PRAZO DE PRESENTACIÓN: Do 1 ao 20 de marzo de 2024, ámbolos dous incluídos para todo o alumnado que se matricula por primeira vez no sistema educativo, así como para aqueles alumnos/as que desexen cambiar de centro escolar sempre que existan prazas vacantes.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
-Solicitude Modelo ED550B-G asinado obrigatoriamente polos dous proxenitores.
-Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a (fotocopia do libro de familia ou fotocopia do DNI do alumno/a).
-Certificado oficial do expediente académico (alumnado de primaria).
-Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
-Para acreditar o criterio "Familia monoparental" deberá presentarse a certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia ou da autoridade competente doutras administracións públicas.
LUGAR DE PRESENTACIÓN:
1.- A través da aplicación admisionalumnado
2.- No centro educativo
DATAS DO PROCESO DE ADMISIÓN
- Publicación das listaxes provisionais: ANTES DO 25 DE ABRIL.
- Reclamación ás listaxes provisionais: 5 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación.
- Pubicación das listaxes definitivas: ANTES DO 15 DE MAIO.
- Formalización da matrícula: DO 20 AO 30 DE XUÑO.
IMPORTANTE
As familias poderán consultar as listaxes provisionais e definitivas:
- Presencialmente no taboleiro de anuncios, que unicamente poderá ser visible dende o interior do recinto escolar.
- Por vía electrónica: exclusivamente a través da aplicación informática admisionalumnado, sendo necesario para consultalas o certificado dixital ou Chave365.
Anexo | Tamaño |
---|---|
ED550B-G.pdf | 1.39 MB |