xunta de Galicia non se poden publicar as listaxes na páxina web polo que poden consultarse:

-No taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar (en horario de 10 a 13:30h a partir do 1 de setembro. 

-A través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.

NON se facilitará información por teléfono. 

LISTAXES PROVISIONAIS FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Luns 6/7/2020

Comunicámoslles que está publicada a listaxe provisional da ADXUDICACIÓN DO FONDO DE LIBROS.

Pola Ley Orgánica 3/2018, de 5 de diciembre, de Protección de Datos Personales y garantía de los derechos digitales e o protocolo de protección de datos da Xunta de Galicia non se poden publicar as listaxes na páxina web polo que poden consultarse:

-No taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar (en horario de 10 a 13:30h).

-A través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.

NON se facilitará información por teléfono. 

 

MATRÍCULA

                           

Do 1 ao 10 de xullo, estará aberto o prazo de matrícula para o novo alumnado. Para formalizar a matrícula tedes que pedir CITA PREVIA no  teléfono 988 42 50 38.

Distribuir contido


by Dr. Radut