Iniciar sesión: Acceso

EDUCACIÓN FÍSICA (TERCEIRO - CUARTO) Martes 5 Maio

 

  Bos días, espero que vos gustaran as actividades da semana pasada. Esta semana imos a seguir traballando un pouquiño. Desta volta seguimos traballando co equilibrio, espero que sexan actividades divertidas e que vos intentedes superar. Moito ánimo.

  Para unha das actividades ides a precisar a axuda dunha persoa adulta, imos a construir uns zancos. Deixovos un enlace onde vos explica como facer, é un exemplo, podedes facelos cando poidades, cos materiais dos que dispoñades e decoralos como vos queirades. O importante é que experimentedes o camiñar cos zancos e que vos divirtades construindoos, ademáis de que logo poderedes xogar na casa todas as veces que queirades.

·        

Imos a practicar dous xogos nos que precisades pedir a papá ou mamá que xoguen con vos:

Pelexa de galos. De cuclillas teredes que darvos as mans e intentar desequilibrar ao compañeiro, sen que vos caiades.

Pulso xitano. Colocamos pé dereito pegado ao pé dereito do compañeiro pola parte externa do pé, dámonos a man dereita e tentamos tirar para que o compañeiro mova o seu pé.

                               

·       

Nas alturas. Obxectivo: Traballar o equilibrio en movemento

Para esta actividade precisaredes a axuda dun adulto. Ides a construir uns zancos con botes dos que dispoñades, senon tedes non pasa nada, cando poidades construídelos. No enlace explícase como é o proceso de construcción, pero vos podedes adaptalo os vosos materiais.

           Enlace: https://youtu.be/ITGpiNN-ifo             

 

                             

    Cando teñades construidos os zancos podedes practicar con eles a camiñar polo espazo do que dispoñades. Tamén podedes facer uns pequenos circuitos;

- Camiñar de distintas maneiras cos zancos; cara adiante, cara atrás, de lado…

-Colocar varias botellas en fila e separadas e camiñar cos zancos entre elas facendo zig – zag.

- Colocar no chan as botellas deitadas e separadas a certa distancia para pasar por encima delas cos zancos.

 

 Recordade que podedes enviarme calquera dúbida ao correo educacionfisicacercio@gmail.com, así como fotos das actividades que vos propoño, dentro da medida do posible, xa que hai alumnado que do que non sei si está facendo as propostas.

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais