Skip to Content

Rock con Pakolas

O luns 16 de maio todo o alumnado e profesorado do centro, asistiu a un concerto  moi especial no salón de actos do centro.

Pakolas, é autor, compositor, músico, e tamén, produtor de música pensada para os cativos e cativas. Os nenos e nenas cantaron e bailaron a ritmo de rock a historia de Ramona Órbita, unha súper muller labrega da Serra do Courel, xefa na horta e boa coa tecnoloxía, ecoloxista e inventora, posuidora dunha horta cibernética de patacas automáticas, e dona dunha incrible máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, máis ecolóxico e con enerxías limpas.

Durante máis ou menos unha hora, o noso alumnado puido saltar, bailar, desfrutar e... sobre todo, pasalo fenomenal coa súa música e cancións. Foi un espectáculo marabilloso e os nosos rapaces e rapazas gozaron moitísimo!

 

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut