Iniciar sesión: Acceso

Traballo para o venres 9 de maio

 Que tal estades? Como se vos deu onte a papiroflexia? Vin algúns e quedáronvos chulísimos.

 Hoxe, como é venres, damos continuidade ao obradoiro de lettering. Que tal vos resultou a primeira clase? Xa tedes dominados os trazos? Hoxe imos ver como facer as maiúsculas. Lettering: maiúsculas. Déixovos as plantillas das letras, aínda que se non as queredes imprimir podedes facelo nunha folla de pautas.  

 Querédes coñecer cales son os superpoderes dos vosos compañeiros e compañeiras? Igual antes de mirar podédes pensar en algún a ver se os adiviñades. Superpoderes

 

Matemáticas: hoxe imos traballar os problemas que fixestes a semana pasada. Púxenvolos neste vídeo, tedes que ir parando cando volo indico para poder resolvelos e logo comprobar a solución.

Nuestros problemas de multiplicar 

 

Lingua: Rematamos a semana do maio escoitando esta preciosa canción de Luis Emilio Batallán (Aí ven o maio) e vendo as imaxes do vídeo (será un poema?)

Tamén imos facer o noso maio, dentro nas posibilidades de cada un. Agora que xa podemos ir dar un paseo cando saiamos imos coller follas e algunha flor se a atopamos. Pero... que temos que construír? Pois, en ciencias da natureza imos aprender que son as máquinas e que dous tipos de máquinas hai. Primeiro tedes que ver este video (Máquinas simples y máquinas compuestas) e cando xa saibades ben o que son as máquinas tedes que escoller unha, a que prefirades, e facer o seu maio.

 Aquí tedes a idea dunha roda

 Podedes facelo en plano, como se fora un debuxo, e utilizar como base un cartón ou unha caixa, recortalo para darlle a forma, e ir pegando as follas enriba.

  

Ciencias Sociais: o día 9 de maio (mañá) celébrase o día de Europa e nós xa vimos na clase que vivíamos en Europa porque Lalín pertencía a Pontevedra, Pontevedra a Galicia, Galicia a España e España a Europa.  España tamén pertence á Unión Europea, que é como unha especie de club no que están algúns países de Europa.

 Aquí tedes un puzle de Europa, seredes quen de resolvelo?

 Hoxe ímonos centrar en Londres que, aínda que xa non está na Unión Europea, continúa estando en Europa.  Londres para niños

  Acordádesvos canto vos gustara visitar as vosas casas a través de googlemaps na clase? Pois hoxe imos empregar esa ferramenta, parécevos se imos xa a dar un paseo?

Estes son os pasos a seguir:

Entrade en Google maps https://www.google.es/maps

  • Poñede o nome do lugar que queredes visitar: iremos ao London Eye, ao Big Ben, a Tower Brige ou á Abadía de Westminster. Podemos ir a todos

  • Unha vez poñades o nome do lugar teredes que premer en Satélite e a continuación mover o bonequiño á rúa na que vos queirades situar. Agora solo queda que vos movades como se realmente estiverades alí. Incluso podedes subir ao London Eye e ver toda a cidade! 

               

                       

Boa viaxe!

 

Lengua: non se pode ir a outro país e non comprar postais de recordo para mandar aos nosos amigos ou familiares. Por iso, aproveitando que estades en Londres, por que non lle escribimos a un ser querido unha postal contándolle os lugares que visitamos e o que máis nos gustou?

 Nos documentos tedes unha ficha coas pautas para escribir unha postal (aínda que xa o viramos) máis a postal para completar. Fixádevos que unha postal non é como unha carta.

 

Aquí tedes os documentos de hoxe e déixovos actividades en mates e lengua en Snappet.

 

Boa fin de semana!

 

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais