Un libro é unha fonte inesgotable de diversión e aprendizaxe. Os nosos nenos e nenas téñeno moi claro, e así o demostraron aprendendo sobre a creación dunha parte fundamental dos libros: a portada.
Esta semana, para conmemorar o día do libro, quixemos homenaxear a todos os autores e editores dos que podemos desfrutar na nosa biblioteca recreando cos nosos propios corpos as portadas dalgúns dos seus libros. Os resultados, ademais de ser moi didácticos, foron moi divertidos. Esperamos que vos gusten moito!