No noso centro apostamos pola formación actualizada e o uso dos novos recursos que nos ofrecen os avances tecnolóxicos. Na actualidade as bibliotecas escolares atópanse en proceso de comezo do uso da plataforma KOHA para a xestión dos fondos, emprésitos etc.
Por iso dentro dunha das liñas do noso PFPP (Plan de Formación Permanente do profesorado), estamos a formarnos no emprego desta plataforma, para ofrecerlle aos usuarios/as da nosa biblioteca máis oportunidades e un mellor funcionamento da mesma.