Iniciar sesión: Acceso

EDUCACIÓN FÍSICA (TERCEIRO - CUARTO) Xoves 30 de Abril

   Bos días, hoxe imos a seguir traballando o equilibrio, espero que as actividades do martes non vos resultaran moi complexas. Calquera dúbida que teñades podedes consultarma. Espero que as actividades de hoxe vos resulten divertidas. Moito ánimo.

· Equilibrios coa basoira. Obxectivo: Interiorizar a imaxe postural para manter obxectos en equilibrio.

Para este xogo imos precisar o pau dunha basoira (escoba) para realizar distintos tipos de equilibrio:

- Manter o pau en equilibrio sobre; o dorso da man, a palma da man, o empeine do pé, sobre a cabeza, sobre a espalda, sobre o muslo…

- Desplazarnos a cuadripedia (catro patas) levando o pau deitado sobre a espalda.

- Desplazarnos en posición de cangrexo levando a pica sobre o abdomen.

- Desplazarnos en todas as dirección, co pau, apoiado, horizontalmente, na palma da man.

- Desplazarnos co pau sobre tres dedos, dous, un…

- Cunha perna flexionada, colocar o pau enriba do muslo e mantelo en equilibrio.

- Co pau situado sobre un pé, darlle un impulso cara arriba e collela coas mans no aire.

-Desplazarse por enriba do pau horizontalmente cara adiante e cara atrás cos brazos en cruz, desplazarse lateralmente por enriba do pau, camiñar por enriba do pau cruzando os pés cara adiante e cara atrás…

·  

¡Qué non caia! Obxectivo: Traballar o equilibrio con obxectos en movemento.

Para este xogo precisaredes a axuda de alguén e outro pau de escoba. Consiste en colocarse un frente ao outro coa pica colocada no chan e suxeitándoa cun dedo. Cando un dos dous diga “xa”, tedes que intentar deixar a vosa pica quieta no sitio e ir a coller a do compañeiro antes de que caia o chan.

Variante: podedes colocarvos a mais distancia.

Profesorado

Libros de texto

Calendario Escolar

Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Actividades Extraescolares

Pais/Nais