Iniciar sesión: Acceso

Traballo para o luns 11 de maio

Hi!

Empezamos a semana co libro favorito de Roi, xa veredes que recreación de portada máis chula fixo.  

Tamén vos quería volver poñer o vídeo de matemáticas, dado que non incluín o de Diego e non puidestes ver o seu problema. Problemas de multiplicar.

 Por último, comparto con vós as Sculptures de arts da semana pasada. Xa vin que vos gustaron e que fixestes máis dunha. Quedáronvos xenial!

 Este é o traballo para hoxe:

 

Mates: como todos os luns, imos ver unha táboa nova: a táboa do 6! Mirade que xa soamente nos quedan 4 para rematar coa do 10. E chegados a este punto vouvos contar un truco. Teño que dicirvos que xa sabedes a metade da táboa do 6. Na clase xa viramos que 3x2 é o mesmo que 2x3. Pois imos ver…

 Canto é…  6x2? Pois o mesmo que 2x6. E 6x4? O mesmo que 4x6. Soamente vos tedes que aprender 5 números desta táboa!

 Táboa do 6 + truco

 Rock da táboa do 6

 Xogos para practicar a táboa do 6

 Para facelo un pouco máis animado esta táboa ímola aprender facendo un comecocos. Escoitastes algunha vez o nome deste xogo? Eu facía un montón cando era pequena. Aquí vos deixo o vídeo para facelo e unha ficha lista para imprimir e dobrar na carpeta de documentos.

 

 

Lengua: como xa aprendemos a semana pasada en lingua o que eran as rimas e xa sabemos como rimar, hoxe déixovos este conto rimado. Estade ben atentos, a ver se sodes capaces de responder ás preguntas que están debaixo do vídeo.

 

 ¿Qué tenía el fantasma?

 ¿Qué le receta el médico?

 ¿En dónde vive el fantasma?

 ¿En dónde viven los fantasmas que visitaba?

 Por si preferides facelo en ficha, déixovos un poema cunhas preguntas de comprensión.

 

Arts: en arts hoxe imos a crear o noso food portrait da man do artista italiano Arcimboldo.

Ademais, non sei se vistes o vídeo que preparou Anna sobre o 5 de maio (unha celebración popular en Estados Unidos na que festexan a cultura mexicana). Tedes dous “how to draw” un pouquiño máis difíciles co panda da semana pasada:

 Cinco de mayo boy

 Cinco de mayo girl

 

Como sempre, aquí tedes os documentos de hoxe e para matemáticas y lengua déixovos actividades en Snappet.

 

See you tomorrow!

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais