Iniciar sesión: Acceso

Traballo para o martes 12 de maio

Bo día familias!

Empezamos o día escoitando o conto favorito de Santi: A sopa queima e tamén vendo os vosos debuxos do texto “Meu carriño”.

 

Hoxe en lengua imos ver algo novo. Viramos que unha familia de palabras era aquel grupo que se formaba a partir da mesma palabra  à Nube: nublado, nublarrón

 Pois ben, un campo semántico é todo o conxunto de palabras que se relacionan cun mesmo tema. Por exemplo, o campo semántico do cole podería ser: porterías, mesas, lápices… é dicir, todo aquilo que atopamos no cole e non teñen porque partir da mesma palabra.

 Explicación: ¿Qué es un campo semántico?

 Busca el intruso

 Actividad 1

 Actividad 2

 Tedes algún catálogo do súper, de mobles, de xoguetes ou dalgunha outra cousa pola casa? Podedes facer algún mural dos campos semánticos. Por exemplo, cun catálogo do super poderiamos facer un campo semántico de bebidas, outro de verduras ou un de peixe.

 Este sería un campo semántico do tema roupa: pantalóns, camisa, gorra...

 

Mates: repasaremos os números ata o mil dunha maneira diferente, imos construír unha cadea recortando e pegando papel.

En cada eslavón da cadea tedes que escribir o número (en número e letra) que corresponda segundo este código que vos deixo aquí:

 O primeiro número é o 805 

  • Agora súmalle 3D.

  • A ese número réstalle 3U.

  • Ao número que che de réstalle 2C.

  • Agora suma 2U

  • O seguinte paso é quitarlle 6C

  • A ese número réstalle 3D

  • Vaiche quedar unha cifra pequena, calcula o seu dobre.

  • Ese número multiplícao por 6.

  • Quítalle 6U

  • Finalmente réstalle 3D, irá ben se che da o número de data que é hoxe.

                           

Aquí tedes un vídeo para axudarvos a contruír a cadea. Cando a rematedes podédeslle pintar ollo e unha lingua para convertela na nosa serpe numérica como a da imaxe de arriba.

  

Para lingua propóñovos a seguinte actividade: collede varios libros que teñades na casa, e inventade unha historia utilizando os títulos que teñen todos os libros que elixistes.

 Póñovos un exemplo a continuación.

 

 • Historia inventada: Unha noite de temporal e de voraces sombras, saín conversar co vento. Estiven alí pouco máis de 22 segundos e conteille todo o que sei do silencio. Despois entrei a casa e un monstro veu a verme dende o corazón de Xúpiter. Non, non era un monstro, era o aprendiz de druída e viña acompañado do Principiño...

 

Aquí están os documentos de hoxe, e tedes actividades en Snappet.

 Moito ánimo!

 Boa tarde!

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais