Iniciar sesión: Acceso

Traballo para o xoves 14 de maio

Boas!

Xa estamos chegando ao final das vosas historias para o día do libro, mañá  compartireivos as dúas últimas que nos quedan: a do outro Chibo chibón que temos na clase e a dunha cabaciña que corre moito.

O que vos ensino hoxe son os vosos debuxos do texto “Meu carriño” e os raposiños de papel que fixestes, así tamén os pode ver David (que xa viu algún e quedou tan sorprendido coma min). Quedáronvos perfectos! Gustouvos a actividade?

 

Imaxinádevos que nunhas semanas se abren as portas do cole e que para ese día organizamos uns Xogos Olímpicos. Esa é a tarefa que vos vou propoñer para a próxima semana. Pero... para ser capaces de organizala, hoxe imos repasar e aprender algunhas cousas novas. Abride ben os ollos para, cando vola pida, saber facela á perfección!

 

Ciencias Sociais: antes de nada...sabedes o que son os Xogos Olímpicos? Dende o inicio de curso xa levamos vistas moitas celebracións do noso entorno: o magosto, o Nadal, o entroido, os maios, etc. Pois hoxe aprenderemos que os Xogos Olímpicos son unha celebración deportiva que se fai cada 4 anos e na cal se practican diferentes actividades: natación, salto, hípica, etc. Son xogadores profesionais os que compiten por quedar entre os tres primeiros para recibir unha medalla de ouro, de prata ou de bronce, dependendo do posto.

El origen de los juegos olímpicos

Historia de los juegos olímpicos

¿Qué deportes hay en los juegos olímpicos?

Creéivos estas dúas actividades: unha sopa de letras e un código secreto. A ver se atopades o nome dos xogos olímpicos e se descubrides a mensaxe descifrando o código (tedes que ir substituíndo os símbolos pola letra como xa fixeramos na clase).

Agora que xa sabedes o que son os xogos olímpicos, que vos parece se poñemos música de fondo e imitamos con xestos algún deles como fan estes nenos? Non fai falta que o gravedes.

 

Matemáticas: a actividade dos xogos olímpicos vai requirir que dominedes as unidades de medida. Por iso, para que o teñades ben claro imos facer esta actividade a modo de esquema.

Agora podedes utilizar o voso esquema para facer estas actividades ou a ficha.

¡Qué capacidad!

¿Cuántos centímetros tiene cada serpentina?

¡Cuánto pesa esto!

 

Lingua: o último que nos queda por aprender hoxe é a dar instrucións, é dicir, a elaborar un texto instrutivo (pois teremos que ser capaces de explicar os pasos para realizar cada proba dos xogos olímpicos).

Eu fíxenvos un texto instrutivo no que vos indico os pasos que tedes que seguir para plantar macela de maneira moi sinxela, por se vos queredes animar a facelo (xa que non podemos traballar coas nosas plantas da clase, podédela cultivar vós na casa). Fixádevos ben para despois crear as vosas instrucións.

 

Aquí vos deixo os documentos de hoxe, máis tarefas en Snappet.

Non me vou despedir sen antes poñervos o vídeo que nos fixo David para esta semana, tiñades ganas doutro? Esta vez ven con sorpresa! Este profe é xenial! Agardamos que vos guste, que aprendades e que vos riades un pouquiño con el, como me rin eu.

  

Ata mañá!

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais