Skip to Content

Incidencias no servizo de transporte escolar para os días 27 e 28 de abril

Diante da convocatoria de folga no sector do transporte de viaxeiros  en autobús por estrada na Comunidade Autónoma de Galicia para os días 27 e 28 de abril, os servizos mínimos que recolle a orde do 21 de abril de 2023 sinalan:

"Artigo único 2.Servizos de transporte público regular de uso especial-escolares: os servizos de entrada aos centros desde as 7:30 ata ás 10:30 horas, e os de saída desde as 13:30 ata ás 19:00 horas, nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio cuxa lonxitude total sexa superior a 4 quilómetros".

Contactamos coa empresa que realiza o servizo e comunícanos que non poden garantir que tanto mañá, xoves 27 como o venres 28 de abril este servizo vaia funcionar con normalidade. Se houbera algún cambio nesta postura comunicarémolo de novo.



blog | by Dr. Radut