Iniciar sesión: Acceso

Martes 19 de maio

Que tal nenos e nenas?

Hoxe é martes e, como vos prometín onte teño unha gran sorpresa na nosa canle de YouTube. A aula dos coxíns estrea hoxe o Capítulo 5 do libro Memorias dun neno labrego lida por todos e todas vós. Non sabedes a ilusión que me fai. Aínda máis porque este capítulo fala de como era a infancia alá polos anos 1940 no rural galego e o que supoñía ser neno ou ser grande naquel ambiente. Hoxe as cousas mudaron moito e soaranvos a chinés moitas das experiencias que se relatan pero houbo moitos Balbinos por Galicia e outras partes do mundo que sufriron as penurias da pobreza e da incomprensión. Douvos as grazas na descrición do vídeo pero volvo a facelo por este medio. Emocionoume un montón poder facer algo tan bonito todos xuntos aínda estando separados. Animádevos a comentar no vídeo. Espero que o desfrutedes tanto coma min: https://youtu.be/Qq2JdZXBT2U

Ademais, para traballar un pouquiño o contido social da historia déixovos esta comprensión. Debedes sacar fragmentos da conto que acrediten as vosas respostas. https://drive.google.com/open?id=1wvvp1CV1HQrPTH5v1MuAppshXdQaWA5E

Ademais en mates seguimos con figuras, esta vez nun proxecto creativo. Que se vos ocorre fabricar para vender nunha feira de artesanía? Iso si, cunha condición, deben ser con forma de triángulo ou cuadrilátero. A ver que deseños tan especial facedes: https://drive.google.com/open?id=18ZHeVTVsaZxpDl5gofyoEK_aF_Gbi8Ct

Iso é todo! Unha aperta enorme!

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais