O pasado xoves 18 de abril puidemos desfrutar dunha viaxe inesquecible para todos/as. A nosa primeira parada foi na Cidade da Cultura en INNOVART onde aprendemos un montón sobre ensinanzas artísticas, deportivas e de idiomas. Experimentamos con actividades de todo tipo: música en directo, tecnoloxía, deseño, arte ou restauración foron algúns dos apartados que puidemos visitar. O taller de pasta foi todo un éxito así como o MUPEGA, que nos levou a unha viaxe no tempo para compartir, desfrutar e curiosear sobre como era a escola, os mestres ou os xoguetes dos nosos antepasados. Pero se queredes saber máis non tedes máis que botarlle unha ollada a este vídeo no que se resume á perfección o ben que o pasamos e de paso... cantas cousas aprendemos!