Skip to Content

NOTA INFORMATIVA

 

ORIENTACIÓNS PROVISIONAIS PARA O DESENVOLVEMENTO DO 3º TRIMESTRE DO CURSO 2019-2020

Estimadas familias e querido alumnado:

En primeiro lugar, o máis importante neste tempo de cambio que estamos a vivir, é desexar que todo vaia o mellor posible nas vosas casas, cos vosos familiares e amigos e tamén coas vosas situacións sociais e económicas.

A consellería ditou unas instrucións provisionais:

ORIENTACIÓNS PROVISIONAIS DO 17 DE ABRIL PARA O DESENVOLVEMENTO DO TERCEIRO TRIMESTRE DO CURSO2019/2020 (Á ESPERA DA PUBLICACIÓN DA NORMATIVA ESTATAL CORRESPONDENTE.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30850

Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do alumnado. Na medida do posible deseñaranse actividades globalizadoras e interdisciplinares.

O centro,  adaptará o sistema de avaliación do alumnado, co obxectivo prioritario de que os alumnos/as non perdan o curso e poidan continuar avanzando na súa formación. A avaliación das aprendizaxes desenvolvidas a partir da suspensión das actividades lectivas presenciais será continua. Así, a avaliación final do curso 2019-2020 considerará en conxunto as avaliacións de todo o curso, valorando especialmente o grao de desenvolvemento das aprendizaxes e das competencias imprescindibles.

Todos os mestres/as estamos traballando para facerlle chegar a todo o  alumnado actividades e tarefas que cumpran cos requisitos ditados nas instrucións da consellería e, adaptadas á realidade do noso alumnado. Para iso, estanse a empregar todos os medios que temos ao noso alcance dado que tanto o profesorado coma as familias non estábamos preparados para estas excepcionais circunstancias, e todos, tentamos adaptarnos o mellor que podemos a elas sempre coa prioridade de acompañar, atender e axudar  ao noso alumnado.

Por último, e vendo que cada vez estamos máis cerca de que todo isto remate, quero pedirvos que sigades traballando dende a tranquilidade e a sensatez. Teñen toda a vida por diante para aprender.

Querido alumnado, para vós reitero as miñas felicitacións polo ben que o estades a facer, pola resistencia que mostrades e tamén a paciencia, que vos fará máis sabios. Coidádevos, non saiades da casa, traballade sen “agobios”, divertídevos, creade, empregade a imaxinación e non vos deixedes vencer pola incertidume ou o desánimo. Veña ánimo!!! Verémonos moi pronto.

Sodes o orgullo deste centro, xa o sabedes.

Un cordial saúdo,

Ana Mª Calvo Cendán

Directora do CEIP das Vendas da Barreira

 



page | by Dr. Radut