Iniciar sesión: Acceso

Mércores 20 de maio

Bos días de mércores! Chegamos ao ecuador da semana.

Hoxe imos pasamos das figuras en 2 dimensións para repasar os corpos xeométricos en 3 dimensións. Xa veredes que todo o que imos estudar estes días o tedes máis que sabido de toda a primaria. Hoxe comezamos cos corpos xeométricos e os seus elementos. Estades listos? https://drive.google.com/open?id=1qyMv2rlbOMgmOeNXnhM9gjDz96gA83qh

Por outra banda propóñovos un reto. O reto das 34 preguntas en 3 minutos. Serei capaz de respondelas todas nese tempo? Eu penso que si, porén preciso da vosa axuda para crear as preguntas. Compártovos as instrucións deste reto aquí: https://drive.google.com/open?id=1hi3Jb_xZJtF3qXNnHMjTWkn-faRKFVX8  Basicamente, debedes escribir nese documento ( https://docs.google.com/document/d/1bK3uswOb9VMsqcSU_RRq_Onqof3UPRU1-so7... ), ou se o preferides mandarme por correo ou mensaxe, as dúas preguntas que escolledes para facerme xunto co que vos responderíades. É preferible que o fagades no documento porque, dese xeito, podedes ver as cuestións que xa están feitas e non as repetimos. Poñede a funcionar as cabezas e portádevos ben!

Seguimos adiante! Moito ánimo!

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais