Iniciar sesión: Acceso

Traballo para o mércores 13 de maio

Ola!

Xa estamos a mércores de novo, e hoxe temos a visita de Cocorico, que ven presentarse. Aquí tedes a Xulia, seguro que vos encanta a súa recreación de portada.

 Ensínovos tamén os vosos traballos dos corpos xeométricos para que os repasedes antes de facer as actividades de hoxe. Corpos xeométricos

 

Mates e lengua: hoxe imos construír o noso dado para xogar aos verbos, que non deixa de ser un cubo como o que construístes o outro día con pauiños. Primeiro tedes que imprimilo ou debuxalo vós (se o queredes debuxar neste vídeo tedes os pasos, ides necesitar un pouco de axuda).

 Unha vez o teñades feito indicaredes o número de caras e de vértices que ten (podédelo repasar neste vídeo Caras, aristas y vértices). En cada unha das caras dese cubo tedes que debuxar unha persoa ou un animal facendo algo (por exemplo, un can ladrando, unha persoa correndo, un periquito cantando…). Finalmente recortádeo e pegádeo.

 Xa soamente queda xogar. E como o imos facer? Pois con eles imos practicar os tempo verbais. Os verbos eran as palabras que expresaban acción e poden estar en:

 - presente (agora mesmo ou hoxe): hoxe eu como, leo, paseo…

 - pasado (algo que xa pasou antes, onte ou outro día): onte eu comín, lin, paseei...

 - futuro (algo que aínda non pasou, que vai pasar): mañá eu comerei, lerei, pasearei...

 Primeiro practicaremos o presente, despois o pasado e finalmente o futuro. Só temos que lanzar o dado cantas veces queiramos e ir facendo oracións:  

  • Presente: HOY mi perro LADRA

  • Pasado. AYER mi amigo CORRIÓ.

  • Futuro: MAÑANA mi periquito CANTARÁ.

 Antes de empezar vede este vídeo para comprender mellor os tempos verbais.

 

 

En lingua propóñovos aprender o que son as frases feitas. Sóanvos? As frases feitas son ditos ou expresións que non podemos interpretar ao pé da letra.

 Por exemplo: Díxenlle que non fixeras os deberes, metín a pata!

 “Metín a pata” sería unha frase feita porque ti non colles a túa perna para metela en ningún lado, verdade? Neste caso, queremos dicir que nos equivocamos. Por iso nas frases feitas non debemos entender o significado literal, se non que debemos interpretar o que quere dicir.

 Mirade que abraiada queda esta rapaza ao coñecer algunhas frases feitas do galego (atentos porque explica o seu significado). Coñeciades e utilizabades algunha?

Pídovos que preguntedes na casa o que significan as seguintes frases feitas: 

  • Levarse coma o can e o gato

  • Ser de bo dente

  • Ser pan comido

  • Beber a morro

  • Ser uña e carne

  • Estar nas verzas

  • Falar polos cóbados

  • Abrir os ollos

  • Coser e cantar

  • Ser coma un allo

 Despois facede esta actividade para comprobar o que aprendestes:

Xogo frases feitas

Finalmente, escollede unha, a que máis vos guste, e facede un debuxo dela co seu significado literal.

Por exemplo: falar polos cóbados

 

Ciencias da Natureza: agora que xa sabemos o que son as máquinas, e que fixestes unhas reconstrucións chulísimas polo maio, imos construír a nosa propia máquina simple. Traballaremos co documento que vos deixo.

  

Aquí tedes todos os documentos, e en Snappet novas actividades.

 Agardo que o pasedes ben con todo o traballo que tedes para hoxe e que aprendades moitas cousas novas.

Ata mañá!

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais