Skip to Content

Piragüismo grazas ao programa Xogade

O embalse de Castrelo de Miño foi o escenario dunha divertidísima xornada deportiva escolar, enmarcada no programa Xogade impulsado pola Xunta de Galicia e que conta coa colaboración da Federación Galega de Piragüismo. A actividade consistiu na práctica de piragüismo na modalidade de dragón para o noso alumnado de 6º de Educación Primaria.

Antes da divertida experiencia o noso alumnado tivo unha charla teórica onde recibiron os coñecementos prácticos sobre como coller os remos, subir e baixar das piraguas e de como evitar envorcar. Pasaron un día xenial!



blog | by Dr. Radut